55 [= RM 151,27]
Se vos prouguesse, mia senho[r]

Se vos prouguesse, mia senho[r],
rogar-vos-ia ũa ren:
que, pois me non fazedes ben,
que me non fezessedes mal;
e, mia senhor, a meu cuidar,
nunca vos devi’a pesar
de vos quen-quer rogar assi,
e pero sõ[o] sabedor,
mia senhor, que fiz [i] mal sén
porque vos ora falei én,
ca ben creede que por al
non ousaria eu provar,
mia senhor, de vosco falar
como vós fezestes en min,
ca sei eu ben, u al non jaz,
ca Deus vos fez tanto valer
que nunca devedes fazer
en nulha cousa se ben non;
mais eu tan grave coita ei
por vós, senhor, que sol non sei
que me dig’, e [dig]o que-quer.
E, pois [que] m’esta coita faz
agora aqui o sén perder,
u vos vejo mi faz dizer
quanto me ven a coraçon,
por Deus, mia senhor, que farei,
ou que conselho prenderei
u vos eu veer non poder?
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscrits


B 82

Edicions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 719-720 [= LPGP 952]); Littera (2016: II, 525-526).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 27-28); Machado & Machado (1949: I, 108-109); Rios Milhám (2017: I, 55).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 228).

Variants manuscrites


9 fiz] fe(*) B   14 vós] u B   15 u al non jaz] hu al nō (ay) iaz B   17 devedes fazer] deueds̄ a fazʼ B   18 nulha] nulla B   19 eu] en B   21 dig’, e] digne B   25 quanto] ꝗʷco B   26 farei] feray B

Variants editorials


1 vos] vus Michaëlis   2 vos] vus Michaëlis   6 vos] vus Michaëlis   6 devi’a] devia Littera   7 vos] vus Michaëlis   9 fiz [i]] fèz[i] Michaëlis   10 vos] vus Michaëlis   14 vós ... min] vus ... mi Michaëlis   16 vos] vus Michaëlis   21 que me dig’ [ou faça] que-quer Michaëlis : que me dig[a] ne[m] o que quer Littera   22 pois [que] m’] pois m[e] Michaëlis   23 agora] agor(a) Michaëlis   24 vos vejo] vus vej(o), [e] Michaëlis : vos ... vej’, e Littera   28 vos] vus Michaëlis

Paràfrasi


(I) Se vos prouguese, miña señora, rogaríavos unha cousa: que, pois non me facedes ben, non me fixésedes mal; e, miña señora, na miña opinión, nunca vos debería pesar que alguén vos rogase así, (II) aínda que sei, miña señora, que fixen unha insensatez porque vos falei agora diso, pois crede ben que por outra razón eu non me atrevería a tentar, miña señora, falar convosco sobre o que vós causastes en min, (III) porque eu ben sei, sen dúbida, que Deus vos fixo tanto valer que nunca debedes facer outra cousa máis ca ben; mais eu teño unha coita tan grave por vós, señora, que nin sequera sei o que digo, e digo calquera cousa.

(IV) E xa que me esta coita agora fai aquí perder a cordura, cando vos vexo faime dicir canto me vén ao corazón, por Deus, miña señora, que farei, ou que remedio encontrarei cando eu non vos puider ver?

Mètrica


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8c 8d 8d 8e (= RM 207:2)

Encontros vocálicos: 23 agoraaqui

Notes


Text
  • *

    Esta composición, con ligazón sintáctico-discursiva entre as súas estrofas até a derradeira, que é iniciada pola conxunción e (igual que as cantigas 80, 126, 141, 193, 271, 334, 360, 511, 547, 548, etc. xunto con outras cantigas (UC 238, 259518...) con fiinda(s), mostra un certo carácter de cantiga ateúda, xa que a ligazón copulativa ben podería xustificar unha puntuación sen ruptura estrófica final. Cfr. notas ás cantiga 74 e 92. Véxase notas ás cantigas 15 e 23.
    Non obstante, nas edicións de Michaëlis e Littera a cantiga presenta ruptura sintáctica entre as estrofas.

  • 3-4

    A conxunción completiva que é retomada no v. 4 tras a frase parentética (cfr. nota a 53.17-18):

    rogar-vos-ia u͂a ren:
    que, pois me non fazedes ben,
    que me non fezessedes mal.

  • 6

    A interpretación das secuencias do tipo <deuia>, <auia>, <ouuera> + inf. como devi’a / avi’a / ouver’a + infinitivo vén determinada non só polo feito de a presenza da preposición a ser maioritaria nestas perífrases (véxase Glosario, s.v. aver, dever), mais tamén pola concorrencia das leccións <deuia> A / <deuia a> B (128.22, 128.28, 386.13), <ouuera> A / <ouu’a a> (70.13) ~ <ouuera a> B (129.23), que indican a real crase coa preposición nas leccións do Cancioneiro da Ajuda.

  • 8

    A locución conxuntiva e pero, de valor concesivo (‘aínda que’), é de uso regular ao longo de corpus –cómpre sinalar, non obstante, que en bastantes ocasións é posíbel optar entre e pero ou a secuencia de copulativa + adversativa (e, pero).

    Canto á reintegración da forma sõ[o], aínda que, en xeral as formas analóxicas con orixe en sŭm → *sono > sõo > soo computan como bisilábicas, tamén poden funcionar como unisilábicas (sõo 14.19, 63.12, 292.18, 317.18, 1118.8, 1629.2, e soo en 1431.1, 1577.2). Para alén de que ambas as formas (a etimolóxica son e a analóxica sõo ~ soo) poden convivir nunha mesma cantiga, os manuscritos ofrecen unha variación que demostra a necesidade de emenda nestes casos: en 354.7 concorren como monosilábicas as formas soo (A) e son (B), mentres que, por exemplo, en 86.22, 317.7 ou 430.23 B presenta a lección errada son (vs. sõo A), e en 1650.1 é V o cancioneiro que erra con son fronte a soo de B. Cfr. notas a 47.20 e 241.10.

  • 9

    É necesaria a emenda de fez en fiz, pois trátase, sen dúbida ningunha, da P1 de pretérito (a forma fèz[i] de Michaëlis é inexistente na poesía trobadoresca e, en liñas xerais, na lingua medieval); asemade, resolvemos a hipometría do verso coa introdución do pronome adverbial i (cfr. E todos dizen que fiz i mal sén, 331.8), aínda que podería solucionarse tamén coa forma fize, que ten algunhas atestacións no corpus (95.13 e 973.10), ou coa reintegración do pronome eu (que [eu] fiz mal sén...).

  • 15

    A frase formularia u al non jaz ‘certamente, sen dúbida’, concorrente con u non jaz al, é equivalente a u al non á (e as súas variantes), como se patentea a través da variante de B’ na cantiga 31 (véxanse notas a 25.11 e 66.29). De todos os xeitos, nótese como na segunda copia desa cantiga se rexistra a variante fraseolóxica u non á al (<hunō aal B’), que só se rexistra en 104.34.

  • 17

    Para a correcta medida do verso expunximos a preposición a na perífrase dever (+ a) + infinitivo, que presenta as dúas posibilidades no corpus profano. Para un caso comparábel, véxase 117.23, verso en que a lección de B corrixe a hipermetría de A nun contexto similar (máis mi-o deviades vós gradecer), ou 135.12, onde A, fronte a B, cancela a preposición (non vos én devedes temer). Cfr., alén diso, non vos deviades queixar / a min porque non sei sen vós viver no mesmo trobador (56.15). Véxase nota a 53.9. Cfr. nota a 1.37-40.

  • 18

    A utilización da grafía <ll> para a lateral palatal sonora no corpus das cantigas só se rexistra esporadicamente nos cancioneiros apógrafos italianos no indefinido nulho/a; noutras voces a súa aparición é un fenómeno extraordinario, pois só se rexistran cinco ocorrencias dese tipo. Cfr. nota a 199.33.

  • 19

    O contexto (e a presenza de por vós no v. 20) solicita a emenda da lección <en> de B en prol de eu, dada a frecuente troca <n>/<u> nos apógrafos italianos. Tal corrección foi xa realizada en Michaëlis e Littera.

  • 21

    O evidente erro do manuscrito revela un lapso de copia por haplografía, que resolvemos do modo máis económico posíbel, do punto de vista paleográfico e interpretativo, fronte ás máis complexas solucións de Michaëlis e Littera.

    A forma verbal quer (P3 do presente indicativo) formou historicamente diversos pronomes indefinidos, algúns deles exclusivos da lingua medieval, como que-quer ‘algo, calquera cousa, sexa o que for’, que tamén aparece noutras cantigas como tal pronome (24.23238.23719.14, 887.21, 958.19, 1244.13) ou facendo parte da locución pronominal al que-quer ‘outra cousa calquera’ (141.12, 254.6, 684.9), que constitúe a versión positiva de al ren (véxase nota a 72.21) ou al nada (véxase nota a 708.16).

  • 22

    De novo a hipometría versal obriga a engadir que para a frecuente locución conxuntiva pois que. Esta proposta é máis coherente do punto de vista métrico que a de Michaëlis, que obrigaría a realizar un infrecuente hiato en me | esta. Véxase nota a 1.21.

  • 24

    É innecesaria a presenza da copulativa introducida por Michaëlis e Littera, pois debemos sobreentender de novo o suxeito, isto é, ‘u vos vejo, (esta coita) mi faz dizer...’.

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat