887 [= RM 94,4]
Amor, non qued’eu amando

Amor, non qued’eu amando
nen quedo d’andar punnando
como podesse fazer
per que vossa graç’ouvesse
ou a mia sennor prouguesse;
mais per’o faç’, a poder,
contra mia desaventura
non val amar nen servir,
nen val razon nen mesura,
nen val calar nen pedir.
Am’e sirvo quanto posso
e praz-me de seer vosso,
e, sol que a mia sennor
non pesasse meu serviço,
Deus non me dess’outro viço;
mais, fazend’eu o mellor,
contra mia desaventura
non val amar [nen servir,
nen val razon nen mesura,
nen val calar nen pedir].
Que-quer que mi a min gracido
fosse de quant’ei servido,
que mi a min nada non val,
mia coita viço seria,
ca servind’atenderia
gran ben; mais est’é meu mal:
contra mia desaventura
n[on] v[al] a[mar nen servir,
nen val razon nen mesura,
nen val calar nen pedir].
Porque sol dizer a gente
do que ama lealmente
«se s’én non quer enfadar,
na cima gualardon prende»,
am’eu e sirvo por ende;
mais vedes ond’ei pesar:
contra mia desaventura
n[on] v[al] a[mar nen servir,
nen val razon nen mesura,
nen val calar nen pedir].
Mais, pois me Deus deu ventura
d’en tan bon logar servir,
atender quero mesura,
ca me non á de falir.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 
 
 
 
35
 
 
 
 
40
 
 
 
 

Manuscritos


A 307, B 895, V 480

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: 614-615); Stegagno Picchio (1968: 172-173 [= LPGP 621-622]); Littera (2016: II, 99-100).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 174-175); Braga (1878: 91); Machado & Machado (1953: IV, 237-239; 1960: VII, 73-74); Carter (2007 [1941]: 179-180); Arbor Aldea (2016b).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 219-220); Fernández Pousa (1951: 81-82); Alvar & Beltrán (1989: 330-331); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 131-132); Arias Freixedo (2003: 610-612).

Variantes manuscritas


1 Amor] mor A   3 como podesse] Se poderia B : se poderia V   4 vossa] uessa B; graç’] graz V   5 mia] ma B   6 faç’, a] fatymeu B : fatym eu V   7 mia] ma B; desaventura] desuentura B : des uentura V   11 sirvo quanto] ƥuho quanteu B : seruho quanteu V   12 me] mj B : mi V   13 e sol que a] Sol que enda B : sol q̅ enda V   15 Deus] des V; me] mj B : mi V   16 fazend’eu o] faça endo BV   17 mia] ma B; desaventura] desuentura B : desuentea V   21 min] mj B : mi V; gracido] g̃sdo V   22 \Fosse de/Quantey seruido B   23 min] mj B : mi V   25 servind’] seruīdo B : ƥuīdo V   26 om. BV   27 contra] cout̃ V; mia] ma B; desaventura] des uentura B : desuent̃a V   32 ama] serue BV   33 se s’én] Esse B : esse V   34-35 Nen de rois gʷlardon en / Ameu e ƥuho pᵉ en B : nē de pois g̃lardon ē / a meu e seruho peen V   36 ond’ei] oudey B   41 Mais] E BV; me] mj B : mi V; ventura] nentura B : uentᵉa V   42 d’en tan bon] De tan bōo B : de tā bōo V; logar] logwr B : log̃r V   44 me] mj B : mi V; á de] deua BV

Variantes editoriais


6 per’o faç’, a poder] pero faça poder Michaëlis : pero faç’a poder Stegagno Picchio   16 fazend’eu] faç’end’o Littera

Paráfrase


(I) Amor, non ceso eu de amar nin ceso de andar loitando por ver como podería facer para recibir o voso favor ou que á miña señora lle prouguese (o meu amor); mais, aínda que o fago así, con toda a miña forza, contra a miña desventura non vale amar nin servir, nin vale razón nin mesura, nin vale calar nin pedir.

(II) Amo e sirvo canto podo e práceme de ser voso (vasalo), e só con que á miña señora non lle pesase o meu servizo, Deus non me dese outro gozo (maior); mais, facendo eu o mellor, contra a miña desventura non vale amar nin servir, nin vale razón nin mesura, nin vale calar nin pedir.

(III) Se algo me fose agradecido de todo canto servín, que non me vale de nada, a miña coita sería gozo, pois servindo esperaría (recibir como recompensa) un gran ben; mais o meu mal é este: contra a miña desventura non vale amar nin servir, nin vale razón nin mesura, nin vale calar nin pedir.

(IV) Porque a xente adoita dicir do que ama lealmente «se non se enfada por iso, ao fin recibe o galardon», amo eu e sirvo por iso; mais vede de onde ven o meu pesar: contra a miña desventura non vale amar nin servir, nin vale razón nin mesura, nin vale calar nin pedir.

(1) Mais, xa que Deus me concedeu a sorte de servir en tan bo lugar (a tan boa dama), quero esperar a mesura, que non me ha de faltar.

Métrica


Esquema métrico: 7’a 7’a 7b 7’c7’c7b 7’D7E 7’D7E (= RM 55:1) + 7’d7e 7’d7e

Encontros vocálicos: 21 mia; 23 mia

Notas


Texto
  • 1

    Nótese a dupla construción de quedar con xerundio, sen nexo preposicional no v. 1 (quedo amando), e con infinitivo, coa preposición de no v. 2 (quedo d’andar).

  • 3

    O Cancioneiro da Ajuda transmite unha lección en que o pretérito de subxuntivo ten un valor de pospretérito, forma transmitida por BV (<podesse> A vs. <poderia> BV), tamén noutras pasaxes do corpus das cantigas:

    ca me jurou que nunca se ja de mí partisse (345.7);

    O que jurava que me non visse 
    por non seer todo quant’el disse,
    par Deus, donas, aqui [é ja!] (711.r1); 

    Ca preit’avia comigo,
    ergo se fosse coitado
    de morte, que se veesse 
    o máis cedo que podesse
    (711.r1).

    Vistes vós, amiga, meu amigo, 
    que jurava que sempre fezesse 
    todo por mí quanto lh’eu dissesse? (790.2).

    ca mi jurou que se non partisse 
    d’aqui, e foi-se sen meu mandado (790.9).

    ...; mais sei que, des i,
    tanto [so]fresse com’eu sofr’aqui: / ... (859.13).

    Assanhou-s’o meu amigo 
    a mí porque non guisei 
    como falasse comigo (1123.3). 

    De calquera xeito, na literatura coeva rexístranse máis ocorrencias deste uso, por exemplo, na Crónica Troiana:

    Depoys que el rrey Leomedón achou seu sobriño morto, prometeu que nũca entrasse en Troya, se o nõ vĩgasse (...) Sabede que, cõmoquer que era moyto ardido, en tal gisa foy desmayado que nõ soubo que fezesse, nẽ soubo de ssy tomar cõsello (Lorenzo 1985: 224-225)

    Tamén na Crónica Geral d’Espanha de 1344 se pode percibir o mesmo valor de pospretérito:

    E, despois que lhe todo ouve dito, rogoulhe que a conselhasse como fezesse em tal coyta como esta (Cintra 1954: II, 306).

  • 5

    Aínda que, en principio, ma é tamén unha forma correcta para o posesivo átono feminino (véxase nota a 104.18), a aparición de ma pode ser produto dun erro, como mostran as varias leccións <m\h/a> ou <m\h/as> dos apógrafos italianos: 599.13, 678.8, 966.8, 984.1, 1009.1, 1297.1. Para alén disto, en xeral a forma ma(s) aparece só nun dos cancioneiros, fronte aos restantes testemuños manuscritos coa forma <mia> ou <mha>, tal como neste verso e mais no primeiro verso do refrán (vv. 7, 17 e 27) acontece con B vs. AV: B vs. A (190.r1 na estrofa II, 197.9), AB vs. V (403.14, 404.1), V vs. B (505.3, 506.13 e 21, 554.10, 556.9, 557.17, 604.r2, 605.4 e 10, 609.4, 625.1, 636.1, 794.9, 859.3, 966.8, 970.12, 992.3, 1000.16, 1002.r2 na estrofa III, 1165.r2 na estrofa I, 1453.4 e 7, 1457.3, 1459.r1 e r2 na estrofa II, 1468.1, 1469.2, 1470b.6, 1483.r) e B vs. V (548.5, 632.1, 634.13, 645.9, 690.1, 1363.r2 na estrofa II).

  • 6

    A chave para interpretar de modo correcto a lección enviada por A para esta estrofa reside, na nosa opinión, na segmentación dun pronome CD en per’o e mais na deglutinación da locución a poder, que, efectivamente se localiza noutras dúas pasaxes do corpus profano (Ferreiro 2014c: 96):

              ..., ca de pran é,
    a poder e per bõa fe (25.5),

    ben cuido que j[a], a poder,
    nunca averei de vós, melhor
    do que vos eu quero, querer:
    ben i mi-o ei logo d’aver (58.15)1 .

    Téñanse tamén en conta as frecuentes variacións da locución coa presenza doutros elementos: a gran poder, a (todo) meu poder, a (todo) seu poder, a vosso poder (véxase Glosario, s.v. poder).

    É por isto que non resultan satisfactorias as lecturas de Michaëlis, cunha estraña expresión verbal fazer poder (mais pero faça poder), nin a de Stegagno Picchio, sen complemento directo de fazer (mais pero faç’a poder).

  • 7

    Desaventura é a forma xeral na lingua medieval (véxase CGPA, s.v. desaventura, desauentura), sendo desventura unha forma absolutamente minoritaria que só achamos en Joan Airas de Santiago (1483.7) e mais na tradución da Primeira Partida afonsina:

    Se o emp(re)stido é feyto a p(ro)e solamẽte [do] q(ue) o recebeo e p(er)çaa p(er) sa culpa a cousa, seya teudo de a dar ou a ualia a seu dono, p(er)o se sse p(er)de p(er) desuentuyra, nõ seya teudo de a dar, se a desuentura non uẽo p(er) sa culpa ou se nõ fez p(re)yto de a dar a seu dono, p(er)o a p(er)desse p(er) qual desuentura q(ue)r, ou se a teue mays sen razon dereyta q(ue) nõ ouu(er)a de teer e depoys do tẽpo que a ouu(er)a de dar se p(er)deu. Ca por estas III razões e p(er) cada hũa dellas é teudo o q(ue) recebeu o emp(re)stido de o dar a q(uẽ) lhu deu, p(er)o q(ue) o p(er)desse p(er) algũa desuentura (cfr. CGPA, s.v. desuentura, desuentuyra).

    Do mesmo xeito, conviven as formas desventurado e desaventurado (coas variantes desventuirado e desaventuirados (véxase Glosario, s.v.; CGPA, s.v.).

  • 11

    A P1 do presente de indicativo (e o presente de subxuntivo) de servir mantén, nun primeiro momento evolutivo, o iode na desinencia (sĕrviō sérvio; sĕrvĭam sérvia etc.), que posteriormente desapareceu (servo; serva etc.) para, finalmente, seren formas semirregularizadas en sirvo, sirva etc. solidariamente con outros verbos similares da terceira conxugación (dormir, mentir, sentir etc.) (véxase Ferreiro 1999 [1995]: §192a). Neste verso achamos na copia de A, en contraste coa forma conservadora sérvio de BV (tamén no v. 35), un testemuño de sirvo, un unicum morfolóxico nas cantigas, evolución última de servo, que se rexistra por veces no corpus (36.17, 374.14, 849.13 e 1172.1, 1543.7), formas aínda moi minoritarias fronte ás xerais sérvio e sérvia.

  • 21

    A forma verbal quer (P3 do presente indicativo) formou historicamente diversos pronomes indefinidos, algúns deles exclusivos da lingua medieval, como que-quer ‘algo, calquera cousa, sexa o que for’, que tamén aparece noutras cantigas como tal pronome (24.23, 55.21, 238.23719.14, 958.19, 1244.13) ou facendo parte da locución pronominal al que-quer ‘outra cousa calquera’ (141.12, 254.6, 684.9), que constitúe a versión positiva de al ren (véxase nota a 72.21) ou al nada (véxase nota a 708.16).

  • 32

    A varia lectio neste verso (ama A vs. serve BV) confirma a sinonimia entre amar e servir na lingua das cantigas.

  • 40-44

    Nótese tamén a diferente opción entre as dúas ramas da tradición manuscrita, coas expresións equipolentes aver de = dever (á de A / deve BV).

  • 41

    Nótese a alternancia entre a adversativa mais en A e a copulativa e en BV, que se rexistra tamén noutras pasaxes nunha ou noutra dirección (131.26, 226.20, 414.16). De calquera forma, este tipo de opcións textuais diferenciadas entre as dúas pólas da tradición pode verse tamén nas oposicións e A / ca ~ que B (véxase nota a 80.14) e ca ~ que A / e B (véxase nota a 64.15).

  • 42

    Máis unha vez BV presenta a lección graficamente conservadora <bõo> (fronte a <bon> en A), que tería de ser computada metricamente como unisilábica, tal como acontece en diversas pasaxes ao longo das cantigas (464.8, 475.31, 478.8, 724.7, 805.9, 889.9 e 24, 1119.19 e 31, 1174.11, 1393.8, 1448.25, 1587.26, 1594.15, 1636.24). Esta alternancia gráfico-métrica é similar á que se rexistra na P1 do presente indicativo de seer (son / sõo) e, tamén, a un / ũu. Véxase nota a 10.25 e 47.20.

  1. ^

    Esta pasaxe de Vaasco Fernández Praga de Sandin presenta unha fixación diferente na edición tradicional de Michaëlis, que encobre a locución con outro cambio na lección manuscrita: que ja [eu] poder.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado