517 [= Tav 25,129]
Ũa pastor se queixava

Ũa pastor se queixava
muit’, estando noutro dia,
e sigo medês falava
e chorava e dizia
con amor que a forçava:
«Par Deus, vi-t’en grave dia,
ai amor!».
Ela s’estava queixando
come molher con gran coita
e que a pesar, des quando
nacera, non fora doita;
por én dezia chorando:
«Tu non es senon mia coita,
ai amor!».
Coitas lhi davan amores,
que non lh’eran senon morte,
e deitou-s’antr’ũas flores
e disse con coita forte:
«Mal ti venha per u fores,
ca non es senon mia morte,
ai amor!».
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


B 519, V 102

Ediciones


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 28 [= LPGP 237-238]); Nunes (1973 [1928]: 1-2); Cohen (2003: 642); Littera (2016: I, 178).
II. Outras edicións: Moura (1847: 34-35); Monaci (1875: 45-46); Braga (1878: 21); Machado & Machado (1952: III, 50-51); Júdice (1997: 151); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: López-Aydillo (1914: 47-48); Tavares (1943 [1923]: 39); Pimpão (1942: 35); Nemésio (1961 [1949]: 188-189); Nunes (1959: 336-337); Tavares (1961: 33-34); Spina (1972: 365); Álvarez Blázquez (1975: 231-232); Torres (1977: 243); Correia (1978: 256); Ferreira (1988: 89); Pena (1990: 318-319); Ferreira (1991: 110); Jensen (1992: 82); Alonso Girgado (1992: 13); Delgado León (1996: 139); Diogo (1998: 191).

Variantes manuscritas


1 queixava] quei uana V   8 queixando] q̄irando V   9 come] come(r) V   13 mia] raha V   17 antr’ũas] an cruħas V   19 venha] uenga V

Variantes editoriales


12 dezia] dizia Cohen   15 lhi] lhe Lang   17 ũas] uas Littera

Paráfrasis


(I) Unha pastora queixábase moito o outro día, e falaba consigo mesma e choraba e dicía, por causa do amor que a forzaba: «Por Deus, vinte en grave día, ai amor!».

(II) Ela estábase queixando como muller con gran coita e que desde que nacera non estaba afeita ao sufrimento; por iso dicía chorando: «Ti non es senón a miña coita, ai amor!».

(III) Os amores dábanlle coitas que eran semellantes á morte, e deitouse entre unhas flores e dixo coa forte coita que tiña: «Mal che veña por onde fores, pois non es senón a miña morte, ai amor!».

Métrica


Esquema métrico: 3 x 7’a 7’b 7’a 7’b 7’a 7’b 3C (= Tav 68:1)

Notas


Texto
  • *

    Esta cantiga pertence a un reducido grupo de sete composicións de carácter híbrido que combinan en graos diferentes elementos propios das cantigas de amigo –mais tamén das cantigas de amor e mesmo das de escarnio– con elementos temáticos e léxicos propios do xénero da pastorela. Era esta unha modalidade poética bastante cultivada nas tradicións literarias oitánica e occitánica, en que un cabaleiro encontra soa e require de amores a unha moza pastora. As outras cantigas deste grupo son: Ũa pastor ben-talhada e Vi oj’eu cantar d’amor, ambas de D. Denis (nº 551 e 564); Cavalgava noutro dia, de Joan Perez d’Avoin (nº 691); Oi oj’eu ũa pastor cantar, de Airas Nunes (nº 864); Pelo souto de Crexente, de Joan Airas de Santiago (nº 969) e, finalmente, Quand’eu un dia fui en Compostela, de Pedr’Amigo de Sevilha (nº 1100). Sobre esta cuestión véxase Tavani (1986: 217-223).

  • 3

    Medês é un escasamente utilizado pronome indefinido equivalente a ‘mesmo’ (< metĭpse), que só aparece utilizado por Don Denis na poesía profana (A que mi faz querer mal mí medês, 521.7). Porén, existen catro rexistros nas Cantigas de Santa Maria (CSM 63.82, 245.95, 292.103, 313.71, véxase Mettmann 1959-1972: IV, s.v. medes), así como numerosas atestacións noutras obras, a teor dos datos recollidos nalgún banco de datos, como Leal Conselheiro, Livro de Ensinança de bem cavalgar toda sela, Livro das Aves ou Crónica Geral de Espanha de 1344 (véxase CdP, s.v. medês). É de notar, neste sentido, a altísima frecuencia desta forma pronominal na tradución portuguesa da Confessio Amantis (Faccon 2012: 307, 313, 314, 315, 320, 324, 326, 330, 338, 339, 340, 341, 342, 344, 351,360,364, 365, 372...). Véxase, tamén, Machado Filho (2013: s.v.).

  • 11

    Procedente do participio lat. ductum (de ducere ‘conducir’), doito ‘experimentado, acostumado’ ten unha limitada presenza no corpus trobadoresco profano (véxase tamén 324.3, 517.11, 1477.12, 1601.7). Neste caso, aver doito significa ‘ter por costume’.

  • 12

    Nótese a forma dezia, tamén en 1.12 e 1197.24 (cfr. desdezidores en 1444.3), produto da disimilación relativamente frecuente no copretérito de dizer, tal como se pode comprobar no CGPA, s.v. dezia, dezian, deziam, deziã etc. Cfr. nota a 521.3.

Buscar
    Sin resultados