A copia do Cancioneiro da Vaticana presenta só as dúas estrofas I-II, sen indicación ningunha de fragmentariedade.
I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 109 [= LPGP 107]); Arbor Aldea (2001: 257); Lopes (2002: 469); Longo (2003: 152); Littera (2016: I, 74).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 140); Braga (1878: 69); Michaëlis (2004 [1896-1905]: 515-516); Magne (1931: 86); Machado & Machado (1953: IV, 75).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975: 240); Tavares & Miranda (1987: 264-265).
1 a que ũu trobador] aqi huū trotador B : aqi huū trobador V 2 trobou] trotou B; cas] tas BV 3 catei] carey V 5 Ergi] ersi V; Vīid’] uijd V 6 vosso] uoso V 7 quero] q̅sto V 8 si] assj B : assi V 9 acajo[n]] acayo BV 10 quando] qn̄do V; -me] mo V; log’] leg B; enton] encō B : enco V 11 Passad’] apassad B : rassad V 12 os cochões] oo coch oes B : oy codi des V 13 E] (oes) E B 14 compr’ora] conꝓpra B : conꝓra V; melhor] molhor V; seer] ssecr B : sseci V
1 Ũu] Un Lapa : Um Lopes, Littera : hum Longo; ricome] ric’home Arbor Aldea, Lopes, Littera; ũu] un Lapa : um Lopes, Littera : hum Longo 3 m’, u] m’eu Lapa, Lopes, Littera : m’[e]u Longo 4 ũu] un Lapa : um Lopes, Littera : hum Longo 5 Vĩid] Vind’ Arbor Aldea, Lopes, Longo, Littera 6 dis[s]e-m’el] disem’el Arbor Aldea; Seed’] Sed’ Lopes 7 seer] ser Lopes 8 as[s]eentei] aseentei Arbor Aldea : assentei Lopes; si] assi Longo, Littera 9 acajo[n]] cajon Arbor Aldea : cajom Lopes, Littera 10 me] m’e Longo 12 cochões] cochoes Arbor Aldea 14 compr’ora] comprira Lapa, Lopes, Longo, Littera : comprirá Arbor Aldea 15-21 om. Lapa, Lopes, Longo, Littera
(I) Un home da alta nobreza, a quen este ano lle trobou un trobador aquí no pazo do Rei, sentándome eu, cando tras de min ollei, vino estar sentado nun lugar peor; erguinme e dixen: «Vinde sentar aquí». E díxome el: «Ficade sentado no voso lugar; eu estou ben sentado aquí, non quero ser mellor (sentado)».
(II) Cando me sentei, así vexa pracer, non me decataba eu de tal prexuízo e, cando o vin, erguinme logo no intre: «Pasade para aquí!», díxenlle logo para que se erguese de entre os seus homes viláns. E díxome el: «Deus volo pague: non me é preciso agora ser mellor (sentado)».
(III) E (...)
Esquema métrico: 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a (= RM 161:8)
Encontros vocálicos: 1 Ũ͜u, ũ͜u; 3 a·sse·en·tan·do; 4 ũ͜u; 5 Vĩ͜id’; 6 Se͜ed’; 8 mi‿a·s[s]e͜en·tei; 9 guardava‿eu; 10 quando‿o; 12 antre‿os
Cantiga incompleta.
Nesta composición, a expresión seer melhor / melhor seer, situada no verso final das estrofas (vv. 5 e 14, respectivamente), sustenta unha aequivocatio que é fundamental para entender o carácter satírico da peza. Nunha primeira lectura, o significado do verbo é o etimolóxico: o aristócrata responde que está ben sentado onde está, mesturado cos seus homes, e que non quere sentar noutro lugar máis representativo (entre outros nobres), o que xa de por si representa unha falta de cortesía. Mais por tras desa ocúltase outra lectura en que o verbo seer ten o sentido actual do verbo ser. Indirectamente Afonso Sanchez acusa ao alto nobre de non querer “ser mellor” en todos os aspectos que atinxirían á súa condición de alto representante da nobreza.
O indefinido ũu (e tamén algũu e neũu) debería, aparentemente, computar como bisilábico, e así acontece con certa frecuencia ao longo do corpus; porén, na maior parte das súas ocorrencias (véxase tamén no v. 4) funciona como unha forma monosilábica, revelando dese xeito que se trata dunha grafía conservadora (ũu). Algo similar acontece con bõo ~ boo (véxase nota a 241.10) e, aínda en menor medida, sõo ~ soo (véxase nota a 10.25), que son basicamente voces bisilábicas, aínda que nalgunhas ocasións computan tamén como unisilábicas.
A representación gráfica “ric’ome” ou “ric’home” parecería suxerir que estamos perante o sintagma home rico con inversión posicional e crase entre os dous elementos; na verdade, ricome é xa vocábulo que leva consigo unha limitación semántica, pois é equivalente a ‘individuo pertencente á primeira clase da nobreza’.
A lección dos manuscritos non autoriza a conversión do adverbio u no pronome eu (Lapa, Lopes, Longo), pois ten todo o sentido tal como os códices presentan a secuencia, coa antecipación do CD (ricome, v. 1) que reaparece no v. 4 no pronome o (Ũu ricome ... vi-o); isto é: ‘Un ricome, a quen un trobador trobou arestora no pazo real, sentándome, cando tras de min catei vino estar nun lugar peor...’.
Nesta cantiga é frecuente a contaxe unisilábica de hiatos etimolóxicos, conservados graficamente: vīi·d(e), v. 5; see·d(e), v. 6; a·sseen·tei, v. 8.
Nótese o sentido etimolóxico do verbo seer (seede, sejo, seer), procedente do lat. sĕdēre ‘estar sentado’ (cfr. asseentar, v. 8). Canto á forma sejo, P1 de presente indicativo de seer, resultado da conxugación regular de sĕdēre neste tempo (sĕdĕō, sĕdes etc.), compite desvantaxosamente cos resultados de sŭm (> son) e *sono (> sõo, soo) (véxase Ferreiro 1999: §218b).
O verso é hipermétrico.
A medida decasilábica do verso impón a emenda assi > si, a partir da equivalencia das formas assi ~ si ~ se en frases de teor desiderativo. A respecto da emenda, véxase 1654.17, onde no verso non á perdon que s’i possa asconder o Cancioneiro da Vaticana presenta a lección <assy> fronte ao correcto <ssy> de B, que neste contexto debe ser interpretado como s’i.
Neste sentido, a frase formularia de tipo aseverativo si veja prazer ~ se veja prazer, tamén en 440.9, 571.9, 1060.1, 1198.3, 1624.1 (coa introdución de eu en 416.9), presenta a variante assi veja prazer (79.16, 384.16, 419.4), coa introdución de eu en 416.9, e tamén se vejades prazer (877.12) e mais se prazer vejades (1174.1) con mudanza para a P5.
A forma ocajon (511.24), é unha variante da forma xeral cajon ‘desastre, desgraza, dano’, procedente do lat. occasiōnem, que perdeu a vogal inicial por un proceso de aférese (ao tempo que por posíbel segmentación da forma de artigo). De calquera forma, ocajon é a forma xeral, xunto con oqueijon, nas Cantigas de Santa Maria (véxase Mettmann 1959-1972: IV, s.v.), e, fóra da poesía, este vocábulo áchase con todas as variantes (cajon, ocajon, enqueijon, oqueijon etc.) en diversos textos prosísticos (CGPA, s.v.). No corpus trobadoresco profano, véxase tamén a variante aqueijon en 1590.18, para alén da forma acajon presente nesta cantiga, variante debida a un proceso de asimilación progresiva.
É obrigada a expunción de <a> inicial no verso, en liña con outras pasaxes dos cancioneiros onde achamos intromisión dese elemento <a>, ben en perífrases verbais (véxase nota a 55.17) ben introducindo erroneamente un CD (véxase nota a 68.1); para alén destes casos, aínda se poden localizar outros en que <a> non cumpre unha función definida: B (77.8), V vs. B (497.7, 785.6, 1681.10), BV (1663.2).
O probábel galicismo cochon ‘cocho, home ordinario, vilán’ (tamén en 371.10, 489.31, 1575.27) podería ser formación autóctona a partir de cocho, pois -on é sufixo despectivo-aumentativo. Como substantivo, cochon alude a un ‘home vil e ordinario’ e, por extensión, tamén a ‘criado, servente’, cunha forma feminina cochõa (1434.9). É unha voz extremamente pexorativa, que tamén é utilizado como adxectivo (véxase nota a 371.10).
Utilizamos cookies de terceiros com fins analíticos para conhecer os hábitos de navegação (por exemplo, páginas visitadas). Ao aceitar cookies de terceiros, terá de as excluir das opções do seu navegador ou do sistema oferecido por terceiros.
Clique no botão correspondente para aceitar ou recusar as cookies: