564 [= RM 25,135]
Vi oj’eu cantar d’amor

Vi oj’eu cantar d’amor
en un fremoso virgeu
ũa fremosa pastor,
que ao parecer seu
ja máis nunca lhi par vi;
e por én dixi-lh’assi:
«Senhor, por vosso vou eu».
Tornou sanhuda enton
quando m’est’oiu dizer,
e diss’: «Ide-vos, varon!
Quen vos foi aqui trager
pera m’irdes destorvar
du dig’aqueste cantar
que fez quen sei ben querer?».
«Pois que me mandades ir»,
dixi-lh’eu, «senhor, ir-m’-ei;
mais ja vos ei de servir
sempr’e por voss’andarei,
ca voss’amor me forçou
assi que por vosso vou,
cujo sempr’eu ja serei».
Dix’ela: «Non vos ten prol
esso que dizedes nen
mi praz de o oir sol,
ant’ei noj’e pesar én,
ca meu coraçon non é
nen sera, per bõa fe,
senon no [que] quero ben».
«Nen o meu», dixi-lh’eu, «ja,
senhor, non se partirá
de vós, por cujo s’el ten».
«O meu», diss’ela, «sera
u foi sempr’e u está,
e de vós non curo ren».
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 
 
 
 

Manuscritos


B 547, V 150

Ediciones


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 60-61 [= LPGP 240-241]); Nunes (1973 [1928]: 3-5); Cohen (2003: 644); Littera (2016: I, 207-208).
II. Outras edicións: Moura (1847: 108-110); Monaci (1875: 62); Braga (1878: 30-31); Machado & Machado (1952: III, 154-155); Júdice (1997: 154-155); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Tavares (1943 [1923]: 41-42); Nunes (1959: 338-339); Pimpão (1942: 51-52); Oliveira & Machado (1959: 65-66); Vasconcellos (1959: 31-32); Varnhagen (1872: 5-7); Varela Jácome (1953: 53-54); Tavares (1961: 35-36); Torres (1977: 241-242); Jensen (1992: 88-90); Diogo (1998: 193-194); Mongelli (2009: 166-167); Corral Díaz & Vieira (2023: 88-89).

Variantes manuscritas


4 parecer] patecer V   6 dixi] drei V   7 vou] uō B   9 dizer] dix̄ B   14 que] Ꝙʷ B : ꝙ̄ V   20 por] pre B   22 Dix’] diz V   24 praz] prax B   27 bõa] boa B   33 u está] o esta B

Variantes editoriales


En Lang as dúas fiindas aparecen dispostas tipograficamente como unha soa.

1 Vi] Oi Lang   12 pera] para Lang, Littera   13 du] d’u Lang, Littera   28 no] do Lang, Nunes, Cohen, Littera

Paráfrasis


(I) Vin hoxe cantar de amor nun fermoso verxel unha fermosa pastora, a cuxa fermosura nunca xamais lle vin par; e por iso lle dixen así: «Senhor, por voso (servidor) me teño».

(II) Tornouse irada entón cando me ouviu dicir isto, e dixo: «Ídevos, varón! Quen vos foi traer aquí para me virdes turbar mentres digo este cantar que fixo quen eu amo?».

(III) «Xa que me mandades ir», díxenlle eu, «senhor, ireime; mais xa vos hei servir sempre e tereime por voso (servidor), porque o voso amor me forzou de xeito que me teño por voso, de quen eu xa sempre serei».

(IV) Dixo ela: «Non vos vale de nada iso que dicides nin sequera me agrada ouvilo, antes sinto noxo e pesar diso, pois o meu pensamento non está nin estará, abofé, agás naquel que amo».

(1) «Nin o meu», díxenlle eu, «xa, senhor, non se afastará de vós, de quen el se ten por servidor».

(2) «O meu», dixo ela, «estará onde estivo sempre e onde está, e de vós non me preocupo ren».

Métrica


Esquema métrico: 4 x 7a 7b 7a 7b 7c 7c 7b + 2 x 7d 7d 7b (= RM 101:63)

Notas


Texto
  • *

    Esta cantiga pertence a un reducido grupo de sete composicións de carácter híbrido que combinan en graos diferentes elementos propios das cantigas de amigo –mais tamén das cantigas de amor e mesmo das de escarnio– con elementos temáticos e léxicos propios do xénero da pastorela. Era esta unha modalidade poética bastante cultivada nas tradicións literarias oitánica e occitánica, en que un cabaleiro encontra soa e require de amores a unha moza pastora. As outras cantigas deste grupo son: Ũa pastor se queixava e Ũa pastor ben-talhada, ambas de D. Denis (nº 517551); Cavalgava noutro dia, de Joan Perez d’Avoin (nº 691); Oi oj’eu ũa pastor cantar, de Airas Nunes (nº 864); Pelo souto de Crexente, de Joan Airas de Santiago (nº 969) e, finalmente, Quand’eu un dia fui en Compostela, de Pedr’Amigo de Sevilha (nº 1100). Sobre esta cuestión véxase Tavani (1986: 217-223).

  • 2

    O provenzalismo vergeu ‘verxel, xardín, horto’, do LV uiridiarius (cfr. tamén vergel na Crónica Troiana e na Historia Troiana), traspasa os límites da poesía (véxase CSM 103.30) e chega á tradución galega da Crónica de Castilla e da Estoria de España e a algúns textos portugueses alén do Virgeu de Consolaçon. Véxase CGPA, s.v. vegel, vergeu, virgeu.

  • 7

    A lección <uō> para vou en B mostra o erro <o͂>~<on>/<ou> (derivado de <n>/<u>) que é moi frecuente ao longo dos cancioneiros, especialmente en B: <cōsimento> cousimento (116.22), <con simēt> cousiment’ (117.15), <guisō> guisou (501.3), <ōsara> ousará (589.3), <pōco> pouco (591.9), <baratō> baratou (729.5), <em car nō> encarnou (877.21), <ōui> ouvi (1233.12), <ōny> ouvi (1458.7), <sōbe> soube (1505.1, 1509.7), <buscō> buscou (1507.7), <nōtro> noutro (1509.1), <sōba> soub’a (1509.16), <cōsa> cousa (1510.1). E en V tamén se encontra o mesmo erro: <tornō> tornou (603.15), <morō> morou (865.12), <nō> vou (1012.20), <cōtre> voutre (1015.17).

  • 10

    Nótese como varon (e o feminino varõa, 1434.10) é utilizado exclusivamente como vocativo (tamén en 1324.6), igual que acontece nas Cantigas de Santa Maria (véxase CSM 2.4, 45.89, 55.79, 83.6, 119.32, 134.45 etc.).

  • 13

    A distinción entre d’u ‘de onde’ e du ‘cando’ parte de Huber (1986: §482) e foi retomada por Giuseppe Tavani na edición de Airas Nunez (1992 [1963]). Presenta poucos rexistros na lírica profana (323.13, 564.13, 634.11864.2) e comparece nunha ocasión nas Cantigas de Santa Maria:

              O ben que perdeu Eva
              du perdeu parayso,
              cobrou Santa Maria
              pelo seu mui bon siso (CSM 320.20).

  • 21

    Face aos usos adxectivos de cujo (496.17, 1342.4 e 11), na lingua medieval percíbese como os usos substantivos do relativo cujo ‘de quen, do cal; seu’ (tamén no v. 31 e mais en 1530.1) remiten con clareza á súa procedencia dun xenitivo (do relativo qui e do interrogativo quis latinos).

  • 22

    O pretérito de indicativo de dizer presenta, en xeral, distinción entre a P1 (dixe ~ dixi) e a P3 (disse ~ disso), aínda que disse pode aparecer como P1 e dixe como P3, tal como acontece neste contexto.

  • 28

    A emenda de no en do que todos os editores propoñen non é necesaria, por canto non existe ningún problema en interpretar o verbo seer (é, v. 26; sera, v. 27) como ‘estar’: ‘o meu corazón só estará (posto) no que quero ben’.

Buscar
    Sin resultados