839 [= Tav 114,2]
Ai Santiago, padron sabido

Ai Santiago, padron sabido,
vós mi adugades o meu amigo!
Sobre mar ven quen frores d’amor ten:
mirarei, madre, as torres de Geen.
Ai Santiago, padron provado,
vós mi adugades o meu amado!
Sobre mar ven [quen frores d’amor ten:
mirarei, madre, as torres de Geen].
 
 
 
 
5
 
 
 

Manuscritos


B 843, V 429

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 203); Cunha (1999 [1945]: 140); Monteagudo (1984: 363 [= LPGP 711]); Cohena (2003: 303); Littera (2016: II, 229); Cohenb (2016b: 12).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 160); Braga (1878: 81); Cotarelo Valledor (1934: 218); Machado & Machado (1953: IV, 159); Vieira & Morán Cabanas & Souto Cabo (2015: 121).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: II, 169); López-Aydillo (1914: 43-44); Cidade (1941: 5); Seoane (1941: 103); Nemésio (1961 [1949]: 125); Fernández Pousa (1951: 28); Nunes (1959: 377); Martín Gaite & Ruíz Tarazona (1972: 71-73); Álvarez Blázquez (1975: 178); Landeira Yrago (1975: 179); Torres (1977: 168); Reckert & Macedo (1980: 141); Beltrán (1987: 50); Pena (1990: 105); Jensen (1992: 260); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 186); Brea López & Fernández Guiadanes (2014: 81).

Variantes manuscritas


3 ten] ien B : ren V   4 torres] toires B

Variantes editoriais


1 Santiago] Sant’Iago Nunes, Cunha   4 madre] madr’ Cunha   5 Santiago] Sant’Iago Nunes, Cunha   8 madre] madr’ Cunha

Paráfrase


(I) Ai Santiago, patrón coñecido, traédeme o meu amigo! Sobre o mar vén quen flores de amor ten: verei, madre, as torres de Xaén.
(II) Ai Santiago, patrón probado, traédeme o meu amado! Sobre o mar vén quen flores de amor ten: verei, madre, as torres de Xaén.

Métrica


Encontros vocálicos: 9’a 9’a 10B 10B (= Tav 37:45)

Esquema métrico: 1 San·ti·a·go; 2 mi‿adugades; 4 madre,‿as; 5 San·ti·a·go; 6 mi‿adugades; 8 madre,‿as

Notas


Texto
  • *

    Esta cantiga, cunha alusión ao regreso do amigo por mar, pode circunscribirse ao período 1265-1275, en que foron frecuentes operacións militares na zona de Xaén (o que explicaría o refrán do texto: Sobre mar ven quen frores d’amor ten: / mirarei, madre, as torres de Geen), sen que estas teñan que ver coa anterior conquista da cidade, previa á conquista de Sevilla (en 1248, dous anos despois), en que debeu participar un mozo Charinho (véxase Oliveira 1919: 127-128). A alusión á viaxe do trobador a Santiago, en que acompañaría o seu rei, permite datala por volta de 1286, ano en que Charinho foi destituído do seu cargo de Almirante do Mar.

    Por outra parte, son certamente escasas as alusións á cidade de Santiago na lírica profana galego-portuguesa (véxase Vieira & Morán Cabanas & Souto Cabo 2015: 121). Como personaxe histórico-relixioso é a única vez que Santiago aparece ao longo das cantigas.

    A composición, máis do que unha inocente cantiga de amigo, sería unha «reprobación ao Apóstolo», por atribuírse a Santiago dous termos, sabido e provado, normalmente apostos a ladróns e a delincuentes. En palabras de Pär Larson, um exemplo da «arte del “dire honestamente villania”»; isto é, a mensaxe implícita na cantiga sería a seguinte: «O san Giacomo, tu che sei il patrono della Spagna, riporta il mio amato, che mi hai rubato come sei solito fare» (cfr. Larson 2018, 367).

    Neste texto de Charinho (véxase tamén a cantiga 814), o primeiro dístico presenta rima asoante ou toante, que se rexistra nun grupo significativo das cantigas de amigo (ou similares), todas elas de teor tradicionalizante. Véxanse diversas composicións de Don Denis (583, 584, 585, 586, 606, 609), Fernan Rodriguez de Calheiros (647), Nuno Fernandez Torneol (656), Joan Soarez Coelho (704), Afonso Sanchez (781), Meendinho (848), Airas Nunez (864, 870), Roi Fernandiz de Santiago (903), Pero Gonçalvez de Portocarreiro (920, 922), Nuno Porco (1130), Joan Zorro (1161, 1163, 1165, 1166, 1167, 1168, 1169, 1170), Pero Meogo (1204, 1205, 1206, 1208), Martin de Giinzo (1287, 1288, 1289, 1290, 1291), Martin Codax (1295, 1296, 1297, 1298, 1300), Fernand’Esquio (1314).

  • 1

    Nótese a presenza do participio de segunda conxugación sabido (vs. sabudo en 568.20, 783.23, 1041.6 e 1332.35) co sufixo -ido (tamén en 493.3), únicas mostras das formas modernas no corpus trobadoresco profano, xunto con ardido (461.18),  fodido en 1347.6 e 1638.2 (tamén fududo en 1567.7).

  • 3

    A ausencia do artigo no sintagma sobre mar debía ser a norma expresiva, pois a mesma construción se localiza en 1414.2 (nunca vós andastes sobre mar), 1482.5 (Deus no’me leixe entrar sobre mar), que contrasta co verso de Joan Zorro: En Lixboa sobre-lo mar (1164.1); o mesmo acontece na produción en prosa, con vinte e unha ocorrencias de sobre mar no Corpus Galego-Portugués Antigo, onde se localizan tamén algúns poucos exemplos de sobre o mar a partir de mediados do século XIV.

  • 4

    O verbo mirar ‘mirar, ollar, contemplar’ é de uso certamente escaso na poesía trobadoresca profana, pois, para alén de Charinho, só aparece noutros dous xograres (véxase Ferreiro 2018a: 179-183). En Martin Codax:
              Ai ondas que eu vin mirar,
              se me saberedes contar
              por que tarda meu amigo sen min! (1301.4).

     

              Mia irmana fremosa, treides comigo
              a la igreja de Vigo, u é o mar salido,
              e miraremos-las ondas (1297.3).
    E tamén en Pedr'Eanes Solaz (1236.3, 5, 9):
              E mirei-la das arenas,
              des i penado me ten
              ..................................
              eu das arenas la mirei
              e des enton sempre penei
              .........................................
              E mirei-la das arenas,
              des enton me fez penar.
    Ausente das Cantigas de Santa Maria, só achamos mirar nalgunhas pasaxes na prosa (para alén da poesía galego-castelá). A voz mirar é forma bastante frecuente na Crónica da Ordem dos Frades Menores (CdP, s.v.): E aguisarom logo o peixe e comerom os fraires, mais mais forom fartos em mirar aquelle escudeiro muy graçioso que do manjar corporall [...] subitamente apareçeo sobre a agua de tam feea e grande estatura que aquelle fraire nom pode mirar de medo e espamto que ouve [...] e acomteçeo que a rainha por as janellas do paço mirou comtra o lugar dos fraires e vio a dita raynha deçemder do çeo por o ayre huum canistrell checo de pãaes bramcos [...] Comseguintemente depois de alguum tempo veeo a Paris huum fraire de outra provinçia, o qual mirando o dito frey Guilhelmo e o outro a elle, diziam amtre sy: ... [...] En no regno de Purtugall como hũua moça ouvese mercado huum espelho e mirasse a sy mesma em elle por vaidade, logo emtrou em ella o diaboo [...] E, como ouve mirado os deleitos de demtro do paraisso em nas arvores e em nos fruitos, deçemdeose ataa o pee do monte [...] em nas quaes leteras afirmou elle aver mirado com os propios olhos as sobreditas chagas [...] E, como elle atemtadamente mirase, vio que huum bispo, vistido em vestiduras bramcas de pontifiçe, emtrou muito apresuradamente por hũa porta do paaço a cara abaixada e saio logo por a outra porta [...] Ca, como fosse sabedor de dereito e juiz em na çidade Castelana, estamdo elle hũua vegada miramdo em hũua feestra, vio huum homem que guardava porcos e nom nos podya emçarrar e por emsinamento doutro.
    Localízase algunha ocorrencias na tradución galega da Crónica de Castilla e da Estoria de España e tamén na Crónica Troiana (CGPA, s.v.): Depoys que as azes forõ paradas ẽno cãpo, tódaslas donas et donzelas et burzesas da vila se parauã perlos adarues a mirar a aqueles que amauã, cõmo faríã [...] Et el rrey estaua todo mirando (Crónica Troiana).
    Por outra parte, a súa presenza na prosa tabeliónica é escasísima, pois só se rexistra nun documento tardío: asi encomendo a dita mia filla heredera a os ditos meus basallos que os amen onrren e os defendan e acaten como a boa señora mirando acatando os grandes traballos Robos e males que por estta cassa han reciuido [...] e todos quieran ser meus abogados elles plaza pr min rogar a meu señore Jesuchrisptto o dia da mia morte e a o dia do gran Juicio que ansi queiran de mia alma mirar levandome a Santa Gloria do Paraisso (doc. 1485; véxase CGPA, s.v.).
    Para alén destas documentacións, pode acharse esporadicamente mirar nalgunha crónica quiñentista portuguesa (véxanse exemplos en Ferreiro 2018a).
    Por outra parte, a forma toponímica Geen (tamén en 1626.4) mostra un proceso de asimilación vocálica sobre a forma anterior Jaen, maioritaria na poesía profana (1377.2, 1528.24, 1571.10). Os datos fornecidos polo CGPA (s.vv. Geen, Geem, Jaen, Jaem, Ja, Jaeem) mostran, igualmente, un equilibrio na presenza de ambas as formas nos textos medievais. 
    Xaén era, na altura, unha importante cidade de Al Andalus, capital dun reino (foi conquistada en 1246 por Fernando III), coñecida pola súa inaccesibilidade e polo seu carácter inexpugnábel. A interpretación deste segundo verso do refrán non é simple: como pode a amiga, e en que momento, «mirar as torres de Geen»? A que se refire? Xaén foi conquistada antes que Sevilla, embora non teñamos constancia de que na súa conquista participase Charinho, que os estudosos si sitúan na toma da capital andaluza (1248). Para Larson, un dos últimos estudosos do poema, «este «secondo verso […] ha tutta l’aria di essere una citazione di una composizione più antica» (2018: 363).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado