Este cantar fez en son d’un descor; e feze-o a un infançon de Castela que tragia leito dourado e era mui rico, e guisava-se mal e era muit’escasso.
I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 405-406); Pellegrini (1969: 35-36 [= LPGP 597]); Lagares (2000: 155 [rúbrica]); Lopes (2002: 283-284); Littera (2016: II, 59-60).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 329); Braga (1878: 181); Machado & Machado (1958: VI, 89-90); Lapa (1964: 15-16); Souto Cabo (2012c: 132).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 390); Fonseca (1971: 116); Alvar & Beltrán (1989: 147-148); Sansone (1990: 70-72); Alvar & Talens (2009: 386-388); Mongelli (2009: 249-250).
Rúbrica: descor] secsor V; infançon] infancon B : infāzō V
Texto:
1 oj’] ol B 9 leit’en] sey tem V 10 onrado] o iurado B 14 depos] depꝯ BV 17 pecado] pc̄cado BV 24 demo lho] Demho lo B 26 greu] giu V 28 mantenente] matenente B 29 contenente] contenence B
Rúbrica: en son] a son Lapa
Texto:
2 podesse] podess’e Lapa 6-8 e pois pouco valvess’e / non desse / ren, que non trouxesse] pero pouco valvess’ e / non desse / ren, que on trouxesse Lapa : poys pouco valvesse / e ren non desse, / que non trouxesse Pellegrini : (pois pouco valvesse / e rem nom desse) / que nom trouxesse Lopes, Littera 14 depos] depus Pellegrini 16 negado] ne[gre]gado Lapa 21 deu ren] rem deu Lopes 22 sei eu ben] sei eu Lapa : ben sei eu Lopes, Littera
Fixo este cantar coa melodía dun descordo; e fíxoo por un infanzón de Castela que traía un leito dourado e era moi rico, e gobernábase mal e era moi avarento.
(I) Oxalá quen tivese hoxe a oportunidade, e puidese, fixese un cantar a quen eu agora sei, e lle dixese, xa que pouco valese e non dese nada (por avarento), que non trouxese leito na corte real, (II) porque, como non é honrado nin xeneroso, doadamente fai traer atrás de si un leito dourado; e ten aforrado todo e escondido todo canto ten: o pecado, que llo fai facer, tráeo enganado, (III) pois el nunca deu nada dos seus bens –isto seino eu ben– que fose acorde co esperado del: o demo lle deu (todo o que ten), xa que non lle é de proveito ningún; e moito lle desagrada cando alguén lle pide algo (IV), e decontado perde a compostura certamente e vaise esconder e fai que está doente: e non se compadece do noso mal e foxe da xente para a non ver.
Esquema métrico: 4’a 5’a 5’a 6b 4’a 5’a 2’a 5’a 5b (I) + 4’a 5’a 2’a 5’a 5b 4’a 4’a 2’a 5’a 5b (II) + 6a 4b 5b 6b 4a 6b 4a 6b (III) + 4’a 5’a 5’a 5b 5’a 6’a 5’a 5b (IV)
Encontros vocálicos: 4 mi‿o·ra
Nótese como a rúbrica alude ao son d’un descor, isto é, á ‘música ou melodía dun descordo’ (cfr. descordo, véxase nota a 1o8.66).
O ritmo da cantiga, independentemente de que sexa considerado ou non un verdadeiro descordo (véxase Tavani 1967: 283), lembra o ritmo sincopado de UC 478, de Afonso X, especialmente na estrofa II (cfr. os vv. 17-19 de Lopo Lias cos vv. 40-42 afonsinos).
Por outra parte, entre as escasas indicacións que, na tradición galego-portuguesa, refiren procedementos compositivos, destaca a relativa á técnica do seguir. Esta trátase na Arte de trobar, que lle dedica todo o capítulo noveno do que sería o fragmentario Título III ás modalidades en que pode elaborarse: «Outra maneira há i en que trobam do<u>s homens a que chamam “seguir”» (Tavani 1999: 44), isto é, tomando a música ou melodía doutra cantiga, servíndose dela “palavra por palavra” ou tomando as súas “rimas”. Ademais, a técnica é referida nun reducido número de rúbricas explicativas contidas nos cancioneiros, entre as que destaca a que acompaña, a presente cantiga (véxase tamén nota a UC 1452, 1471, 1625)1
.
Dos datos contidos na Arte de trobar, que ofrece un texto particularmente difícil neste punto debido á súa deterioración, e tal e como sinalou Tavani (2002: 276), «depreende-se, apesar de tudo, que a cantiga de seguir é uma espécie de contrafactum, não se tratando, portanto, de um género propriamente dito, caracterizado autonomamente, mas apenas da imitação, em verso –em registo irónico e às vezes especificamente parodista–, de um texto já divulgado, cuja difusão entre o público devia ser bastante ampla para assegurar o reconhecimento imediato do modelo e, portanto, da intenção, quer competitiva quer burlesca e mimética, que movera o autor do arremedo».
No presente exemplo, Lopo Lias serviríase do “son d’un descor” precedente para elaborar o seu contrafactum, é dicir, dun dos posíbeis modos que estaban a dispor dos trobadores á hora de construíren os seus “arremedos”. Así o sinala a Arte de trobar no título antes referido: «Outra maneira há i en que trobam do<u>s homens a que chamam “seguir”; e chamam-lhe assi porque convem de seguir cada um outra cantiga a som ou en p<alav>ras ou en todo. E este “seguir” se pode fazer em tres maneiras: a ũa filha-se o som d’outra cantiga e fazem-lhe outras palavras tam iguaes come as outras, pera poder e<m> elas caber aquel som mesmo”, “modo” este que a preceptiva poética considera como «de menos em sabedoria, porque <nam> toman nada das palavras das cantigas que segue», isto é, dos seus versos (Tavani 1999: 44-45).
A análise detallada da técnica da cantiga de seguir e dos modos de a executar recollidos na Arte de trobar foron estudados por Tavani (2002: 276-279). Véxase, tamén, Canettieri & Pulsoni (2003) e Parkinson (2018) e mais e mais bibliografía citada en Arbor Aldea (2016c: 965-966), ben como o comentario a UC 1452, 1471, 1625.
A sintaxe e o sentido solicitan a expunción da copulativa inicial do verso (talvez inducida polo verso anterior), tal como mostran ao longo do corpus diversas pasaxes en que, con seguranza, se pode determinar ese carácter adventicio. Véxanse, entre outros, B vs. A (66.14, 96.10, 128.14, 224.7, 241.22, 306.13, 312.5 e 13), A vs. B (129.28), A vs. BV (1236.10 e 16), B vs. V (851.12, 924.19, 950.7, 1631.7), V vs. B (740.10, 935.6, 1148.9). E noutros casos, a pesar da coincidencia dos testemuños, existen razóns sintácticas, métricas ou doutro tipo que aconsellan a antecitada expunción.
Ao contrario das Cantigas de Santa Maria (véxase Mettmann 1959-1972: IV, s.v. valer), onde predominan as formas etimolóxicas nos tempos de pretérito de valer coa raíz valv- (véxase Ferreiro 1999: §221d; Mariño Paz 2000: 699-703), na poesía profana xa son minoritarias as formas máis antigas, pois, alén desta só se rexistran en 117.12, 127.19, 196.16, 271.3, 559.2 e 1532.20.
Graado é ‘xeneroso, liberal’ (cfr. o antónimo escasso na rúbrica).
A voz poupado é participio de poupar ‘economizar, aforrar’, verbo presente en diversas obras medievais (véxase CGPA).
Nótese a intertextualidade que mostran estes tres versos cunha pasaxe afonsina dunha composición que metricamente presenta tamén semellanzas coa de Lopo Lias:
pecado
i á, ja me i pod’enganar
que me faça ja falar
en armas, ... (478.41-44).
A voz greu é un provenzalismo que concorre na lingua trobadoresca, sempre en rima, coa forma xeral grave.
As palabras rimantes destes dous versos son cultismos relativamente recentes na altura cronolóxica do século XIII. Mantenente neste contexto é un adverbio de tempo que equivale a ‘inmediatamente, decontado’ (véxase tamén en 1682.16, en Pedr’Amigo de Sevilha). É voz moi frecuente nas Cantigas de Santa Maria, onde alterna coas formas mantẽente ~ manteente, máis evoluídas (véxase Mettmann 1959-1972: IV, s.v.). Por súa parte, a voz contenente ‘aspecto, aparencia física...’ tirado do latín a partir do participio activo de continere, presenta manutención de -n- intervocálico. É cultismo utilizado con relativa frecuencia desde o inicio da produción escrita (no corpus profano, tamén en 1328.8, 1336.18 e 1575.16).
En face da sistemática alternancia vocálica que presenta o verbo fugir no período moderno (P1 /u/ vs. /ɔ/ P2, P3, P6), na Idade Media a convivencia de formas e resultados era constante, en especial nos verbos de terceira conxugación con alternancia máxima (véxase Ferreiro 1999: §195c). No concreto caso de fogir ~ fugir alternan as formas fog(e) (782.12) e fug(e) no corpus profano.