224 [= Tav 43,15]
Se Deus me leixe de vós ben aver

Se Deus me leixe de vós ben aver,
sennor fremosa, nunca vi prazer
des quando m’eu de vós parti.
E fez-mi o voss’amor tan muito mal
que nunca vi prazer de min nen d’al
des quando m’eu de vós parti.
Ouv’eu tal coita no meu coraçon
que nunca vi prazer se ora non,
des quando m’eu de vós parti.
 
 
 
 
5
 
 
 
 

Manuscritos


A 124, B 239

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 253); Spampinato Beretta (1987: 115-116 [= LPGP 296-297]); Littera (2016: I, 323).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 102); Carter (2007 [1941]: 75); Machado & Machado (1949: I, 388-389); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 224).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 238-239); Vasconcellos (1959: 22); Torres (1977: 274).

Variantes manuscritas


5 prazer de] prazer (se ora) de B   7 Ouv’eu] E ouueu B

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10a 8B (= Tav 26:76)

Encontros vocálicos: 4 -mi‿o

Notas


Texto
  • 1

    Nótese o uso de se ~ si equivalente a assi en frases optativo-desiderativas (100.1, 177.10, 188.11, 202.2 etc.) tal como tamén aparece en frases formularias do tipo se ~ si Deus me perdon e variantes. Tal forma procede de sīc con cruzamento coa conxunción condicional se.

  • 7

    A copulativa inicial en B (inexistente en A) confirma como, a partir do testemuño diverxente dos manuscritos, se pode determinar con seguranza o carácter espurio da copulativa, feito que acontece con certa frecuencia, especialmente no inicio do verso. Véxase, entre outros, B vs. A (66.14, 96.10, 128.14, 241.22, 306.13, 312.5 e 13), A vs. B (129.28), A vs. BV (1236.10 e 16), B vs. V (851.12, 924.19, 950.7, 1631.7), V vs. B (740.10, 935.6, 1148.9). E noutros casos, a pesar da coincidencia dos testemuños, existen razóns sintácticas, métricas ou doutro tipo que aconsellan a antecitada expunción.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado