En A o texto comeza no v. 2 (vai querer ...).
Por outra parte, a fiinda leva a seguinte anotación marxinal: fijda.
I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 201-202); Blasco (1984: 137-138 [= LPGP 830-831]); Marcenaro (2012b: 218-219); Littera (2016: II, 351-352).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 87-88); Carter (2007 [1941]: 57); Machado & Machado (1949: I, 329-330); Fernández Pousa (1953: 15-16); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 188).
1-2 Por ... / quen] om. A 2 tal] atal B 3 lle] lhi B 6 cuitad’, e] coytade B 7 cuita po-la nunca] coyta pola nō B 10 vio] <...> A 11 nen] <...> A; me] mj B 12 me mostr’o] mj mōstro B 13 lle] lhi B 14 min] mj B 17 mundo, si Deus me] mūde sse d’s mj B 18 mi ar fez por én] mar fez pʳ rē B 23 eu] om. B 27 coidei] cuydei B 28 aver] aueer B 29 ca] a A 31 me] mj B
3 seu] sen Marcenaro 6 cuitad’] coitad’ Littera 7 cuita] coita Littera 10 vio] [viu] Michaëlis : viu Blasco, Littera 15 min] mi Michaëlis 19 min] mi Michaëlis 23 vos] vus Michaëlis, Blasco 27 coidei] cuidei Littera 29 ca] Ja Michaëlis
Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8c 8a 8a 8c + 8d 8d 8c (= Tav 182:2)
Encontros vocálicos: 10 vi͜o; 18 mi‿ar; 19 -mi-‿a
Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda atá a fiinda desta composición véxase nota á cantiga 15, aínda que nas edicións anteriores aparecen isoladas sintacticamente as tres primeiras estrofas.
A lección <atal> de B faría hipermétrico o verso. Cfr. nota a 10.4.
En face da xeral variación coitado A / cuitado B (86.1, 147.1, 155.1, 177.1, 312.1, 391.16, 404.10 e 16, 430.19, 997.9), neste verso achamos a situación inversa (cuitado A / coitado B), que se localiza tamén en 74.1, 118.13, 129.15 e 188.6. Cfr. nota a 570.9.
A fórmula e que demo ...?!, de forte carga coloquial, é utilizada en preguntas retóricas para intensificar hiperbolicamente os sentimentos, ou unha determinada acción (véxanse 824.16 e 1653.10). En calquera caso, esta fórmula inicia unha frase parentética que se estende tamén ao v. 7, incrustada no discurso da cantiga.
Por outra parte, nótese na forma mi do pronome (en función de complemento indirecto), variante excepcional no Cancioneiro da Ajuda (cfr. <mi(o)> A, <mj> B), tamén en 81.16, 199.21, 283.7 e 284.13, fronte á forma xeral me nese cancioneiro (véxase Monteagudo 2019: 111-113).
A representación gráfica da desinencia da P3 de pretérito indicativo dos verbos da terceira conxugación (cfr. vio) oscila entre a esmagadoramente maioritaria -iu e a esporádica -io, mostra dunha vacilación inicial que aínda se conserva nalgúns territorios galegos. Cfr. nota a 302.14. De calquera xeito, ambas as representacións implican unha mesma realidade fonolóxica e métrica, como mostran os casos de rimas entre -io e -iu (véxase, por exemplo, 614.1-8), ou aqueloutras situacións en que se produce variación desta desinencia en estruturas paralelísticas (véxase 583.8) ou no refrán (véxanse 592.r1, 1336.r, 1361.r2-r3).
A variante monstrar de B (vs. A) é moi probabelmente produto da intervención do copista do Cancioneiro da Biblioteca Nacional, tal como mostra a análise das variantes (a)mostrar / (a)monstrar nos códices. Véxase nota a 9.3.
De novo reaparece a duplicidade aver / veer; en calquera caso, véxase a mesma ou similar variación entre códices: veer A vs. aver BV (66.31, 83.6, 312.1, 417.8), aver A vs. veer B (92.8, 174.13), aver A vs. a veer B (318.2 e 11), a veer V vs. aver B (754.6). Véxase tamén 61.21, onde é necesaria a emenda de aver en prol de veer.