I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 348-349 [= LPGP 529-530]); Correia (2001: 455); Littera (2016: I, 606).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 119-120); Carter (2007 [1941]: 105); Marques Braga (1945: 328-329); Machado & Machado (1950: II, 78); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 283).
2 sabe, e] sabe B 3 me] mj B 4 me] mi B; ben dela] ben de dela B 5 querri’ aver] queiriauer B 6 de me] de (me) / me A; tẽer] teer B 7 pos-seu] Por seu B; mi] me B; de mí] demj̄ B 8 e saberia ben] e sa bona ben B 9 ou quen perde sén] a quen perdo sen B 10 no’me valla per quen o perdi] non mi ualha pᵉ que non ꝑdi B 13 pos-seu] Por seu B; me] mj B 15 om. B 16 quen mi-a dá] ꝙʷ mi a daiudar B 19 pos-seu] {P}[O] seu A : Ou seu B; non o] nomo B 20 mí] mj̄ B
2 sabe, e máis non] sabe, mais non Michaëlis, Correia, Littera 4 dé] dê Michaëlis, Littera 5 querri’aver] querria ‘ver Michaëlis 6 tẽer] teer Littera 7 pos-seu] por seu Littera 9 perde] perd’o Littera 10 no’me] nom me Littera 11 querri’aver] querria ‘ver Michaëlis 12 tẽer] teer Littera 13 pos-seu] por seu Littera 15 creerán] creeran Michaëlis, Correia 17 querri’aver] querria ‘ver Michaëlis 18 tẽer] teer Littera 19 pos-seu] por seu Littera
(I) Da miña señora, que en tan aciago día vin, como Deus sabe –e máis non direi agora a respecto disto, porque non me convén–, Deus non me dea ben dela nin de si se hoxe eu querería ter máis ben (dela) que saber (ela) o mal –e (ela) me ter (II) por seu (servidor)– que me fai, porque tería dó de min e sabería ben cal é a gran coita ou quen perde o siso; e non me socorra (aquela) por quen o perdín se hoxe eu querería ter máis ben (dela) que saber (ela) o mal –e (ela) me ter (III) por seu (servidor)– que me fai, pois tan preto está de min a miña morte como verán moitos que despois crerán a miña coita; mais non me auxilie quen ma causa se hoxe eu querería ter máis ben (dela) que saber (ela) o mal –e (ela) me ter (1) por seu (servidor)– que me fai, e non o saber (ela) nunca por min nin por eu o dicir.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= RM 160:137)
Encontros vocálicos: 2 sabe,‿e; 16 mi-‿a
Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda atá a fiinda desta composición, incluída na relación de Gonçalves (2016 [1993]: 269-270), véxase nota á cantiga 15.
Nótese como a complexa sintaxe da composición, con múltiplas cláusulas parentéticas, aconsella unha puntuación con alta presenza de parénteses.
En face das anteriores edicións, estabelecemos un período parentético iniciado por e máis (é máis ... / ... convén), seguindo a lección do Cancioneiro da Ajuda. De calquera forma, máis ten de ser un adverbio de cantidade, por máis que a maioría dos editores non o distinga formalmente da conxunción mais.
Nestes versos, e nos correspondentes nas seguintes estrofas, obsérvase un forte hipérbato que escurece a comprensión, pois a cláusula que mi faz está deslocada da súa natural posición sintáctica após saber o mal. Isto é: ‘saber o mal que mi faz’.
Por outra parte, nótese a expresión partitiva máis de ben, que se pode achar noutros trobadores e noutras cantigas (30.17, 242.15). Ademais, a preposición de que introduce saber o mal ten a función de nexo comparativo, como é frecuente na lingua trobadoresca (moi especialmente nas comparacións referidas ás cualidades da senhor que é sempre superior d’outra ren).
É de subliñar a peculiar asimilación [ɾs]>[s̺] por fonética sintáctica, que se reitera no primeiro verso da estrofa seguinte (v. 13) e da fiinda (v. 19). De calquera xeito, esta asimilación reaparece en 303.14 e 349.3, en todos os casos a partir de A, fronte ás leccións por seu de B e V e propostas en Littera. Cfr. unha asimilación igual en pa-ssan Denis nas Cantigas de Santa Maria (CSM 238.62), ou na Demanda do Santo Graal: Pa’ Santa Maria, disse el-rei, sabê-lo quero eu (cfr. CGPA).
Por outra parte, repárese na forma mi do pronome (en función de complemento indirecto), variante excepcional no Cancioneiro da Ajuda (cfr. <me> en B), tamén en 81.16, 188.6, 199.21 e 284.13, fronte á forma xeral me nese cancioneiro (véxase Monteagudo 2019: 111-113).
Nos textos transmitidos por A é frecuente a asimilación do adverbio non co pronome me ~ mi (> no’me ~ no’mi; cfr. a evolución regular -nm->-m-), face a BV que, en xeral, presentan a lección non me ~ non mi con manutención da integridade morfolóxica do adverbio negativo (66.13, 90.9, 223.r2, 239.7, 243.14, 258.9, 285.13, 421.5, 423.20, 430.8). Na realidade, nos apógrafos italianos só se rexistra en tres ocasións (104.21, 906.12 e 1482.5).
Resulta certamente sorprendente o lapso de copia no Cancioneiro da Biblioteca Nacional.
A locución conxuntiva e pero, de valor concesivo (‘aínda que’), é de uso regular ao longo de corpus –cómpre sinalar, non obstante, que en bastantes ocasións é posíbel optar entre e pero ou a secuencia de copulativa + adversativa (e, pero).