I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 71-72); Vallín (1995b: 159 [= LPGP 726-727]); Littera (2016: II, 234-235).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 58); Carter (2007 [1941]: 31-22); Machado & Machado (1949: I, 212-213); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 118).
III. Antoloxías: Nunes (1932: 4); Torres (1977: 505); Alvar & Beltrán (1989: 92-93); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 168); Alvar & Talens (2009: 326).
2 santa] sancta B 3 eu] en B 6 vós] uus A; temi] tā muyto temj B 8 servia] ƥma B 13 eu, cativ’e cuitado] ca ciue mujtado coitado B 14 desamparado] desenparado B 15 cuita grand’e cuidado] coita g̃nde coydado B
2 Santa] sancta Michaëlis, Vallín 6 vós] vus Vallín 12 vós] vus Vallín 13 cuitado] coitado Littera 15 cuita] coita Littera; cuidado] coidado Michaëlis 18 vós] vus Vallín
Esquema métrico: 3 x 10’a 10’a 10’a 3B 8C 8C (cfr. Tav 25:2)
No primeiro verso do refrán sería teoricamente posíbel interpretar a tripla secuencia <ei>~<ey> como é i, é i, é i, con coherencia semántica no conxunto da cantiga (mudando a estrutura métrica para 10’a 10’a 10’a 6B 8C 8C.
Nótese en B o carácter decasilábico do terceiro verso do refrán, resultado talvez dun intento de igualar a medida á dos versos do corpo estrófico.
Certas formulacións características da poesía trobadoresca poden acharse, en ocasións, formalmente incorporadas en obras afastadas da órbita da poesía. Véxase este verso literalmente reproducido na Crónica de 1344: por quanto eu perdi el rey dom Sancho, meu irmãao e teu padre, que era a rem do mu͂do que eu mais amava (Cintra 1952-1990: III, 66).
Nótese a alternativa expresiva de B para este verso: E que farei eu, cativ’e cuitado? A vs. E que farei, cativ’e moi coitado? B.
En face da xeral variación coitado A / cuitado B (86.1, 147.1, 155.1, 177.1, 312.1, 391.16, 404.10 e 16, 430.19, 997.9), neste verso achamos a situación inversa (cuitado A / coitado B), que se localiza tamén en 74.1, 129.15 e 188.6. Cfr. nota a 570.9.