I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 335-336 [= LPGP 499]); Cohen (2003: 372); Littera (2016: I, 584).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 258); Braga (1878: 140); Machado & Machado (1956: V, 217); Camargo et alii (1990: 31); Burgazzi (2015: 33).
III. Antoloxías: Cidade (1941: 17); Álvarez Blázquez (1975: 96); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 118).
2 veo] ue(i)o V 4 dos] ds̄ B 7 Deus] des V 9 Se] e se V; por] pre V 10 gran] grã B
6 tẽedes] teendes Nunes, Littera 10 fez tan] fez<o> tan Cohen : fez [a]tam Littera
(I) A San Servando foi o meu amigo e, porque non veu falar comigo, direillo a Deus e chorarei.
(II) Se o vise, madre, recuperaríame, e, porque me tendes custodiada, direillo a Deus e chorarei.
(III) Se el me non ve, morrerá por min, mais, porque me fixo tan gran dano, direillo a Deus e chorarei.
Esquema métrico: 3 x 9’a 9’a 5C 8C (= RM 37:49)
Talvez San Servando se refira á ermida de San Servando, sita no lugar de Pazos da parroquia de Barxés, no concello ourensán de Muíños.
A lectura tendes, de Nunes e Littera, moderniza esta forma verbal por medio do desenvolvemento dunha consoante nasal que aínda non parece existir no corpus das cantigas. Cfr. nota a 774.5.
Nótese a presenza espuria da copulativa inicial en V, que confirma o carácter adventicio deste elemento nalgunhas pasaxes, tal como mostra a diverxencia de testemuños. Véxase, entre outros, B vs. A (66.14, 96.10, 128.14, 224.7, 241.22, 306.13, 312.5 e 13), A vs. B (129.28), A vs. BV (1236.10 e 16), B vs. V (851.12, 924.19, 950.7, 1631.7), V vs. B (740.10, 935.6, 1148.9).
Noutros casos, a pesar da coincidencia dos relatores, existen razóns sintácticas, métricas ou doutro tipo que aconsellan a antecitada expunción.
A contaxe bisilábica de mais escusa calquera reintegración no verso. Véxase nota a 12.8.