58 [= RM 151,10]
O mui fremoso parecer

O mui fremoso parecer
que vós avedes, mia senhor,
esse faz oj’a mí saber
qual coita Deus fezo maior
de quantas coitas quis fazer,
e faz-mi-a toda padecer.
U vos eu non posso veer,
mi-a faz padecer, mia senhor;
mais sei-m’end’eu pouco doer,
pois, u vos vejo, tal sabor
ei que me faz escaecer
quanta coita soia prender.
E al vos ar quero dizer
que m’aven de vós, mia senhor:
ben cuido que j[a], a poder,
nunca averei de vos, melhor
do que vos eu quero, querer:
ben i mi-o ei logo d’aver.
E ides-mi ora defender
que vos non veja, mia senhor,
e, se m’oj’eu visse morrer,
non me seria én peor,
ca mi queredes i tolher
quant’oj’eu ei en que viver.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


B 85

Ediciones


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 724-725 [= LPGP 941-942]); Littera (2016: II, 528-529).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 29); Machado & Machado (1949: I, 112-113); Rios Milhám (2017: I, 58).

Variantes manuscritas


10 tal] q̄ tal B   12 quanta] e quanta B   16 vos] uos B   17 quero] (quāto) q̄ro B

Variantes editoriales


7 vos] vus Michaëlis   10 vos] vus Michaëlis   12 soia] soí Michaëlis, Littera   13 vos] vus Michaëlis   15 que j[a], a poder] que ja [eu] poder Michaëlis : [eu] que já poder Littera   16 nunca ... vos] nunc(a) ... vos Michaëlis : nunc’ ... vos Littera   17 vos] vus Michaëlis   19 mi] m’ Michaëlis   20 vos] vus Michaëlis

Paráfrasis


(I) A gran beleza que vós tendes, miña señora, esa me fai a min hoxe saber cal coita fixo Deus maior de cantas coitas quixo facer, e faima toda padecer.

(II) Cando eu non vos podo ver, faima padecer, miña señora; mais eu consigo queixarme pouco por iso, pois, cando vos vexo, sinto tal pracer que me fai esquecer canta coita adoitaba sufrir.

(III) E tamén vos quero dicir outra cousa que me vén de vós: ben creo que xa, con toda a miña forza, nunca mellor vos hei querer do que vos eu quero: o ben alí logo o hei de recibir.

(IV) E ídesme agora prohibir que vos vexa, miña señora, e se me eu hoxe vise morrer non me sería por iso peor, porque así me queredes privar de canto hoxe eu teño con que vivir.
 

Métrica


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8a 8b 8a 8a (= RM 58:3)

Encontros vocálicos: 6 mi-‿a; 8 mi-‿a; 12 soi·a; 16 nuncaaverei; 18 mi-‿o; 19 -miora

Notas


Texto
  • 10

    O sentido e a métrica mostran como a presenza de que no manuscrito se debe a un lapso de copia, que engade un elemento espurio documentado noutras moitas ocasións: B vs. A (244.2, 310.13), B vs. V (689.3, 1018.15, 1654.14).

  • 12

    Para a expunción da copulativa por causas métricas e sintácticas debe ser considerada a existencia de diversas pasaxes ao longo do corpus en que, a partir do testemuño diverxente dos manuscritos se pode determinar con seguranza o carácter espurio da copulativa, feito que acontece con certa frecuencia, especialmente no inicio do verso. Véxase, entre outros, B vs. A (66.14, 96.10, 128.14, 224.7, 241.22, 306.13, 312.5 e 13), A vs. B (129.28), A vs. BV (1236.10 e 16), B vs. V (851.12, 924.19, 950.7, 1631.7), V vs. B (740.10, 935.6, 1148.9).

    Aínda así, este verso fica aparentemente hipermétrico (nótese a radical emenda soí de Michaëlis e Littera) polo maioritario carácter trisilábico de soía; con todo, esta mesma forma verbal parece computar como bisilábica tamén noutras ocasións (20.11, 1197.29), para alén de xa se rexistrar a variante suia (<ssuya>) en 921.4, frecuente en textos prosísticos (desde textos tabeliónicos galegos até a Crónica Geral d’Espanha de 1344 ou as crónicas de Fernão Lopes), con grafías diversas: suia, suya, suhya... (véxase CGPA, s.v.).

  • 15

    Nin a proposta de Michaëlis nin a de Littera consideran a existencia da locución adverbial a poder (cfr. nota a 25.1-5): ambas as dúas transforman poder nun simple substantivo, reintegrando o pronome eu. Cfr. as frecuentes variacións da locución coa presenza doutros elementos: a gran poder, a (todo) meu poder, a (todo) seu poder, a vosso poder (véxase Glosario, s.v. poder).

  • 16-17

    Obsérvese o hipérbato, que provoca o afastamento de querer para o final da frase, en posición rimante: ‘nunca averei de vos querer melhor do que vos eu quero’.

Buscar
    Sin resultados