897 [= RM 94,18 (= 157,50)]
[Q]uen viu o mundo qual o eu ja vi

[Q]uen viu o mundo qual o eu ja vi
e viu as gentes que eran enton
e viu aquestas que agora son,
Deus, quand’i cuida, que pode cuidar?
Ca me sin’eu, per min, quando cuid’i,
por que me non vou algur esterrar
se poderia mellor mund’achar?
Mundo tẽemos fals’e sen sabor,
mundo sen Deus e en que ben non á,
e mundo tal que non corregerá,
ante o vejo sempr’empeorar:
quand’est’eu cat’e vej’end’o mellor,
por que me n[on] v[ou] a[lgur] e[sterrar
se poderia mellor mund’achar?]
U foi mesur’, ou grãadez u jaz?
Verdad’, u é? Quen á amigo leal?
Que fui d’amor, ou trobar por que fal?
A gent’é trist’e sol non quer cantar:
quand’est’eu cat’e quanto mal s’i faz,
por que me n[on] v[ou] a[lgur esterrar
se poderia mellor mund’achar?]
Viv’eu en tal mund’, e faz-m’i viver
ũa dona, que quero mui gran ben
e muit’á ja que m’en seu poder ten
ben de-lo temp’u soian amar;
oimais de min pode quen-quer saber
por que [me] non v[ou] a[lgur esterrar,
se poderia mellor mund’achar].
Mais, en tal mundo, por que vai morar
ome de prez que s’én pod’alongar?
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30

Manuscrits


A 305

Edicions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: 610-611); Stegagno Picchio (1968: 159-160 [= LPGP 630]); Lapa (1970 [1965]: 628-629); Lopes (2002: 296); Littera (2016: II, 92).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 178); Machado & Machado (1960: VII, 70-71); Arbor Aldea (2016b).
III. Antoloxías: Pellegrini (1928: 12-13); Nemésio (1961 [1949]: 218-219); Nunes (1959: 413-414); Fonseca (1971: 53-54); Torres (1977: 188-189); Tavares & Miranda (1987: 17-18); Alvar & Beltrán (1989: 327-328); Ferreira (1991: 151-152); Jensen (1992: 220); Mongelli & Maleval & Vieira (1995: 55); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 159); Marcenaro (2006: 276-278).

Variants manuscrites


17 fal] sal A

Variants editorials


8 tẽemos] teemos Lopes   16 á amigo] á ‘migo Michaëlis   17 por que fal? / A gent’é] Por que sal / a gente Michaëlis, Lapa, Lopes, Littera   22 m’i] mi Lapa

Paràfrasi


(I) Quen viu o mundo tal como o eu vin xa e viu as xentes que vivían entón e viu estas que hai agora, Deus, cando pensa niso, que pode pensar? Porque eu persígnome cando penso niso, por que non me vou desterrado a algures (por ver) se podería achar un mundo mellor?

(II) Temos un mundo falso e sen pracer, un mundo sen Deus en que o ben non existe, e un mundo tal que non se corrixirá, antes o vexo sempre empeorar: cando eu ollo isto e vexo del o mellor, por que non me vou desterrado a algures (por ver) se podería achar un mundo mellor?

(III) A onde foi a mesura, ou a grandeza onde está? Onde está a verdade? Quen ten un amigo leal? Que foi do amor, ou por que é inútil trobar? A xente está triste e nin sequera quere cantar: cando eu vexo isto e canto mal alí se fai, por que non me vou a algures (por ver) se podería achar un mundo mellor?

(IV) Eu vivo en tal mundo, e faime nel vivir unha dona, que amo moito e que hai xa moito que me ten no seu poder, ben desde o tempo en que soían amar; de hoxe en diante calquera pode saber de min por que non me vou desterrado a algures (por ver) se podería achar un mundo mellor.

(1) Mais, por que vai morar en tal mundo un home honrado que se pode ir lonxe del?

Mètrica


Esquema métrico: 10a 10b 10b 10c 10a 10C 10C (= RM 185:1) + 10c 10c

Encontros vocálicos: 16 á‿amigo

Notes


Text
  • *

    Copiada unicamente en A e sen correspondencia nos apógrafos italianos, a cantiga, como as dúas pezas precedentes (nº 895 e 896) e a que segue neste ciclo (nº 898), debe ser da autoría de Martin Moxa, trobador a que BV lle atribúen o poema nº 887, que cerra ese breve ciclo de textos, Amor non qued’eu amando (B 895, V 480), polo menos no estado actual dos manuscritos.
    Esta composición realmente é unha cantiga híbrida que nas dúas primeira estrofas nos sitúa nos parámetros xenéricos do sirventés ou da cantiga moral e na terceira e cuarta estrofas introduce tópicos esenciais da cantiga de amor. Na obra de Martin Moxa, clérigo trobador, salientan as sátiras de ton moralizante, que denuncian de forma xenérica a corrupción e a perda de valores do mundo presente (UC 878, 880, 888, 917). Utilizando tópicos clásicos como o do Ubi sunt?, a voz poética lembra con saudade o tempo pasado en que o mundo se rexía por virtudes como a verdade, a lealdade, o saber, o bo xuízo, o valor ou a xenerosidade, e describe o tempo actual, que aborrece, como un mundo ás avesas, pois nel imperan a vileza, a covardía, a necidade e a mentira.

    Esta modalidade poética de Martin Moxa debeu ser xa recoñecida na época, até o punto de ser utilizada como tópico literario polo trobador Joan de Gaia nunha sátira contra un prelado corrupto onde, entre outros argumentos para que acepte o convite a xantar, se lle di que nel van ser interpretadas cantigas de Martin Moxa, o que no contexto hai que entender como unha clara ironía, pois ao corrupto non lle agradaría ouvir en público cantares en que se criticasen os vicios e defectos que el tiña (véxase UC 1471).

    En calquera caso, o feito de que Joan de Gaia cite a Martin Moxa, sendo el un autor tardío do ámbito do conde Don Pedro de Barcelos, é un dos argumentos aducidos para defender a hipótese de que a cantiga Vós que soedes en corte morar (UC 879) é unha tençon entre o conde Don Pedro e de Martin Moxa.

  • 5

    Sinar-se é ‘persignarse, facer o sinal da cruz’.

  • 6

    A forma adverbial algur (talvez formación sobre algún coa influencia de alhur, que tamén debeu condicionar as formas nenlhur ~ nelhur; véxase UC/Glosario, s.v.) é verdadeiramente minoritaria en relación ao préstamo provenzal (alhur).

    Na lingua medieval, esterrar (<es + terra + -ar) é variante minoritaria fronte a desterrar (< des + terra + -ar).

  • 13

    A forma fui, xeral como PIde pretérito de seer (e de ir), é tamén forma de P3: a pesar de que en xeral se estabelece unha oposición P1 / P3, fui (<fŭī) / foi (<fŭĭt), pola acción metafónica de -ī final nalgúns pretéritos fortes (cfr. tamén fiz vs. fez, sive vs. seve, tive vs. teve etc.), foi pode ser tamén resultado de P1, o mesmo que fui aparece esporadicamente como forma de P3 (sen efecto metafónico, por tanto, ou con xeneralización analóxica de unha ou outra persoa).

  • 15

    É certamente inusual a aparición de grãadez (‘grandeza, liberalidade’) nos textos medievais (véxase CGPA, s.v.):

    Se fillou, e depois esto ar direi-vo-lo que fez:
    foi-ss' aa rua chorando e loand' a do bon prez,
    a Madre de Jhesus-Christo, por aquesta grãadez
    tan grande que feit' avia, e fez a todos chorar (CSM 258.47).

    Véxase tamén unha ocorrencia na Crónica de D. João I de Fernan Lopes:

    Como nobre senhor de rreall coraçom, em que nom soomente avomdava largueza de gramdes doões, mas aimda sse podia dell bem dizer que era huũ corremte rrio, de limpa e virtuosa graadez, com firme proposito, sem fazer tardamça, pos logo em sua voomtade, de rregar os coraçoões delles, das mui doçes aguas do agradeçimento.

  • 15-18

    Acollemos a harmónica estrutura interrogativa proposta na edición de Stegagno Picchio, que contrasta coa articulación das frases interrogativas nestes versos por parte de Michaëlis e mais os seguintes editores. Eis o texto michaëliano:
              U foi mesur’ ou grãadez? u jaz
              verdad’? u é quen á ‘migo leal?
    ​​​​​​​          que fui d’amor ou trobar? por quê sal
    ​​​​​​​          a gente trist’, e sol non quer cantar?
    A partir desta formulación, non é posíbel a segmentación gent’é (v. 18) que solicita a proposta da editora italiana.

  • 17

    O contexto aconsella a emenda da lección <sal>, tal como propón Setegagno Picchio, de maneira que o sentido sexa coherente a través da forma verbal fal, P3 do presente de indicativo de falir ‘faltar, fallar, errar’): ‘que foi do amor, ou por que falla o trobar?’. De todos os modos, son moi numerosas as pasaxes que nos cancioneiros presentan o erro <f>/<ſ> pola similitude formal de <f> co <s> alto.

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat