896 [= Tav 94,7 (= 157,7)]
[C]ativo, mal consellado

[C]ativo, mal consellado,
que me non sei consellar
e sempre viv’en cuidado,
pero non posso cuidar
cousa que me proe tenna
contra quen m’en coita ten;
ante cuid’eu que me venna
peor do que m’ora ven.
Cuid’est’, e cuido guisado,
ca me quis Deus aguisar
que sempr’amei desamado,
e faz-me sennor amar
tan de prez e que parece
tan ben que per parecer
e per prez outre merece
que a possa merecer.
Mais non am’eu per meu grado
nen ar cuid’a gradoar
d’Amor, que me ten forçado;
pero quero-m’esforçar,
con sén e con lealdade,
d’amar e seer leal,
e sennor tan sen maldade
non me fara sempre mal,
ca sempr’eu serei pagado
de quanto s’ela pagar,
e de fazer seu mandado
se m’ela quiser mandar,
como se me ben fezesse
assi como me mal faz,
ou ll’o meu amor prouguesse,
assi como lle despraz.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 
 

Manuscritos


A 304

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: 608-609); Stegagno Picchio (1968: 153-154 [= LPGP 624.625]); Littera (2016: II, 91-92).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 177); Machado & Machado (1960: VII, 68-89); Arbor Aldea (2016b).
III. Antoloxías: Sansone (1990: 278-280); Mongelli & Maleval & Vieira (1995: 51); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 128-129); Mongelli (2009: 61-62).

Variantes manuscritas


15 e] et A

Variantes editoriais


8 m’ora ven] m’or’aven Stegagno Picchio

Paráfrase


(I) Infeliz (de min), mal aconsellado, que non sei encontrar solución e vivo sempre con preocupación, mais non podo pensar en nada que me sexa de proveito contra quen me ten en coita; antes penso que me veña peor do que agora me vén.

(II) Penso isto e penso ben, pois Deus quixo dispor que sempre amei (e fun) desamado, e faime amar unha señora de tanto valor e que é tan fermosa que pola súa fermosura e polo seu valor merece que outro a poida merecer.

(III) Mais eu non amo pola miña vontade nin tampouco penso en me sentir agradecido de Amor, que me ten forzado; porén, quérome esforzar, con siso e con lealdade, en amar e ser leal, e señora tan sen maldade non me fará sempre mal, (IV) porque eu sempre me sentirei satisfeito de canto a ela lle agrade, e de cumprir o seu mandado se ela me quixer mandar algo, como se ela me fixese ben, así como me fai mal, ou o meu amor lle prouguese, así como lle desprace.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 7’a 7b 7’a 7b 7’c 7’d 7’c 7’d (= Tav 112:4)

Notas


Texto
  • *

    Copiada unicamente en A e sen correspondencia nos apógrafos italianos, a cantiga, como as dúas pezas seguintes deste ciclo (nº 897 e 898), debe ser da autoría de Martin Moxa, trobador a que BV lle atribúen o poema nº 887, que cerra ese breve ciclo de textos, Amor non qued’eu amando (B 895, V 480), polo menos no estado actual dos manuscritos.
    Repárese no artificio das rimas derivadas, recorrente en todos os versos das catro estrofas, que culmina cunha rima antitética nos dous versos finais.

  • 5

    Do lat. prode é regular a solución proe, que se rexistra moi minoritarimente, con todo, na lingua medieval, con clara desvantaxe con relación á solución prol, que é absolutamente maioritaria, tal como acontece no propio corpus trobadoresco, onde só hai outra atestación de proeDon Domingo Caorinha / non á proe / de sobir en[a] Marinha / Caadoe (1440.2).

  • 8

    A segmentación realizada por Stegagno Picchio na edición crítica de Martin Moxa semella errada (or'aven) por canto as rimas derivativas esixen o verbo viir (ven) por venna no verso anterior.

  • 15

    A grafía <et>, de presenza esporádica ao longo dos cancioneiros apógrafos italianos, nomeadamente no Cancioneiro da Vaticana, só ten unha moi limitada presenza no Cancioneiro da Ajuda, con dous rexistros no seu inicio (65 [A 2, B 92], v. 7; 82 [A 16, B 109], v. 3) e unha presenza máis maciza na parte final do cancioneiro: 1236 [A 283, B 1220, V 825], v. 10; 982 [A 289, B 980, V 567], v. 12; 997 [A 293, B 993bis, V 582], v. 3; 999 [A 295, B 995, V 584], vv. 2 e 9; 1000 [A 296, B 996, V 585], vv. 2, 7, 15 e 16; 994 [A 300, B 991, V 579], vv. 8, 10 e 15; 996 [A 301, B 993, V 581], v. 6; 894 [A 302], v. 4; 896 [A 304], v. 15. Na realidade, esta grafía para a copulativa debe ser posta en relación con outras grafías ou formas latinizantes que se detectan ao longo do corpus (véxase nota a 63.2).

  • 18

    O verbo gradoar ‘alegrarse, estar satisfeito, congratularse’, do lat. gratulāri, ten un uso limitado no corpus das cantigas: 100.2, 824.1, 896.18, 1065.28, 1139.4, 1174.13, 1268.1. Ausente da produción prosística (véxase CGPA, s.v.), só existe unha atestación nas Cantigas de Santa Maria:
              Ond’avẽo pois assy que en Beja, u morava
              un ome casado ben con sa moller que amava,
              almoxerife del Rey era el, e confiava
    ​​​​​​​          muit[o] en Santa Maria; mais avia gran tristura
    ​​​​​​​          Porque non podi’aver fillo de que gradoasse
    ​​​​​​​          e que pos sa mort’en seu aver erdeiro ficasse (CSM 224.25).

  • 32

    A formación verbal desprazer é documentación única no corpus das cantigas, aínda que presente nas Cantigas de Santa Maria (véxase Mettmann 1959-1972: IV, s.v. desprazer).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado