1298 [= RM 91,1]
Ai Deus, se sab’ora meu amigo

Ai Deus, se sab’ora meu amigo
com’eu senneira estou en Vigo,
e vou namorada!
Ai Deus, se sab’ora meu amado
com’eu en Vigo senneira manno,
e vou namo[rada!]
Com’eu senneira estou en Vigo
e nullas gardas non ei comigo,
e vou namorada!
Com’eu senneira en Vigo manno
e nullas gardas migo non trago,
e vou namorada!
E nullas gardas non ei comigo,
ergas meus ollos que choran migo,
e vou namorada!
E nullas gardas migo non trago,
ergas meus ollos que choran ambos,
e vou namorada!
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 1281, V 887, N 4

No Pergamiño Vindel os vv. 5-8 presentan lacunas textuais por deterioración do soporte.

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 443-444); Cunha (1999 [1956]: 371 [= LPGP 609-610]); Spaggiari (1980: 398-399); Fernández Guiadanes et alii (1998: 209); Cohena (2003: 516); Littera (2016: II, 80-81); Cohenb (2016c: 195); Monteagudo (2017: 56).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 302-303); Braga (1878: 166); Vindel (1915: IV); Oviedo y Arce (1917: 34-36); Bell (1923: 165-166); Nunes (1931: 25); Machado & Machado (1956: V, 394); Ferreira (1986: 132); Brea (1998: 98-99); Couceiro Pérez & Fontoira (1998: 24); Monteagudo (1998a: 96); Monteagudo (1998b: 113); Pena (1998a: 71); Pena (1998b: 88); Pena (1998c: 97); Montero Santalha (2004); Tavani (2014: 43).
III. Antoloxías: López-Aydillo (1914: 48); De las Casas (1928: 39); Seoane (1941: 92-93); Nemésio (1961 [1949]: 115); Fernández Pousa (1951: 90); Piccolo (1951: 177); Varela Jácome (1953: 13); Nunes (1959: 357-358); Álvarez Blázquez (1975: 159-160); Torres (1977: 156); Correia (1978: 72); Reckert & Macedo (1980: 154); Gonçalves & Ramos (1983: 263); Alvar & Beltrán (1989: 339-340); Pena (1990: 145-146); Sansone (1990: 184); Jensen (1992: 214); Delgado León (1996: 101-102); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 157); Diogo (1998: 244); Morán (1999: 46-47); [Morán] (2001: 51); Arias Freixedo (2003: 594-595); Alvar & Talens (2009: 560).

Variantes manuscritas


2 senneira] senlheyra BV   4 ora meu amado] ora o meu amado BV   5 senneira] sēlheira B : senlheira V   7 senneira] sēlheira B : senlheyra V   8 nullas gardas non ei] nēlhas guardas nō sō BV   10 senneira] sēlheira B : senlheira V   11 gardas] guardas BV   13 gardas non ei] guardas nō e BV   16 gardas] guardas BV

Variantes editoriales


2 senneira] senlheyra Spaggiari   5 en Vigo senneira] senlheyra en Vigo Spaggiari   7 senneira] senlheyra Spaggiari   8 gardas] guardas Nunes, Spaggiari   10 senneira en Vigo] en Vigo senheira Nunes : en Vigo senheyra Cunha : senlheyra en Vigo Spaggiari   11 gardas] guardas Nunes, Spaggiari   13 gardas] guardas Nunes, Spaggiari   16 gardas] guardas Nunes, Spaggiari

Paráfrasis


(I) Ai Deus, se sabe agora o meu amigo como eu soa estou en Vigo, e vou namorada!

(II) Ai Deus, se sabe agora o meu amado como eu en Vigo soa estou, e vou namorada!

(III) Como eu soa estou en Vigo e non teño comigo quen me garde, e vou namorada!

(IV) Como eu soa en Vigo me acho e quen me garde non traio comigo, e vou namorada!

(V) E non teño comigo quen me garde, agás os meus ollos que choran comigo, e vou namorada!

(VI) E quen me garde comigo non traio, agás os meus ollos que choran ambos, e vou namorada!

Métrica


Esquema métrico: 6 x 9’a 9’a 5’B (= RM 26:100)

Notas


Texto
  • *

    Esta cantiga é a cuarta da secuencia seriada que a crítica considera no conxunto das sete cantigas codaxianas (véxase nota a UC 1295).

    Martin Codax desvíase máis unha vez da rixidez na aplicación da técnica do leixa-pren en combinación co paralelismo literal. Dúas circunstancias resultan irregulares nesta cantiga (véxase Arias Freixedo 2018: 131-133). Coa base do v. 2, unha aplicación ríxida do leixa-pren faríanos esperar: com’eu senneira en Vigo manno no v. 5, por medio da alternancia de lugar dos vocábulos da parte final do verso, segundo o modelo na fontana fria / na fria fontana. Porén, os tres relatores envían un texto en que se dá unha troca de vocábulos da primeira parte do verso para a segunda e viceversa (com’eu en Vigo senneira manno), o que vai conta a aplicación habitual da técnica do leixa-pren.

    Con todo, aínda considerando que neste v. 5 o xograr introduce unha variante na técnica do leixa-pren, non se resolve o problema, xa que no v. 10, correlato paralelístico do v. 5, os tres manuscritos envían unha variante que si se axusta á ortodoxia desta técnica: com’eu senneira en Vigo manno (N, v. 10).

    Perante esta situación, achamos actuacións editoriais diversas. Celso Cunha mantén no v. 5 a orde vocabular que envían os manuscritos (com’eu en Vigo, senheyra manho), e no v. 10 emenda a lección dos relatores regularizando a orde vocabular segundo a do v. 5. Por súa parte, Spaggiari regulariza tamén a secuencia dos versos correlatos, mais, ao contrario que Cunha, corrixe o v. 5 segundo o v. 10: com’eu senlheyra en Vigo manho. Non obstante, a maioría dos editores, porén, optan por respectar a suposta irregularidade na técnica paralelística transmitida polos tres relatores N, B e V.

    Pola nosa parte consideramos que non é posíbel termos a certeza de se neste caso estamos perante variantes de autor ou erros de transmisión. Constatamos, si, que a hipotética irregularidade na orde vocabular dos vv. 5 e 10 orixina unha asimetría entre os catro versos paralelísticos (vv. 2, 5, 7, 10). Neste caso, ao contrario do que acontece con outras variantes consideradas pola crítica posíbeis ‘desvíos’ da norma, non parece haber unha razón poética que xustifique tal asimetría, polo que é probábel que esteamos perante un erro de transmisión que se remontaría a un antecedente común aos tres testemuños. A nosa hipótese é que a primeira parte dos vv. 5 e 10 debía ser idéntica e que esa suposta irregularidade tería de ser emendada na edición crítica. Porén, como se viu, hai dúas posibilidades de regularizar os dous versos. De aplicarmos con rixidez a mecánica do leixa-pren, os catro versos (2, 5, 7 e 10) terían unha primeira parte idéntica, no relativo á orde vocabular: com’eu senneira N / com’eu senlheyra BV.
    No entanto, se apelarmos ao carácter ‘heterodoxo’ do xograr Martin Codax, a orde mantida na edición de Cunha sería a máis axeitada, pois sen romper a simetría dos pares de versos correlatos (2/7 - 5/10) si implica unha alternancia de vocábulos entre a primeira e a segunda parte do verso, que xa de por si supón unha notábel variación sobre esta técnica do paralelismo: Com’eu senneira estou en Vigo (vv. 2, 7) vs. Com’eu en Vigo senneira manno (vv. 5, 10).

    Perante esta incerteza, optamos por non intervir en ningún sentido sobre a versión enviada polos manuscritos, pois non é seguro cal das dúas posibilidades de emenda restauraría a versión primixenia.

    Ademais, igual que acontece con UC 1295, percíbese un ambivalente ton expresivo da voz poética, entre exclamativo e interrogativo, especialmente nas dúas primeiras estrofas.

    Por outra parte, como na maioría das cantigas de Martin Codax (véxanse tamén UC 12951296, 1297, 1300), está presente, en maior ou en menor medida, a rima asoante ou toante, que se rexistra nun grupo significativo das cantigas de amigo (ou similares), todas elas de teor tradicionalizante. Véxanse diversas composicións de Don Denis (583584585586606609), Fernan Rodriguez de Calheiros (647), Nuno Fernandez Torneol (656), Joan Soarez Coelho (704), Afonso Sanchez (781), Paai Gomez Charinho (813839), Meendinho (848), Airas Nunez (864870), Roi Fernandiz de Santiago (903), Pero Gonçalvez de Portocarreiro (920922), Nuno Porco (1130), Joan Zorro (11611163116511661167116811691170), Pero Meogo (1204120512061208), Martin de Giinzo (12871288128912901291), Fernand’Esquio (1314).

  • 2

    A forma maioritaria no corpus das cantigas, derivada de singularium, é senlheiro/a, con evolución regular da secuencia [ng’l] a [nʎ] (véxase Ferreiro 1999 [1995]: §91b). Porén, nesta cantiga de Martin Codax aparece senneira, o seguinte paso evolutivo da secuencia [nʎ] a [ɲ] (cfr., por exemplo, ŭngŭlam > unlla > uña). Neste sentido, tal como acontece con algunhas evolucións do Cancioneiro da Ajuda, que presenta formas máis evoluídas, tamén o Pergamiño Vindel presenta a evolución máis avanzada, o mesmo que en gardas (v. 8). Véxase Ferreiro 2018a: 175.

  • 4

    Nótese a espuria presenza do artigo nas leccións de BV, que, con todo, transmiten correctamente o íncipit da cantiga.

  • 8

    Tal como acontece con senneira, tamén gardas supón o seguinte paso evolutivo da secuencia [gwa-], que acabou consolidándose en galego máis tardiamente co resultado [ga-].

  • 13

    Neste verso de novo aparece a diverxencia ei / é entre N vs. BV, tal como xa acontecía noutra cantiga codaxiana (véxase nota a 1296.1).

  • 14

    Fronte á forma preposicional de uso xeral ergo (‘excepto’), a variante ergas concéntrase nas cantigas de amigo (cunha única excepción en 1590.10), pois só existen cinco rexistros neste xénero; deles, catro corresponden a Martin Codax (1298.14, 17; 1300.14, 17).
    A estas ocorrencias nas cantigas de amigo aínda debemos acrecentar a súa presenza nun refrán en Joan Lopez d’Ulhoa:
              erga-lo meu, querria
              morrer oj’este dia (715.r1).

    Certamente, a variante ergas procede de ergo, coa adición do -s adverbial e refacción da forma por analoxía con outras antigas do tipo foras ou nuncas, a semellanza do que aconteceu co adxectivo certo, que xerou o adverbio medieval certas (véxase Ferreiro 1999: 352). Na realidade, a forma ergas ficou practicamente confinada ao ámbito literario da cantiga de amigo, e case exclusiva de Martin Codax, pois en toda a produción prosística medieval só conseguimos localizar nove ocorrencias de tal voz, todas elas en textos iniciais do século XIII, o que demostra o apagamento de ergas na lingua común, sen dúbida presionada pola variante latina ergo, máis prestixiosa, ou polas restantes formas sinonímicas (véxase CGPA, s.v.)1 .

  1. ^

    Con todo, existen cinco atestacións da variante analóxica erga (inducida por outros adverbios como fora, nunca..., mais sen -s adverbial), que sobrevive até o final da Idade Media, a teor da súa aparición entre 1262 e 1432.

Buscar
    Sin resultados