923 [= RM 128,1]
Ai meu amig’e meu senhor

Ai meu amig’e meu senhor
e lume destes olhos meus,
por que non quer agora Deus
que vós ajades tal sabor
de viver migo,
qual eu ouv’i,
des que vos vi,
de viver vosc’, amigo?
E terria por gran razon,
pois que vos eu tal amor ei,
d’averdes oje, qual eu ei,
coita no vos[s]o coraçon
de viver migo,
qual [eu ouv’i,
des que vos vi,
de viver vosc’, amigo].
O que me aquesta coita deu
por vós foi, [e] Deus, que me fez,
Ele me guise algũa vez
que tal coita vos veja eu
de viver migo,
[qual eu ouv’i,
des que vos vi,
de viver vosc’, amigo].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscrits


B 920bis, V 508

Edicions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 239 [= LPGP 855-856]); Calderón Calderón (1996: 339); Cohen (2003: 324); Littera (2016: II, 396).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 185); Braga (1878: 97); Machado & Machado (1953: IV, 279-280).

Variants manuscrites


1 amig’e meu senhor] amigo uemeu señ V   2 e] He B : he V   4 vós] non B   5 migo] virgo B   6 qual] q̄l V   7 des que] Desti B   8 viver] uuj V; vosc’] uꝯ B : uꝯc V   9 por gran razon] toe g̃m raçō V   10 vos ei] uos / Eu B : uoz ei V   11 qual] q̄l V   12 coyta nouos / O coracon B : coyra /nouoso toeaçō V   14 qual] q̄l V   17 O] A BV   18 por vós foi, [e] Deus] Pᵉ uos a foy d’s B : p̃ uos a foy dã V   19 Ele me guise algũa] E se me gle alguna B : eseme g̃se alguā V   20 vos] uos BV   21 de] di V; migo] virgo B

Variants editorials


Nunes estabelece un refrán de dous versos eneasilábicos.

1 amig’e] amigo e Cohen, Littera   4 que vós ajades] que non ajades Nunes   5-8 de viver migo, / qual eu ouv’i, / des que vos vi, / de viver vosc’, amigo?] de viver migo, qual eu ouv’i / de viver vosco, des que vos vi? Nunes : de viver mig’, [amigo,] / qual eu ouv’y / desque vos vi: / de viver vosc’, amigo? Calderón Calderón : de viver mig’, [amigo,] / qual eu houv’i, / des que vos vi, / de viver vosc’, amigo? Littera   12 vos[s]o] voso Calderón Calderón   13-16 Véxanse vv. 5-8   17-18 O que me aquesta coita deu / por vós foi, [e] Deus, que me fez] O que me aquesta coita deu / por vós –á, foi Deus que me fez– Nunes : A que me aquesta coyta deu / por vos, a, foy Deus que me fez! Calderón Calderón : E que<n> me aquesta coita deu / por vós, se foi Deus que mho fez Cohen : Ah, que[m] me aquesta coita deu / por vós, se foi Deus que mi [o] fez Littera   19 Ele me guise algũa] e[s]se me guis’ algũa Nunes : E se me guise alguna Calderón Calderón   21-24 Véxanse vv. 5-8

Paràfrasi


(I) Ai meu amigo e meu señor e lume destes ollos meus, por que non quere agora Deus que teñades o pracer de vivir comigo, como eu o tiven, desde que vos vin, de vivir convosco, amigo?    

(II) E consideraría gran razón, pois vos eu teño tal amor, que tivésedes hoxe, como eu teño, coita no voso corazón de vivir comigo, como eu o tiven, desde que vos vin, de vivir convosco, amigo.

(III) O que me deu esta coita por vós foi, e Deus, que me fixo, El me procure algunha vez que tal desexo vos vexa eu de vivir comigo, como eu o tiven, desde que vos vin, de vivir convosco, amigo.

Mètrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 4’C 4D 4D 6’C (cfr. RM 160:311)

Encontros vocálicos: 17 meaquesta; 19 guisealgũa

Notes


Text
  • *

    Baseándose na inversión dos dous hemistiquios do segundo verso, Nunes fornece un refrán biversal con emendas, cunha intromisión ecdótica inxustificada:

    de viver migo, qual eu ouv’i,
    de viver vosco, des que vos vi?

    De calquera modo, o feito de os versos do refrán apareceren dispostos en dúas liñas en BV non debe condicionar a súa estrutura, en xeral marcada pola rima e cunha combinación métrica certamente orixinal no conxunto trobadoresco.

  • 4

    O sentido da pasaxe evidencia o erro <nō>/<uos> que se detecta na copia de B (fronte á lección correcta de V, neste caso); en calquera caso, este erro pode verse noutra pasaxe en BV (1152.7).

  • 5

    Na copia do primeiro verso do refrán das estrofas I (v. 5) e III (v. 21) aparece un notábel erro en B, que copiou <virgo> en lugar do correcto migo, transmitido por V. O Cancioneiro da Biblioteca Nacional presenta, pois, o erro <uir>/<mi>, que se pode observar tamén en 933.1 (migo <uirgo> B, <migo> V), ou en 1476.24 (virdes <virdes> B, <mides> V).
    Tanto Calderón Calderón como Littera optaron, sen necesidade, por integrar amigo neste verso, á procura da simetría no refrán:

     de viver mig’, [amigo]
     qual eu ouv’i,
     des que vos vi,
     de viver vosc’, amigo?

  • 10-11

    Nótese a repetición da palabra rimante (ei) nestes dous versos, feito que, en principio, constitúe unha anomalía na métrica trobadoresca, sen relación con algúns artificios construtivos na rima. Tal reiteración rimática obsérvase esporadicamente ao longo do corpus: 14.48-50 (poderia), 524.9-11 (ei), 704.7-8 (eles), 734.19-20 (i), 783.22-23 (son), 821.16-17 (al), 838.7-11 (é), 879.19-20 (al), 926.22-25 (ei), 935.18-20 (i), 1034.7-9 (quiser), 1043.14-15 (al), 1329.15-21 (vista), 1354.r1-r2, 1366.12-15 (i), 1387.10-14 (treedor), 1388.1-7 (talharon), 1400.23-24 (arteira), 1470b.12-13 (én), 1477.23-25 (ali), 1506.2-3 (cantar), 1535.18-21 (i), 1540.14-18 (i), 1549.19-20 (én), 1633.8-14 (capa).

  • 17-18

    Tal e como os apógrafos italianos transmitiron o texto, nestes dous versos, son necesarias diversas actuacións editoriais para tentar restabelecer o texto, polo menos unha hipótese críbel e posíbel de traballo.

    En primeiro lugar, cómpre emendar a maiúscula inicial (<A>), con moita frecuencia errada nestes cancioneiros.

    Por outra parte, no v. 18 achamos que é necesario corrixir a lección manuscrita mediante a expunción de <a>, elemento adventicio que con certa frecuencia se acha nos apógrafos, quer en perífrases verbais (véxase nota a 55.17) quer introducindo erroneamente un CD (véxase nota a 68.1), ou aínda, e para alén destes casos, sen unha función definida: B (77.8), B vs. V (778.11), V vs. B (497.7, 785.6, 1681.10), BV (1663.2). Así, e recorrendo á integración dunha copulativa, tamén con frecuencia omitida nas copias dos códices, fica un texto semántica e ecdoticamente aceptábel:

    O que me aquesta coita deu
    por vós foi, [e] Deus, que me fez, 
    Ele me guise ...

    Para alén desta opción editorial, sería tamén posíbel unha outra lectura que recupere a partir da secuencia <uos a> de BV o posesivo vos[s]a, de modo similar ao que acontece no v. 12 con vosso, coas leccións <uos / O> B, <uoso> V. Deste modo, ficaría tamén unha sintaxe correcta e cun sentido que acae ben ao desenvolvemento da cantiga: ‘Deus concedeume esta coita por mor de vós (como vosa)':

    O que me aquesta coita deu
    por vos[s]a foi Deus, que me fez:
    Ele me guise ...

    No entanto, nalgunhas edicións precedentes introdúcese a exclamación ah! no v. 8 a partir dese elemento <a> de BV (Nunes, Calderón, Littera), feito que leva asociadas diversas emendas. Velaí o texto en Cohen:

    E que<n> me aquesta coita deu
    por vós, se foi Deus que mho fez,
    Ele me guise ...

    Nesta liña, aínda sería posíbel unha outra fixación textual que seguise literalmente os manuscritos, embora cun alto grao de artificio que non condí co teor da composición:

    Aque-me aquesta coita deu
    por vós. Ah! foi Deus, que me fez,
    Ele me guise ...

  • 19

    A presenza de -n- na forma manuscrita <alguna> é simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxicade /ũ/, o mesmo que noutras voces que se rexistran, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta): así, <bona> bõa e, esporadicamente, <poner> põer, <(h)una> ũa, <capaton es> çapatões, <certano> certão, <dona> dõa, <lontano> loução, <lunar> lũar, <mano> mão, <pardonar> perdõar, <poner> põer, <uano> vão, <ueno> vẽo, <uilano> vilão. Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b.

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat