870 [= RM 14,5]
Bailemos nós ja todas tres, ai amigas

Bailemos nós ja todas tres, ai amigas,
so aquestas avelaneiras frolidas,
e quen for velida como nós, velidas,
se amigo amar,
so aquestas avelaneiras frolidas
verra bailar.
Bailemos nós ja todas tres, ai irmanas,
so aqueste ramo destas avelanas,
e quen for louçana como nós, louçanas,
se amigo amar,
so aqueste ramo destas avelanas
verra bailar.
Por Deus, ai amigas, mentr’al non fazemos,
so aqueste ramo frolido bailemos,
e quen ben parecer como nós parecemos,
se amigo amar,
so aqueste ramo, sol que nós bailemos,
verra bailar.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscripts


B 879, V 462

Editions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 235); Tavani (1993 [1963]: 112 [= LPGP 122]); Cohen (2003: 317);Littera (2016: I, 128).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 170); Braga (1878: 87); Machado & Machado (1953: IV, 209-210); Fernández Pousa (1954: 27); Vieira & Morán Cabanas & Souto Cabo (2015: 35).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: III, 32-33); Pellegrini (1928: 29-30); Cidade (1941: 14); Seoane (1941: 26-27); Nemésio (1961 [1949]: 144-145); Fernández Pousa (1951: 86); Piccolo (1951: 137-138); Varela Jácome (1953: 17); Nunes (1959: 293); Oliveira & Machado (1959: 103); Martín Gaite & Ruíz Tarazona (1972: 93); Spina (1972: 357); Álvarez Blázquez (1975: 23); Landeira Yrago (1975: 122); Torres (1977: 446); Correia (1978: 208); Reckert & Macedo (1980: 184); Fiúza (1981: 74-76); Gonçalves & Ramos (1983: 311); Beltrán (1987: 54); Dobarro Paz et alii (1987: 14); Ferreira (1988: 68-69); Alvar & Beltrán (1989: 351); Pena (1990: 182-183); Sansone (1990: 286); Ferreira (1991: 90-91); Jensen (1992: 30); Alonso Girgado (1992: 25); Pena (1993: 103); Delgado León (1996: 82-83); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 21); Vieira (1996: 33); Diogo (1998: 211); Vallín (1999: 7); Morán (1999: 27); [Morán] (2001: 23); Arias Freixedo (2003: 301-302); Alvar & Talens (2009: 574); Souto Cabo (2017: 59); Corral Díaz & Vieira (2023: 167, 225).

Manuscript variants


2 frolidas] floridas V   3 nós] uos B   5 so aquestas] So / So aq̅ tas B; frolidas] trolidas V   6 verra] nr̄a B : ūra V   7 irmanas] irma(d)\n/as V   9 louçana] loucaua B : loucana V; como nós, louçanas] como enos loucanas BV   11 so aqueste] Soa aq̄ste B : so a aqueste V   13 mentr’] mēt B   14 frolido] florido V   15 nós] uos B   17 ramo] ramo’ B : ramos V   18 verra] u’rā V

Editorial variants


4 amigo] amig’ Nunes   7 irmanas] irmãas Nunes   8 avelanas] avelãas Nunes   9 quen] que Tavani; louçana] louçãa Nunes; louçanas] louçãas Nunes   10 amigo] amig’ Nunes   11 avelanas] avelãas Nunes   16 amigo] amig’ Nunes   17 sol que] so l[o] que Nunes

Paraphrase


(I) Bailemos agora nós as tres, ai amigas, baixo estas abeleiras floridas, e quen for belida coma nós, belidas, se amigo amar, baixo estas abeleiras floridas, virá bailar.

(II) Bailemos agora nós as tres, ai irmás, baixo o ramo destas abeleiras, e quen for louzá coma nós, louzás, se amigo amar, baixo o ramo destas abeleiras, virá bailar.

(III) Por Deus, ai amigas, mentres non facemos outra cousa, bailemos baixo este ramo florido, e quen sexa fermosa como somos nós, se amigo amar, baixo este ramo, apenas nós bailemos, virá bailar.

Metrics


Esquema métrico: 3 x 11’a 11’a 11’a 6B 11’a 4B

Notes


Text
  • *

    Esta cantiga de amigo é unha reelaboración poética da cantiga 1171, de Joan Zorro, que só conta con dúas estrofas. Estas foron seguidas de forma case literal por Airas Nunez, sobre todo a primeira:
              Bailemos agora, por Deus, ai velidas,
              so aquestas avelaneiras frolidas,
              e quen for velida como nós, velidas,
              se amigo amar,
              so aquestas avelaneiras frolidas
              verra bailar.

     

              Bailemos agora, por Deus, ai louvadas,
              so aquestas avelaneiras granadas,
              e quen for loada come nós, loadas,
              se amigo amar,
              so aquestas avelaneiras granadas
              verra bailar.
    Con efecto, a estrofa III de Airas Nunez presenta un diferente desenvolvemento, máis afastado da repetición paralelística das dúas primeiras. De todos os xeitos, é unha verdadeira cantiga de seguir ou contrafactum elaborado sobre a cantiga de Joan Zorro, “da que toma a estrutura, motivos temáticos e reutiliza o refrán” (González 2012e: 225).

    Ademais, o dístico inicial presenta rima asoante ou toante (véxase tamén nota á cantiga 870), que se rexistra nun grupo significativo das cantigas de amigo (ou similares), todas elas de teor tradicionalizante, como as de Don Denis (583, 584, 585, 586, 606, 609), Fernan Rodriguez de Calheiros (647), Nuno Fernandez Torneol (656), Joan Soarez Coelho (704), Afonso Sanchez (781), Paai Gomez Charinho (813, 839), Meendinho (848), Roi Fernandiz de Santiago (903), Pero Gonçalvez de Portocarreiro (920, 922), Nuno Porco (1130), Joan Zorro (1161, 1163, 1165, 1166, 1167, 1168, 1169, 1170), Pero Meogo (1204, 1205, 1206, 1208), Martin de Giinzo (1287, 1288, 1289, 1290, 1291), Martin Codax (1295, 1296, 1297, 1298, 1300) ou Fernand’Esquio (1314).

  • 2

    Esta cantiga concentra un número importante de voces con -n- intervocálico (avelaneiras, irmanas, avelanas, louçana) que, xunto con outras (amena, arena, avelanal, avelanedo, fontana, Granada, granado, manhana, mano,pino, sano, venia), aparecen con frecuencia nas cantigas de amigo, mostrando a conservación de -n- intervocálico, sen dúbida como elemento arcaizante propio deste xénero (véxase Ferreiro 2008b). A ocorrencia destas formas é moi esporádica noutro tipo de composicións (véxase 429.r8 e 473.4).

  • 5

    Tanto neste verso como no v. 14, na copia do Cancioneiro da Vaticana aparece a variante florido/a que remite a unha concorrencia de formas que se manifestaba na lingua medieval (frol, fror, flor) e que chega ao galego moderno. De calquera modo, nótese a presenza de frol e fror no seo dunha mesma composición de Paai Gomez Charinho (véxase cantiga 813).

  • 15

    Este verso é dodecasilábico, hipermétrico por tanto, mostrando unha irregularidade de medida que por veces se encontra en cantigas de amigo de factura tradicional (ou tradicionalizante).

Search
    No results