1168 [= Tav 83,6]
Mete el-rei barcas no rio forte

Mete el-rei barcas no rio forte;
quen amigo á que Deus lho amostre:
ala vai, madre, o[n]d’ei suidade.
Mete el-rei barcas na Estremadura;
quen amig’á que Deus lho aduga:
ala vai, madre, [ond’ei suidade].
 
 
 
 
5
 

Manuscritos


B 1156, V 758

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 352); Cunha (1999 [1949]: 245 [= LPGP 573]); Cohen (2003: 392); Littera (2016: II, 28).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 263); Braga (1878: 143); Bell (1920: 61); Machado & Machado (1956: V, 246); Alvar (1969: 74-75).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: II, 101); Nemésio (1961 [1949]: 140); Nunes (1959: 363); Álvarez Blázquez (1975: 226); Landeira Yrago (1975: 291); Reckert & Macedo (1980: 165); Fiúza (1981: 63-64); Gonçalves & Ramos (1983: 308); Beltrán (1987: 66); Pena (1990: 171); Jensen (1992: 182); Pena (1993: 100); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 136); Diogo (1998: 248).

Variantes manuscritas


1 barcas] barq̅s BV   4 barcas] barq̅s B : barq̃s V; Estremadura] < + >madura B : est̃ / madura V   5 quen] om. B; Deus] dō V   6 ala vai madre] na uay mad̃(*) V

Variantes editoriais


1 Mete] Met’ Cunha   2 amigo] amig’ Cunha, Littera   3 madre] madr’ Cunha   4 Mete] Met’ Cunha   5 amig’á] amig[o] á Nunes   6 madre] madr’ Cunha

Paráfrase


(I) Bota o rei barcos no río profundo; quen ten amigo que Deus llo mostre (de novo): alá vai, miña nai, aquel de quen teño saudade.
(II) Bota o rei barcos na Estremadura; que ten amigo que Deus llo traia (de volta): alá vai, miña nai, aquel de quen teño saudade.

Métrica


Esquema métrico: 2 x 9’a 9’a 9’B 

Encontros vocálicos: 1 Mete‿el-; 2 amigo‿á; 3 madre,‿o[n]d’; su·i·da·de; 4 Mete‿el-, na‿Estremadura; 6 madre,‿ond’; su·i·da·de

Notas


Texto
  • *

    En moitas das cantigas de Joan Zorro (véxanse tamén UC 1161116311651166116711691170), en maior ou menor medida, está presente a rima asoante ou toante que se rexistra nun grupo significativo das cantigas de amigo (ou similares), todas elas de teor tradicionalizante. Véxanse diversas composicións de Don Denis (583584585586606609), Fernan Rodriguez de Calheiros (647), Nuno Fernandez Torneol (656), Joan Soarez Coelho (704), Afonso Sanchez (781), Paai Gomez Charinho (813839), Meendinho (848), Airas Nunez (864870), Roi Fernandiz de Santiago (903), Pero Gonçalvez de Portocarreiro (920922), Nuno Porco (1130), Pero Meogo (1204120512061208), Martin de Giinzo (12871288128912901291)), Martin Codax (12951296129712981300), Fernand’Esquio (1314).

  • 3

    Suidade, do lat. solitatem, con evolución oi > ui é variante de aparición única no corpus, fronte a soidade. Ambas as variantes son metricamente cuadrisilábicas.

  • 4

    Estremadura alude á rexión portuguesa con Lisboa como capital.

  • 5

    O verbo aduzer ten unha conxugación paralela a dizer, de modo que o presente de subxuntivo é aduga, adugas etc. (< adducam etc.) tal como diga, digas etc.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado