1161 [= RM 83,11]
Quen vis[s]e andar fremosinha

Quen vis[s]e andar fremosinha
com’eu vi, d’amor coitada
e tan muito namorada
que chorando as[s]i dizia:
«Ai amor, leixedes-m’oje de so-lo ramo folgar
e depois treides-vos migo meu amigo demandar!».
Quen vis[s]e andar a fremosa
com’eu vi, d’amor chorando,
e dizendo e rogando,
por amor da Glori[o]sa:
«Ai amor, leixedes-[m’oje de so-lo ramo folgar
e depois treides-vos migo meu amigo demandar!]».
Quen lhi visse andar fazendo
queixumes d’amor d’amigo,
que avia sempre sigo,
e chorando assi dizendo:
«Ai amor, leixedes-m’o[je de so-lo ramo folgar
e depois treides-vos migo meu amigo demandar!]».
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscrits


B 1148a, V 751

Edicions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 346-347); Cunha (1999 [1949]: 233 [= LPGP 575]); Cohen (2003: 386); Littera (2016: II, 25).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 261-262); Braga (1878: 142); Bell (1920: 59); Machado & Machado (1956: V, 237); Alvar (1969: 48-51).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975: 227-228); Alvar & Beltrán (1989: 343); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 130); Arias Freixedo (2003: 562-563); Mongelli (2009: 143); Gutiérrez (2023: 193).

Variants manuscrites


1 vis[s]e] uise B : uile V   3 e] et V; tan moito] rā muy to B   6 e] et V; -vos] uos BV   7 a fremosa] asf’mosa B   8 com’eu] Comeo B; chorando] chorado V   9 e ... e] et ... et V   10 da Glori[o]sa] de glōsa B : da glosa V   13 visse] vis(s)e B : uile V   15 avia] ama BV; sempre] sep̃ V   16 e] om. V

Variants editorials


En Nunes e Cunha o refrán está composto por catro versos heptasilábicos (graves e agudos). 

1 vis[s]e] viss’ Cunha; fremosinha] fremosĩa Cunha, Cohen, Littera   3 muito] moito Cohen   4 chorando] chorand’ Cunha   5 so-lo] sô lo Littera   6 treides-vos] treide-vos Nunes   7 vis[s]e] viss’ Cunha   10 por amor da Glori[o]sa] por amo[res mui queixosa] Nunes   11 so-lo] sô lo Littera   13 vis[s]e] viss’ Cunha   15 avia] am[or] á Nunes : ama e Cunha   16 e] om. Cunha   17 so-lo] sô lo Littera

Paràfrasi


(I) Quen vise andar unha fermosiña como eu vin, de amor coitada e tan namorada que, chorando, así dicía: «Ai amor, deixádeme hoxe baixo a ramaxe folgar, e despois víndevos comigo o meu amigo buscar!».

(II) Quen vise andar a fermosa como a eu vin, de amor chorando, e dicindo e rogando, por amor da Gloriosa: «Ai amor, deixádeme hoxe baixo a ramaxe folgar, e despois víndevos comigo o meu amigo buscar!».

(III) Quen lle vise andar facendo queixumes por amor de amigo que sempre tiña consigo, e chorando dicindo así: «Ai amor, deixádeme hoxe baixo a ramaxe folgar, e despois víndevos comigo o meu amigo buscar!».

Mètrica


Esquema métrico: 3 x 7’a 7’b 7’b 7’a 15C 15C (= RM 160:429)

Encontros vocálicos: 1 vis[s]e‿andar; 4 chorando‿as[s]i; 7 vis[s]e‿andar; 10 Glo·ri·o·sa; 13 visse‿andar; 16 chorando‿assi

Notes


Text
  • *

    En moitas das cantigas de Joan Zorro (véxanse tamén UC 1163116511661167116811691170), en maior ou menor medida, está presente a rima asoante ou toante que se rexistra nun grupo significativo das cantigas de amigo (ou similares), todas elas de teor tradicionalizante. Véxanse diversas composicións de Don Denis (583584585586606609), Fernan Rodriguez de Calheiros (647), Nuno Fernandez Torneol (656), Joan Soarez Coelho (704), Afonso Sanchez (781), Paai Gomez Charinho (813839), Meendinho (848), Airas Nunez (864870), Roi Fernandiz de Santiago (903), Pero Gonçalvez de Portocarreiro (920922), Nuno Porco (1130), Pero Meogo (1204120512061208), Martin de Giinzo (12871288128912901291)), Martin Codax (12951296129712981300), Fernand’Esquio (1314).

  • 1

    A existencia de voces acabadas en -inho/-inha en rima con alternancia da grafía con vogal nasalizada <ĩ> ou <ỹ> con <inh> ou <ynh>) demostra que xa no século XIII se consolidara na lingua o desenvolvemento da nasal palatal1 : bainha - galinha (469.7-8 <baynha> B - <galỹa> B); aginha - campinha - espinha (478.9-13 <a gỹa> BV - <canpynha> BV - <espinha> B, <es pinha> V); arminhos - vinhos - martinhos - mesquinhos (489.25-29 <ar minhos> B, <arminhos V> - <vỹos> BV - <maʳcmhos> B, <maʳtinhos> V - <mesqⁱnhos> BV), martinhos - vinhos (494.25-26 <Martinhos> B, <martinhos> V - <vyõs> B, <vỹos> V); manselinho - caminho (864.26-27 <mãselinho> B, <manselinho> V - <camỹo> BV); cortinha - cozinha - aginha - farinha (1460.19-23 <cortinha> BV, <cozĩa> B, <coziã> V - <agĩa> B, <agiã> V - <farinha> BV), toucinhos - ansarinhos (1537.11-12 <roncinhꝯ> B - <anssarĩꝯ> B); mezquinho - Cogominho - martinho (1579.11-14 <mezq̄nho> B - <cogomiõ> B - <m’tinho> B); vinho - mininho (1584.19-20 <vỹo> B - <mininho> B); sobrinho - vinho (1660.7-8 <sobrĩo> B, <sobriõ> V - <vinho> B, <uinho> V); vinho - meninho (1682.8-10 <uinhu> V - <menĩo> V). 
    Algo similar acontece nas Cantigas de Santa Maria, onde, para alén das variacións existentes entre os catro manuscritos2 , nas súas rimas tamén se percibe a convivencia e alternancia das solucións -inno/-ĩo ~ -inna/-ĩa (tamén con <y>) nas rimas ao longo de toda a obra3 Archetecrỹo - vinno (CSM.23.3-4), camỹo - menỹo - festinno (CSM 43.45-47), velloçinna - mesquinna - Reỹa (CSM 75.18-20), meezỹas - reỹas - mesquinnas (CSM 89.31-34), menynnos - pequenỹos (CSM 89.70-72), camỹo - pastorynno - menỹo (CSM 102.17-19), Reynna - menỹa - cortynna (CSM 105.7-11), carpynnas - reynnas - meezỹas (CSM 105.98-102), mesquĩa - tĩia - aginna (CSM 114.21-23), aginna - tiinna - Reynna - meezỹa (CSM 115.186-191), Menynno - festỹo - furadynno (CSM 136.28-30), pastorynno - festỹo - fremosỹo (CSM 145.40-42), mesquỹa - ovellỹa - agỹa (CSM 147.16-20), festynno - camỹo - velocỹo (CSM 147.40-44), vynno - mesquynno - minỹo (CSM 149.58-60), Reynna - agỹa (CSM 158.25-26), mesquynna - Reynna - agỹa (CSM 167.30-32), Minỹa - Reynna (CSM 180.2-4), agynna - menynna - fremosynna - mesqỹa (CSM 195.39-44).
    Neste verso de Joan Zorro a forma fremosinha é transmitida coa unánime lección <fremosinha> de BV, en rima con dizia (v. 4), razón que quizais levou a Cunha e Cohen a estabelecer a grafía fremosĩa, que polos antecitados datos se revela errada.

  • 1-4

    A rima fremosinha - dizia forma parte do conxunto de rimas imperfectas ou defectuosas que se achan no corpus trobadoresco profano, concretamente ao grupo destas rimas relacionadas coa presenza / ausencia de consoante nasal ou con equivalencia entre elementos nasais. Véxanse unha - espunlha (427.5-6), avia : viinha (721.17-19), longe : oje (1174.15-17), faça : boança (1414.5-7), Nazareno : lenho (1576.1-2), cento : Nazareno : lenho (1576.6-8), caneno : Nazareno : lenho (1576.12-14), mensonha : corõa (1633.23-27). Cfr. notas a 104.34-35, 206.4-6, 383.19-20, 453.5-6, 698.5-6 e 1118.10-12.

  • 3

    Obsérvese a variante moito de V, concorrente con muito en B, cancioneiro a que concedemos prioridade.

  • 5

    O encontro sŭb-ĭllum desembocou en so-lo (tal como ŭbī-ĭllum derivou en u-lo, forma sobrevivente en galego), que só se rexistra en cantigas de amigo (659, 864, 922), talvez como máis outra marca de teor arcaizante. Nos restantes xéneros foi regularizado este encontro, que presenta a forma so~su o(s)/a(s) (véxase Glosario, s.v. so). Neste sentido, a presentación formal de Littera (sô lo) non é axeitada, por canto suxire unha simple conservación da consoante lateral do artigo.

  • 6

    Nas cantigas trobadorescas aparece unha forma imperativa treide (< trahĭte) e o presente, con valor imperativo, treides (< trahĭtĭs) que son restos arcaicos da conxugación do verbo trahĕre, na súa forma clásica (despois substituído por *tragere > med. trager; véxase Ferreiro 1999: §220a). Fóra da cantiga 1471 (véxase nota aos vv. 4 e 16), treide e treides só se atesta en oito cantigas de amigo: 679.3, 757,11161.6, 1289.1 e 6, 1297.1 e 4, 1299.2, 5, 7 e 10, 1302.1, 1303.2, 5 e 8.

    Alén da lírica profana, hai dúas ocorrencias de treides nas Cantigas de Santa Maria:

    Ai, moller, treides oge mig’ a un logar (CSM 216.23).

    E depois aa tornada, quando chegou a Carron,
    hũa sa filla lle disse: «Treides, se Deus vos perdon,
    albergar mais adeante a hũas choças que son
    preto de nosso camỹo, | e y podemos jazer» (CSM 278.24).

    Na prosa só localizamos unha ocorrencia na Demanda do Santo Graal: Senhor, diss’el, pois treides migo (cfr. CGPA, s.v. treides).

  • 7

    O erro de copia en B (<aſf’mosa>) vén inducido pola confusión <ſ>/<f> pola semellanza entre <s> alto e <f>.

  • 15

    Nótese o erro <m>/<ui>, que presenta unha especial incidencia en B, con erros de copia, entre outros, como os seguintes: <aman> avian (272.14), <mimes> viimos (481.1), <mui> vivi (562.19), <mandar> vi andar (591.1), <ama> avia (655.16, 1162.8, 1172.6), <muj> vivi (798.3), <namo> navio (1163.7), entre outros.

  1. ^

    Non achamos discordancias entre B e V polo estreito parentesco dos dous apógrafos italianos.

  2. ^

    Aínda que na derradeira edición das Cantigas feita por Mettmann (1986-1989) aparecen niveladas as rimas en -ỹa e –ĩa; véxase, por exemplo, como os manuscritos diverxen en Catelinna ~ Catelỹa e Madodinna ~ Madodĩa en rima con Reỹa e meezỹa en CSM 54.68 e 78.

  3. ^

    Limitamos os exemplos ás primeiras duascentas cantigas.

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat