7 [= RM 13,1]
Mia senhor, vin-vos rogar

– Mia senhor, vin-vos rogar,
por Deus, que ar pensedes
de mí, que en gran vagar
trouxestes e tragedes,
e cuido-m’avergonhar;
se vos prouguer, devedes
oj’a mia barva a onrar,
que sempr’onrada sol andar,
e vós non mi aviltedes.
– Cavaleiro, i aviltar
nunca ja m’oiredes;
mais leixemos ela estar,
e desso que dizedes
[............................ -ar]
[........................ -edes]
sol non penso de vos amar
nen pensarei, a meu cuidar,
máis desto que veedes.
– Mia senhor, eu vos direi
de mí como façades:
o por que vos sempr’amei
per ren non mi-o tenhades,
e semp[re] vos servirei:
se m’oj’avergonhades,
fazede como sabor ei
e dade-m’al i, e ir-m’-ei,
e non me detenhades.
– Cavaleiro, non darei;
pero, se vos queixades,
mui ben vos conselharei:
ide-vos, que tardades,
que, por que vos deterrei
u ren non adubades?
Pero desejos averei
de vós, e endurar-mi-os-ei
atá quando ar venhades.
– Mia senhor, a meu saber,
máis aposto seeria
quererdes por min fazer
como eu por vós faria,
ca eu por tanto d’aver
nunca vos deterria;
mais non poss’eu dona veer
que assi and’a meu plazer
como lh’eu andaria.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 
 
 
 
35
 
 
 
 
40
 
 
 
 
45

Manuscritos


B 7

Edições


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 639-641 [= LPGP 117-118]); Lopes (2002: 22-23); Miranda (2004: 143-144); Cohen (2010b: 15-16); Littera (2016: I, 120-121).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 9-10); Machado & Machado (1949: I, 45-46), García (2001: 15-16); González (2015a: 147-149); Rios Milhám (2017: I, 7).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 243-244).

Variantes manuscritas


1 rogar] roguar B   3 gran vagar] tam gram uagar B   5 cuido-m’avergonhar] cuidomeu auergonhar B   7 oj’a mia barva a onrar] Oio mha barua e ouirar B   8 onrada] ouirada B   11 ja] om. B   12 ela] ia ela B   14-15 om. B   17 a meu] amen B   31 ide-vos] Jdeuꝯ B   37 a meu] amen B

Variantes editoriais


1 vos] vus Michaëlis; rogar] roguar Miranda   3 gran] tan gran Michaëlis : tan gram Lopes, Miranda   5 m’] m’eu Michaëlis, Lopes, Miranda   6 vos] vus Michaëlis   7 oj’] oje Miranda   9 vós] vos Miranda; mi aviltedes] mi-a viltedes Michaëlis : mi a viltedes Lopes, Cohen, Littera   10 i] ja Michaëlis, Lopes, Littera : om. Cohen; aviltar] viltar Lopes, Littera   11 nunca] -[la] nunca Cohen, Littera; ja] om. Michaëlis, Lopes, Cohen, Littera; m’] m’[a] Michaëlis, Lopes   12 ela] [ja] ela Michaëlis, Lopes; (ia) ela Miranda   13 e desso] ed esso Michaëlis   13-15 ... / ... / e desso que dizedes Cohen   16 vos] vus Michaëlis   19 vos] vus Michaëlis   21 vos] vus Michaëlis   23 vos] vus Michaëlis   26 dade-m’al] dade mal Michaëlis, Miranda; i] om. Michaëlis, Lopes, Littera; e] ou Lopes   28 non] non [o] Michaëlis : nõn’[o] Lopes   29 vos] vus Michaëlis   30 vos] vus Michaëlis   31 vos] vus Michaëlis   32 que] Ca Michaëlis, Cohen; vos] vus Michaëlis   36 quando] quand(o) Michaëlis; ar] ar i Miranda   38 seeria] seria Cohen, Littera   40 como] com(o) Michaëlis   42 vos] vus Michaëlis   44 que assi] c’assi Lopes; plazer] prazer Michaëlis, Cohen

Paráfrase


(I) –Miña señora, víñenvos rogar, por Deus, que vos lembredes de novo de min, xa que me tivestes e aínda me tendes agardando, e penso que me hei avergoñar diso. E, se vos prouguer, debedes hoxe honrar a miña persoa, que adoita sempre andar honrada, e non me deshonredes vós.  

(II) –Cabaleiro, ofender a vosa persoa nunca me ouviredes, mais deixémola estar, e diso que dicides [...] non penso en amarvos nin o pensarei, coido eu, máis do que agora vedes.  

(III) –Miña señora, direivos eu como debedes proceder ao meu respecto: a razón por que sempre vos amei non a tomedes como algo insignificante, e sempre vos servirei. Se hoxe me avergoñades, obrade segundo o meu desexo e dádeme outra cousa, e marcharei, e non me deteñades.  

(IV) –Cabaleiro, tal non vos darei, mais, se vos queixades, moi ben vos aconsellarei: ídevos, que xa tardades, pois para que vos ía reter onde non conseguides nada? Mais terei desexos de vós, e soportareinos até que veñades outra vez.  

(V) –Miña señora, ao meu entender mellor sería que quixésedes facer por min o que eu faría por vós, pois eu non vos retería por tan pouca cousa; mais eu non sei de muller que se comporte segundo os meus desexos como eu lle faría. 

Métrica


Cantiga de amor dialogada, do tipo de mestría. O texto está constituído por cinco coblas doblas de nove versos anisosilábicos, sendo o primeiro, o terceiro e o quinto heptasílabos agudos; o segundo, cuarto, sexto e noveno hexasílabos graves, e os dous restantes (vv. 7 e 8) octosílabos agudos.
Esquema métrico: 5 x 7a 6’b 7a 6’b 7a 6’b 8a 8a 6’b (= RM 62:1)
Encontros vocálicos: 9 miaviltedes; 10 iaviltar; 12 elaestar; 22 mi-‿o; 35 -mi-‿os; 36 quandoar; 38 see·ri·a; 40 comoeu

Notas


Texto
  • 3

    A hipermetría do verso, partindo da imposibilidade de realizar sinalefa no encontro queen (Ferreiro 2009), só pode ser resolvida coa expunción de tan, elemento que ás veces ten unha presenza inxustificada no texto (cfr. 118.6, onde se debe omitir tan muito de B).

  • 5

    De novo un elemento como eu fai hipermétrico o verso. É por isto que, para a correcta medida do verso, só é necesaria a expunción de eu, que con frecuencia aparece espuriamente introducida no texto: así se verifica nos apógrafos italianos (B vs. A: 74.5, 85.16, 177.9, 282.10, 306.9; BV vs. A: 420.14 e 17; V vs. B: 1597.1), mais tamén, por exemplo, nunha ocasión en A (vs. B), en 228.7.

  • 7-9

    Nótese a alusión á barba como símbolo da honra ou como elemento utilizado para aviltar unha persoa no mundo medieval. Cfr. Ca a sua barua he muyto onrada et nu͂ca foy uiltada ne͂ uençuda (Lorenzo 1975: I, 628).

  • 9-12

    A existencia da variante viltar (468.17) faría posíbel a consideración de a como pronome no v. 9, tal como estabeleceron a maioría dos editores, talvez inducidos pola lección <mha uiltar>. Porén, parece preferíbel aviltar polo feito de que no v. 10 se debe estabelecer i aviltar (a partir da lección <ia uiltar>), dado que a eventual consideración de ja viltar sería contraproducente coa repetición de ja no v. 11 (o elemento, que está ausente neste verso, localízase no seguinte, en que torna o verso hipérmetro: estamos, quizais, perante un erro do copista, que altera a posición do vocábulo en dous versos paralelos). Deste modo, resólvense naturalmente os problemas métricos dos vv. 11-12, evitándose as emendas, con frecuencia artificiosas, dos editores precedentes.

  • 12

    En función de complemento directo, o pronome ela, como as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), pode aparecer sen preposición, como forma libre, con algunha frecuencia na lingua trobadoresca.

  • 13

    A consideración dunha hipotética forma ed para a copulativa e (< ĕt) é errada por parte de Michaëlis, que a introduciu tamén, a partir dunha falsa segmentación, en 42.20 e 54.22, talvez por influencia da variante contextual ed (perante vogal) da copulativa en italiano.

  • 26

    O sentido esixe a segmentación de <mal> como m’al, dun modo similar a como acontece noutras pasaxes trobadorescas que mostran como os poetas utilizaban a paronomasia desta secuencia (véxase nota a 375.4 e 975.18). Do mesmo modo, a métrica esixe a manutención do adverbio i, presente no manuscrito.

  • 32

    Á vista da existencia das variantes que e ca como conxuncións causais, así como a continua alternancia que se percibe na lingua trobadoresca, non se entende por que Michaëlis e Cohen transforman que en ca.

  • 44

    Lopes converte en hipométrico o verso coa emenda c’assi (cunha crase certamente discutíbel, véxase nota a 82.10), que carece de toda explicación.
    Por outra parte, neste verso rexístrase a forma plazer (verbo ou nome), sen dúbida minoritaria en relación a prazer (véxanse tamén 9.120.23, 62.3102.11412.29, 924.3 e 1624.1, así como a variante de V en 576.2). Esta variante fonética para o tratamento do grupo latino pl- debe ser relacionada coa evolución doutros grupos, como cl- e fl-, que, para alén do resultado [ʧ͡], ofrecen, nalgúns vocábulos, como resultado diverxente, a solución rotatizada cr-, pr- e fr-; neste sentido, convén insistir na frecuencia con que no territorio galego-portugués alternan as solucións  cr-/cl-, pr-/pl- e fr-/fl- pola vacilación fonética [ɾ] ~ [l] nestes grupos. Así, a carón do xeral preito, achamos un caso de pleito (434.13) e mais o sistemático planeta (1340.2, 3, 8, 12 e 27; 1451.23); por súa vez, sendo clerigo forma única, existe vacilación entre clerizia (1340.11, 1497.36) e crerezia ~ crerizia (888.43, 917.3); por último, fronte ao maioritario frol e fror, rexístrase tamén flor (113.15, 517.17, 551.16, 585.1 e 4, 864.19, 866.2), para alén do antropónimo Flores (530.9, 772.10).

Procurar
    Não foram encontrados resultados