I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 861 [= LPGP 93]); Marcenaro (2013: 82); Littera (2016: I, 57).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 139); Machado & Machado (1950: II, 166); Rios Milhám (2018b: III, 342).
4 morrerei] moirerey B
6 eu] em Littera
(I) Infeliz, sempre pensarei e penso, así Deus me perdoe! E tamén penso moito para min que por pensar morrerei, e penso moito na miña señora: tamén penso eu en ter o seu amor.
Esquema métrico: 8a 8b 8b 8a 8c 8c (= RM 160:319)
Este texto forma parte do conxunto de composicións fragmentarias ou cantigas monoestróficas de Afonso Meendez de Beesteiros (véxase nota á cantiga 340).
Nótese, por outra banda, a presenza do verbo cuidar en todos os versos da cantiga.