1071 [= Tav 22,1]
A Bonaval quer’eu, mia senhor, ir

A Bonaval quer’eu, mia senhor, ir
e des quand’eu ora de vós partir
os meus olhos non dormirán.
Ir-m’-ei, pero m’é grave de fazer,
e des quand’eu ora de vós tolher
os meus olhos non [dormirán].
Toda via ben sera de provar
de m’ir, mais des quand’eu de vós quitar
os meus olhos non dor[mirán].
 
 
 
 
5
 
 
 
 

Manuscritos


B 1069, V 660

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 427); Indini (1978: 124 [= LPGP 163]); Littera (2016: I, 153).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 233); Braga (1878: 126); Machado & Machado (1956: V, 86); Camargo et alii (1992: 33); Vieira & Morán Cabanas & Souto Cabo (2015: 39).
III. Antoloxías: Seoane (1941: 35); Filgueira Valverde (1969: 17); Álvarez Blázquez (1975: 18); Landeira Yrago (1975: 115); Ferreira (1988: 45); Alvar & Beltrán (1989: 151); Ferreira (1991: 29); Jensen (1992: 58); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 33); Alvar & Talens (2009: 392); Souto Cabo (2017: 65).

Variantes manuscritas


2 eu] en V   4 fazer] f’azer B

Variantes editoriais


3 dormirán] dormiran Nunes, Indini   6 dormirán] dormiran Nunes, Indini   9 dormirán] dormiran Nunes, Indini

Paráfrase


(I) A Bonaval quero eu ir, miña señora, e desde o momento en que eu afastar os meus ollos non non dormirán.
(II) Ireime, aínda que me custa facelo, e desde o momento en que eu agora afastar os meus ollos non dormirán.
(III) Aínda así será ben probar a irme, mais desde o momento en que eu de vós afastar os meus ollos non dormirán.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10a 8B (= Tav 26:75)

Notas


Texto
  • 1

    Bonaval refírese a S. Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela.

  • 3

    Os meus olhos cumpren unha dupla funcion sintáctica nas tres cobras, pois funcionan como CD de partir (estrofa I), tolher (estrofa II) e quitar (estrofa III), ao mesmo tempo que suxeito de non dormirán no refrán.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado