1143 [= RM 22,16]
Rogar-vos quer’eu, mia madr[e] e mia senhor

Rogar-vos quer’eu, mia madr[e] e mia senhor,
que mi non digades oje mal se eu for
a Bonaval, pois meu amig’i ven.
Se vos non pesar, mia madre, rogar-vos-ei,
por Deus, que mi non digades mal, e irei
a Bonaval, pois meu [amig’i ven].
 
 
 
 
5
 

Manuscritos


B 1141, V 732

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 331); Indini (1978: 170 [= LPGP 170]); Cohen (2003: 367); Littera (2016: I, 158).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 256); Braga (1878: 139); Machado & Machado (1956: V, 209); Berardinelli (1985: 20); Camargo et alii (1992: 51).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: III, 15-16); Seoane (1941: 36); Filgueira Valverde (1969: 18); Álvarez Blázquez (1975: 20); Diogo (1998: 229-230).

Variantes manuscritas


1 quer’eu] querou V

Variantes editoriais


En Nunes, a configuración estrófica é diferente:

     Rogar-vos quer[o] eu, mia madr’e mia senhor,
     que mi non digades oje mal 
     se eu for a Bonaval, 
     pois meu amigu’i ven.

     Se vos non pesar, mia madre, rogar-vos-ei,
     por Deus que mi non digades mal, 
     e irei a Bonaval, 
     pois meu amigu’i ven.

Tamén na edición de Indini:
     Rogar-vos quer[o]-eu, mha madr’e mha senhor,
     que mi non digades oje mal 
     se eu for 
     a Bonaval, 
     poys meu amigu’i ven.

     Se vos non pesar, mha madre, rogar-vos-ey,
     por Deus, que mi non digades mal, 
     e hirey 
     a Bonaval, 
     poys meu [amigu’i ven].

1 quer’eu, mia madr[e] e mia senhor] quero [e]u, mia madr’e mia senhor Littera

Paráfrase


(I) Quérovos rogar, miña nai e miña señora, que non me maldigades se eu vou a Bonaval, pois o meu amigo alí vén.

(II) Se non vos pesa, miña nai, rogareivos, por Deus, que non me maldigades, e irei a Bonaval, pois o meu amigo alí vén.

Métrica


Esquema métrico: 2 x 12a 12a 10B 

Notas


Texto
  • 1

    Aínda que nalgunha cantiga se produce a crase da copulativa e no apelativo mia madr’e mia senhor (935.11, 1259.2), tamén se rexistra a forma plena de madre, con independencia métrica da copulativa: mia madre e mia senhor (707.4). É por isto que, tendo en conta a hipometría derivada da lección dos manuscritos, parece preferíbel a restauración vocálica de madre, que respecta a división en hemistiquios do verso, ao tempo que mantén o ritmo poético con acento sistemático na 5ª sílaba.

  • 3

    Bonaval refírese a San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado