682 [= Tav 75,22]
Vistes, madre, quando meu amigo

Vistes, madre, quando meu amigo
pôs que verria falar comigo:
oje dia cuidades que venha?
Vistes u jurou que non ouvesse
nunca de min ben se non veesse:
oje dia cuidades que ve[nha?]
Viste-las juras que jurou enton,
que verria sen mort’ou sen prison:
oje dia cuidades [que venha?]
Viste-las juras que jurou ali,
que verria, e jurou-as per mí:
oje dia cuidades que venha?
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 666, V 269

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 92 [= LPGP 497]); Cohen (2003: 153); Littera (2016: I, 569-570).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 101-103); Braga (1878: 52); Machado & Machado (1952: III, 339).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 82); Landeira Yrago (1975: 147); Torres (1977: 16); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 115).

Variantes manuscritas


1 quando] q̄ndo B   2 verria] ueiria B   4 jurou] uirou V   5 se non] serō V   7 jurou] mi iurou BV   8 verria] veiria B   11 verria] ueiria B : uema V

Variantes editoriais


7 que jurou] que mi jurou Cohen

Paráfrase


(I) Vistes, madre, cando o meu amigo acordou que viría falar comigo: hoxe pensades que veña?

(II) Vistes cando xurou que non recibise nunca ben de min se non viñese: hoxe pensades que veña?

(III) Vistes os xuramentos que xurou entón, que viría agás en caso de morte ou de prisión: hoxe pensades que veña?

(IV) Vistes os xuramentos que xurou alí, que viría, e xurounos por min: hoxe pensades que veña?

Métrica


Esquema métrico: 4 x 9’a 9’a 9‘B (I-I [= Tav 26:92]) + 10a 10a 9’B (III-IV [= Tav 26:74])

Notas


Texto
  • 3

    A expresión adverbial oje dia ‘hoxe, no día de hoxe’, só presente nesta cantiga, convive coa formulación xeral no corpus trobadoresco, que inclúe o demostrativo (oj’este dia, 520.7, 715.4, 983.7, 1288.1, 1467.5), mais que pode aparecer tamén con interpolacións (cfr. 736.5 Se oj’el este dia / soubesse, migo iria).

  • 7

    O paralelismo co v. 10 (jurou enton / jurou ali) aconsella a expunción de mi neste verso, que o convertería en hipermétrico, situación que se produce tamén noutras pasaxes en que o pronome aparece de forma espuria. Véxase, por exemplo, 191.10, onde a lección de A mostra como se debe eliminar a forma <mj> presente en B.

  • 8

    Enténdase: ‘que viría agás que morrese ou estivese encarcerado’.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado