705 [= Tav 79,2]
Ai Deus, a Vó-lo digo

Ai Deus, a Vó-lo digo:
foi-s’ora o meu amigo,
e se o verei, velida?
Quen m’end’ora soubesse
verdad’e mi dissesse,
e se o verei, velida?
Foi-s’el mui sen meu grado
e non sei eu mandado,
e se o verei, velida?
Que fremosa que sejo
morrendo con desejo,
e se o [verei, velida?]
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 690, V 292

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 112-113 [= LPGP 525]); Cohen (2003: 175); Littera (2016: I, 614-615).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 117); Braga (1878: 56); Machado & Machado (1952: III, 365-366).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 87); Álvarez Blázquez (1975: 119); Torres (1977: 181); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 127).

Variantes manuscritas


11 morrendo] moirendo B

Variantes editoriais


2 ora o] or’o Nunes

Paráfrase


(I) Ai Deus, a vós volo digo: foise agora o meu amigo, e vereino eu, belida? 

(II) Quen soubese agora a verdade diso e ma dixese, e vereino eu, belida?

(III) Foise el contra a miña vontade e non recibo noticias del, e vereino eu, belida?

(IV) Que fermosa estou, morrendo de desexo, e vereino eu, belida?

Métrica


Esquema métrico: 4 x 6’a 6’a 7’B (= Tav 26:122)

Encontros vocálicos: 2 ora‿o

Notas


Texto
  • 3

    Obsérvese, máis unha vez, como a copulativa introduce a interrogación no refrán, feito frecuente ao longo do corpus. Cfr., por exemplo, e que farei eu, louçãa? (694.r). Cfr. nota a 3.21

  • 10

    A forma sejo, P1 de presente indicativo de seer, resultado da conxugación regular de sĕdēre neste tempo (sĕdĕō, sĕdes etc.), compite desvantaxosamente cos resultados de sŭm (> son) e *sono (> sõo, soo) (véxase Ferreiro 1999: §218b).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado