853 [= RM 8,4]
Ora entend’eu quanto me dizia

Ora entend’eu quanto me dizia
a mia senhor ca era guisado,
ca inda lh’eu muito graceria
o de que lhi nunca ouvera grado,
po-la amar e servir doado,
como fez ora Sancha Garcia,
que me fezo tornar ond’eu ia.
 
 
 
 
5
 
 

Manuscritos


B 857, V 443

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 268 [= LPGP 100]); Lopes (2002: 116); Negri (2012: 156); Littera (2016: I, 65).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 165); Braga (1878: 84); Machado & Machado (1953: IV, 184);  Montero Santalha (2004).

Variantes manuscritas


2 senhor] ssenor B   3 eu] en V; graceria] graçeria B : grazeria V

Variantes editoriais


3 ca inda] c’ainda Lopes   4 nunca ouvera] nunc(a) ouvera Nunes : nunc’houvera Littera

Paráfrase


(I) Agora entendo eu que era acertado canto me dicía a miña señora: que aínda eu lle agradecería moito aquilo polo que eu nunca lle mostrara recoñecemento, por amala e servila de balde, tal como fixo agora Sancha Garcia, que me fixo tornar cando eu me ía.

Métrica


Esquema métrico: 9’a 9’b 9’a 9’b 9’b 9’a 9’a (= RM 80:1)

Encontros vocálicos: 1 Oraentend’; 4 nuncaouvera

Notas


Texto
  • *

    Esta composición é, probabelmente, incompleta: parece estrofa dunha cantiga de escarnio, tal como apunta o seu contido.

    A cantiga de Paez de Braga parece inspirarse no escarnio se m’el-rei dess’algo ja m’iria, de Lopo Lias (UC 1372), de que toma a métrica, as rimas e o aparecemento do nome da dona no texto (véxase González 2012e: 225).

  • 3

    A forma reducida inda do adverbio ainda, en xeral precedida de ca1 , atéstase por veces no corpus (67.21, 68.12, 1093.3, 1099.13), a convivir coa maioritaria ainda e a esporádica einda (cfr. nota a 70.9). En calquera caso, a autonomía métrica de ca impide unha crase c’ainda, proposta na edición de Lopes.
    Por outra banda, e se non for un erro de copia, é de notar a variante fonética graceria, do verbo gracir, forma con disimilación a partir de graciria (presente en 663.5 e 7).
     

  • 6

    Non foi identificada2 a dona Sancha Garcia citada nesta breve composición, sen que sexa posíbel máis do que aludir á Sancha presente en tres composicións de Pero Garcia Burgales (179, 197, 198).

  1. ^

    Nestes contextos a variante ainda provocaría unha sinalefa anómala coa conxunción comparativa (véxase Ferreiro 2012b).

  2. ^

    Véxase unha hipótese de identificación (Sancha Garcia de Paiva) en Lopes & Ferreira & al. (2011-: http://cantigas.fcsh.unl.pt [consult. 25-3-2020]).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado