1392 [= RM 125,19]
Maria Balteira, por que jogades

Maria Balteira, por que jogades
os dados, pois a eles descreedes?
Ũas novas vos direi, que sabiádes:
con quantos vos conhocen vos perdedes,
ca vos direi que lhis ouço dizer:
que vós non devedes a descreer,
pois dona sodes e jogar queredes.
E, se vos daquesto non castigades,
nulh’ome non sei con que ben estedes,
pero mui boas maneiras ajades,
pois ja daquesto gran prazer avedes
de descreerdes; e direi-vos al:
se vo-lo oir, terrá-vo-lo a mal
bon ome e nunca con el jogaredes.
E nunca vós, dona, per mí creades,
per este descreer que vós fazedes,
se en gran vergonha pois non entrades
algũa vez con tal om’e marredes,
ca sonharedes nos dados enton
e, se descreerdes, se Deus mi perdon,
per sonho, mui gran vergonça averedes.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


B 1374 (f. 293v, cols. a-b), V 982 (f. 156v, cols. a-b)
[Cantiga de Escarnio e mal dizer]

Edições


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 556); Blasco (1984: 237 [= LPGP 820]); Lopes (2002: 406); Marcenaro (2012b: 351); Littera (2016: II, 368-369).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 336); Braga (1878: 185); Michaëlis (2004 [1896-1905]: 251-252); Fernández Pousa (1953: 30); Machado & Machado (1958: VI, 109-110).
III. Antoloxías: Tavares & Miranda (1987: 61-62); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 203); Diogo (1998: 89); Magalhães (2007: 135); Ferreiro (2023a: 63).

Variantes manuscritas


1 jogades] logades B : rogades V   2 dados] dadus V   5 ouço] ouco B   9 nulh’ome] nullome B   10 mui] muytas BV   11 gran prazer] tam g̃m prazer B : tā gm̃ prazer V   13 terrá] teira B   18 algũa] alguan V; marredes] mairedes B : matredes V   19-20 nos ... / ... descreerdes] om. V   20 Deus] des V   21 vergonça] u’gonca B

Variantes editoriais


2 pois] [e] pois Littera   3 vos] vus Blasco   4 vos ... vos] vus ... vus Blasco   5 vos] vus Blasco   8 vos] vus Blasco   10 mui] muytas Blasco : muitas Marcenaro   11 ja] om. Lapa; gran prazer] tan gran prazer Lapa : tam gram prazer Blasco, Lopes, Littera   12 vos] vus Blasco

Paráfrase


(I) María Balteira, por que xogades aos dados, se os maldicides? Direivos unhas novas para que as saibades: póndesvos a mal con cantos vos coñecen, porque vos direi o que lles ouzo dicir: que vós non debedes falar mal deles (dos dados), pois dona sodes e xogar queredes.
(II) E se disto non vos corrixides, non coñezo ningún home con que poidades estar ben, aínda que teñades maneiras moi refinadas, pois tan gran pracer tendes de blasfemar; e direivos outra cousa: se volo escoita un home nobre terávolo a mal e nunca con el xogaredes.
(III) E nunca vós, dona, me creades, se por mor destas blasfemias que dicides despois non entrades algunha vez en gran vergoña con tal home e pasades a noite (con el), pois soñaredes cos dados entón e, se blasfemardes (durante o soño), así Deus me perdoe, no soño moi gran vergoña teredes.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10’a 10’b 10’a 10’b 10c 10c 10’b (= RM 101:36)
Encontros vocálicos: 3 sa·bi͜á·des; 13 -loo·ir; 14 omee; 20 *des·cre͜er·des; 21 vergonçaaveredes

Notas


Texto
  • *

    Esta cantiga está incluída no conxunto de composicións escarniñas de Pero Garcia Burgales (UC 1390-1403), feito indicado pola rúbrica que antecede UC 1390: Pero Garcia fez estas cantigas, e son d’escarnh’e de mal dizer.

  • 1

    O personaxe histórico de María Perez, chamada a Balteira, cuxa identificación histórica concreta aínda presente múltiplas dificultades e imprecisións (véxase García-Fernández & Pichel 2025), é obxecto de múltiplos escarnios no corpus profano galego-portugués. Nas cantigas aparece citada de diversas maneiras: Maria Perez en Fernan Velho (1523.1), Pero da Ponte (1654.1, 1565.2, 5 e 8), Pero Mafaldo (1532.1); Maria Balteira en Pero Garcia Burgales (1392.1), Joan Baveca (1479.6), Pero d’Ambroa (1584.4) e Pedr’Amigo de Sevilha (1681.3); ou, simplemente, Balteira en Afonso X (479.1), Vaasco Perez Pardal e Pedr’Amigo de Sevilha (1525.4 e 9; 1528.5, 16, 31 e 34) e mais Pero d’Ambroa (1607.1). Non obstante, en Pedr’Amigo de Sevilha comparecen Maria Balteira e Maria Perez (1675.1, 6), e nunha cantiga de Fernan Velho (1523.1 e 25) explicítase o apelativo de Balteira atribuído directamente a Maria Perez:

    Maria Perez se maenfestou
    noutro dia, ca por [mui] pecador
    se sentiu, e log’a Nostro Senhor
    pormeteu, polo mal en que andou,
    que tevess’un clerig’a seu poder
    polos pecados que lhi faz fazer
    o demo, con que x’ela sempr’andou.
    ......................................................

    E, pois que s’este preito começou
    antr’eles ambos, ouve grand’amor
    antr’ela sempr’[e] o demo maior
    atá que se Balteira confessou;
    mais, pois que vio o clerigo caer
    antr’eles ambos, ouv’i a perder
    o demo des que s’ela confessou.

  • 1-3

    A articulación destes versos é diferente en Lopes (e Littera, co v. 2 hipermétrico), que presenta un período enunciativo:

    Maria Balteira, porque jogades
    os dados, pois a eles descreedes,
    ũas novas vos direi, que sabiádes: / ...

    O xogo dos dados, que contrasta con outros xogos como o do xadrez ao asocialo en boa medida a disputas, blasfemias e alborotos, tiña unha valoración social baixa (véxase, por exemplo, Molina Molina 1999).

  • 2

    Nótese que o verbo descreer presenta rexencia coa preposición a, ao tempo que, para alén de ‘descrer’, presenta o valor de ‘amaldizoar, blasfemar’, ben perceptíbel nagunhas pasaxes das Cantigas de Santa Maria:

    Esta .LXI. é como Santa Maria guareceu ao que se torçera a boca porque descreera (CSM 48).

    Onde a un cavaleiro avẽo que muit’amava
    Santa Maria e sempre a ela s’acomendava;
    mais foi assi que un dia con outro dados jogava, 
    e porque perdeu a eles, descreeu mui feramente (CSM 174.10).

    Aqueste jograr jogava os dados, com’aprendi,
    e descreya tan muyto, que quantos seyan y
    foron en tan espantados que sse foron os mais d'y;
    mais el de viltar a Virgen e Deus sol non ss’enfadou (CSM 238.16).

    Por outra parte, é relativamente frecuente no Cancioneiro da Vaticana a presenza da terminación -us en voces en que é xeral a terminación -os (<dadus>); na realidade, esta grafía aparece case exclusivamente en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.

  • 8

    Lémbrese que, en xeral, na Idade Media castigar-se significa ‘emendarse, corrixirse’. Cfr. nota a 579.4.

  • 9

    Nótese a aparición en B da grafía <ll> en null(o), fronte a <lh> en V. Esta grafía é verdadeiramente frecuente neste indefinido nos apógrafos italianos, sobre todo en B. Así ocorre nos seguintes contextos, todos eles pertencentes a cantigas transmitidas unicamente por B (ou por AB): 39.2, 44.5, 55.18, 65.11, 12, 14 e 20, 66.16, 71.24, 72.3, 73.13, 74.28, 92.15, 94.3, 96.11, 97.5, 104.6, 107.9, 108.18, 111.7, 135.16, 152.9 e 12, 166.16, 235.18, 236.28. Ora ben, <ll> en nulho é grafía escasa no Cancioneiro da Vaticana, aínda que tamén se rexistra nalgunhas cantigas compartidas con B: 419.2, 701.13, 721.171 1516.6, 1609.18, 1643.10. Noutros casos, existe forma con <ll> ou con <lh> só nun dos apógrafos italianos: B vs. V (1040.6, 1533.6, 1580.12), V vs. B (362.6, 373.17).
    Estedes, do lat. stētis, é a P5 do presente de subxuntivo de estar.

  • 10

    A única maneira simple de reducir o verso a un decasílabo reside nunha emenda coa conversión de <muytas> en mui, a formar parte dunha construción presente no corpus: mui boas donas (305.3), mui boas donzelas (392.2). Non obstante, Marcenaro prefire considerar unha crase métrica en boas («Riteniamo che sia meno “invasivo” ipotizzare una crasi di boas, daleggersi quid come un monosillabo, respeto all’emenda di una lezione concorde»).

  • 11

    A hipermetría versal indica moi probabelmente que ja ou tan, elementos de escaso corpo fonético, se introduciron subrepticiamente no texto, como acontece con certa frecuencia. Véxase a mesma expunción de tan nun sintagma similar: *tan gran vagar (7.3).
    Neste caso, o acento na 4ª sílaba, sistemático en toda a estrofa, aconsella realizar a expunción de tan, tal como Marcenaro propón na edición crítica do cancioneiro de Pero Garcia Burgales.

  • 18

    Alén das formas do tipo <(h)unha>, nótese a excepcional indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de algũa en V a través da grafía <alguan>, con desenvolvemento gráfico da nasalidade de /ã/, similar á de <doando> dõado (545.15).
    A forma marredes é P5 do futuro de indicativo de maer ou mãer (do lat. manere), verbo que presenta un absoluto paralelo na conxugación con põer (< pŏnĕre), teer (< tĕnēre) e viir (< uĕnīre), todos eles coa mesma estrutura fonética, con -n- antecedendo a desinencia verbal (cfr. porredes, terredes, verredes).

  • 20

    En principio, o verso é hipermétrico, agás considerarmos unha violenta sinérese en descreerdes (porén, cfr. seer·des en 1328.14).

  1. ^

    Neste caso aparece <Nula> B (e <Nulla> en V), probabelmente por erro de copia no Cancioneiro da Biblioteca Nacional.

Procurar
    Não foram encontrados resultados