I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 163-164 [= LPGP 691]); Pousada Cruz (2013: 178-179); Littera (2016: II, 181-182).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 77); Carter (2007 [1941]: 46); Marques Braga (1945: 150-151); Machado & Machado (1949: I, 291-292); Camargo et alii (1995: 68-69); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 166).
1 encobrir] encorbrir B 3 ome oir] omoyr B 4 min] mj B 5 quer’eu ben tal] quirreu ben atal B 7 gracir] gracur B 13 m’ajan] mays an B 14 sandece] sandice B 16 nulla] nulla B 18 nen o meu coraçon] d’s nen meu coracon B 19 rogarei por én] rogarē pʳ eu B 20 me dé cedo dela] mj dedela cedo B 22 E] om. B 23 ca] q̄ B 26 me desama máis d’outra ren] q̄me desama mays de · ren B 27 Pero] <...> B
3 ome oir] om(e) oïr Michaëlis : hom’oir Littera 10 quanto] quando Michaëlis 20 dé] dê Michaëlis, Littera 24 amor] Amor Pousada Cruz
(I) Que ben sei eu ocultar a miña coita e o meu mal, que nunca ninguén mo pode ouvir; mais de que pouco me vale a min, pois eu non amo tal señora que se sinta no deber de algunha vez mo agradecer!
(II) Mais faga como quixer, porque eu sempre a servirei, e canto a puider manter en segredo de todas as maneiras a manterei, pois por que hei eu de dicir aquilo con que me poidan saber que grande insensatez cometín, (III) e da que non me ha librar ningunha cousa senón a morte, pois Deus, que ma fixo moito amar, non quere, nin o meu corazón? Mais a Deus rogarei por iso que me dea cedo ben dela, ou a morte, se esta situación me vai durar moito tempo.
(IV) E ben debo eu antes querer a miña morte que vivir así, pois Amor non me quere socorrer e a que eu sempre servín me desama máis que a calquera outra cousa. Mais fun un home insensato, porque marchei de onde ela está!
Esquema métrico: 8a 8b 8a 8b 8c 8c 8a (I, III [= RM 100:51]) + 8a 8b 8a 8b 8c 8c 8b (II, IV [= RM 101:54])
Encontros vocálicos: 3 mi-‿o, ome‿o·ir; 4 mi‿a; 7 mi-‿o; 17 mi-‿a
É totalmente desnecesaria a emenda michaëliana, que transforma o quanto orixinal en quando.
A voz sandice (vs. sandece e sandez) é maioritaria e típica dos apógrafos italianos, xa que no Cancioneiro da Ajuda a forma transmitida é sempre sandece. Así, por exemplo, en 386.4, 15, 16 e mais en 389.19 aparece sandece en A fronte a sandice en BV, e, mesmo, en B e V se producen erros obvios, xa que sandice aparece en rima con -ece (merece, crece, parece) en 1135.1 (BV), 1435.23 (V) e 1535.17 (B).
A utilización da grafía <ll> (vs. <lh>) de B para a lateral palatal sonora no corpus das cantigas só se rexistra esporadicamente nos cancioneiros apógrafos italianos no indefinido nulho/a; noutras voces a súa aparición é un fenómeno extraordinario, pois só se rexistran cinco ocorrencias dese tipo. Cfr. nota a 199.33.
O elemento máis só pode ser interpretado como adverbio de cantidade (os editores non distinguen graficamente máis / mais) para que o período sexa correcto sintacticamente e coherente do punto de vista da semántica.
A segmentación michaëliana para introducir a perífase aver + infinitivo resulta obrigada para facer emerxer o demostrativo esto, que recolle as varias circunstancias vitais do namorado descritas nos primeiros vinte versos: sofre coita de amor, que habilmente garda en segredo xunto coa identidade da amada, a pesar de que esta non lle corresponde nin llo agradece; Deus, que o forzou a amala, tampouco o libra da coita; por todo iso, vaille rogar a Deus que lle dea cedo o ben da dama ou a morte (perante a posibilidade de que esa situación se prolongue no tempo: se m’est’á durar). Polo contrario, un texto se m’esta durar, con verbo en futuro de subxuntivo, aínda que correcto do punto de vista da expresión, deixaría sen antecedente o demostrativo esta, que dificilmente se podería referir a coita (afastada no v. 2).
A teor dos datos subministrados polos cancioneiros, as conxuncións que e ca son intercambiábeis tanto en función causal como completiva. En liñas xerais, existe certa preferencia por ca en A (fronte a BV): 66.6, 84.6 e 15, 92.27, 94.20, 142.28, 166.23, 167.18, 170.10 e 27, 177.14, 178.24, 179.19 e 26, 249.5, 276.r2, 317.16, 320.8, 355.3, 430.13, 812.3, 980.8, 981.19 e 26, 984.6, 995.7. Mais tamén encontramos a preferencia inversa (que A, ca B): 68.19, 84.6, 94.20, 221.9. E, finalmente, aínda entre os propios apógrafos italianos se encontra tal variación: ca B vs. que V (725.22 e 1102.5) e mais nas cantigas 655.14 e 984.r2 en que a primeira versión presenta ca face á segunda con que1 .