545 [= RM 25,120]
Senhor, pois me non queredes

Senhor, pois me non queredes
fazer ben nen o teedes
por guisado,
Deus seja por én loado;
mais, pois vós mui ben sabedes
o torto que mi fazedes,
gran pecado
avedes de mí, coitado.
E, pois que vos non doedes
de min e sol non avedes
én coidado,
en grave dia fui nado;
mais, par Deus, senhor, seeredes
de min pecador, ca, vedes,
mui dõado
moir’e de vós non ei grado.
E, pois mentes non metedes
no meu mal nen corregedes
o estado
a que m’avedes chegado,
de me matardes faredes
meu ben, pois m’assi tragedes
estranhado
do ben que ei desejado.
E, senhor, sol non pensedes
que, pero mi morte dedes,
agravado
end’eu seja, mais pagado.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscritos


B 528b, V 131

Edicións


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 46-47 [= LPGP 233]); Nunes (1972 [1932]: 156-157); Littera (2016: I, 194-195).
II. Outras edicións: Moura (1847: 76-78); Monaci (1875: 55); Braga (1878: 26-27); Machado & Machado (1952: III, 115-116); Júdice (1997: 125); Montero Santalha (2004).

Variantes manuscritas


1 queredes] queredos V   15 dõado] doando B : doādo V   16 moir'e] moyte B   17 metedes] mecedes B   18 nen] nō BV; corregedes] coiregedes B   19-20 o estado / a que] O estado / O q̄ B : o esta da / q̄ V   23 estranhado] estranado B   28 end’eu] Ondeu B : ondeu V

Variantes editoriais


2 teedes] tẽedes Nunes   9 non] nen Nunes   11 coidado] cuidado Lang, Littera   15 dõado] doado Lang, Littera   27 agravado] aguardo Lang   28 end’eu seja, mais pagado] ond’eu seja mais pagado Lang

Paráfrase


(I) Señora, xa que non me queredes facer ben nin así o tendes disposto, Deus sexa loado por iso; (II) mais xa que vós sabedes moi ben a inxustiza que me facedes, cometedes un gran pecado comigo, coitado de min.

(III) E xa que non tendes dó de min e nin sequera pensades niso, en mal día nacín; (IV) mais, por Deus, señora, cometeredes un pecado comigo, porque, vede, morro de balde e sen o voso recoñecemento.

(V) E xa que non parades mentes no meu sufrimento nin mudades o estado a que me trouxestes, (VI) faredes moi ben en me matardes, xa que me traedes así tan lonxe do ben que desexei.

(VII) E, señora, nin pensedes sequera que, aínda que me deades a morte, eu me sinta agraviado por iso, senón moi satisfeito.

Métrica


Esquema métrico:  7 x 7’a 7’a 3’b 7’b (= RM 37:59)

Encontros vocálicos: 13 se͜e·re·des

Notas


Texto
  • *

    Esta cantiga presenta as estrofas ligadas sintacticamente de dúas en dúas, ficando isolada a estrofa final.
    O esquema métrico desta cantiga está inspirado pola composición Non me posso pagar tanto, nº 478, de Afonso X: «os oito primeiros versos da cantiga de Afonso X (...) formam (...) uma oitava bipartida sobre duas rimas, em versos de sete e duas sílabas, que coincide perfeitametne com a forma escolhida por D. Denis»; desta forma, o esquema dionisino corresponde ao esquema afonsino, «reduzido à oitava bipartida sobre duas rimas», ámbito onde se acrecentan aínda máis as coincidencias, pois as palabras rimantes pecado, doado, grado e pagado son utilizadas tamén por Don Denis (véxase Gonçalves 2016 [1992]: 229-230).

  • 13

    A forma verbal seeredes (con hiato etimolóxico só nesta cantiga e mais en 457.2 e 1327.21) computa sempre como trisilábica, igual que seredes, o cal demostra que, en xeral, este tipo de hiatos son estritamente gráficos. Cfr. nota a 90.15.

  • 13-14

    No refrán desta cantiga aparece a inusual construción seer pecador de, isto é, ‘ser causa do sofremento de (pecar contra alguén)’, que só reaparece en Fernan Paez de Tamalancos (50.2-3), Nuno Fernandez Torneol (168.r) e Fernand’Esquio (1310.16). 

  • 15

    Nótese a excepcional indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de dõado en B a través dunha consoante nasal implosiva (<doando>).

  • 28

    O sentido esixe a correción do frecuente erro <o>/<e> para restaurar a forma pronominal ende.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado