I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 276-277); Rodríguez (1980: 210 [= LPGP 377-378]); Cohen (2003: 560); Littera (2016: I, 454).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 219-220); Braga (1878: 118); Machado & Machado (1956: V, 22-23); Fernández Pousa (1959: 250).
III. Antoloxías: Fidalgo (2009: 106).
9 fazer] farer B 13 nós] uos B 15 fiz] fix B
1 di’aqui] dia ‘qui Nunes, Cohen 4 vos] vós Rodríguez 15 fiz] fix Cohen
(I) Amigo, viñéstesme rogar un día aquí sobre un asunto, e non vos fixen nada daquilo porque pensaba que non estaba ben; mais, xa que insistides tanto niso, quéroo facer e non farei nada máis (dese asunto), mais vós protexédeme a min e a vós de mal.
(II) Vós dicides que non queredes o que sexa mao para min, e ben pode ser así, pero eu non quixen cumprir o voso rogo; mais, xa que diso tendes un gran desexo, quéroo facer e non farei nada máis (dese asunto), mais vós protexédeme a min e a vós de mal.
(III) Ben sabedes como falamos nós e como vós me rogastes iso que eu sei, e non o fixen; mais co medo que teño, amigo, de saír perdendo eu contra vós, quéroo facer e non farei nada máis (dese asunto), mais vós protexédeme a min e a vós de mal.
(1) E, se vós fordes amigo leal, protexeredes a vosa señora de mal.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:77) + 10c 10c
Os pronomes mí e vós, formas tónicas oblicuas, son utilizados como CD sen preposición (guardade mí e vós), feito frecuente no corpus das cantigas.
Coidamos que a lección <fix> de B (vs. <fiz> de V) pode ser un erro <x>/<z> de copia, que se rexistra máis veces nos apógrafos italianos: 484.5 fez (<ffez> B, <ffex> V), 487.30 voz (<uoz> B, <uox> V), 495.2 praz (<prax> B, <praz> V), 563.23 prez (<prex> B, <prez> V), 567.4 fez (<fez> B, <fex> V), 572.13 faz (<fax> B, <faz> V), 575.4 diz <dix> B, <diz> V), 1190.1 Fez (<Fez> B, <Fex> V), 1369.3 dez (<dez> B, <dex> V), 1556.5 rapaz (<rapax> B, <rapaz> V), 1598.24 paz (<par> B, <pax> V) etc. É diferente o caso de formas verbais con terminación en -s1 , como prix, pux, quix, así como o do provenzalismo fix (véxase nota a 20.9)2 .