1122 [= RM 122,2]
Deu-lo sabe, coitada vivo máis ca soia

Deu-lo sabe, coitada vivo máis ca soia,
ca se foi meu amigo, e ben vi, quando s’ia,
ca se perderia migo.
E dissera-lh’eu, ante que se de min quitasse,
que se veesse cedo, e, se ala tardasse,
ca se [perderia migo].
E dissera-lh’eu, ante que se de min partisse,
que, se muito quisesse viver u me non visse,
ca se [perderia migo].
 
 
 
 
5
 
 
 
 

Manuscritos


B 1120 (f. 240r, col. b), V 711 (f. 114r, col. a)
[Cantiga de Amigo]

B non recolle a esperada copia (abreviada) do refrán na segunda estrofa, de modo que a apostila colocciana tornel foi colocada erroneamente no inicio do segundo hemistiquio do v. 5.

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 319-320 [= LPGP 803]); Cohena (2003: 351); Littera (2016: II, 330); Cohenb (2024: I, 63).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 251); Braga (1878: 136); Machado & Machado (1956: V, 180); Montero Santalha (2004r: nº 3); Cohen (2013: 4).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 299); Álvarez Blázquez (1975: 183).

Variantes manuscritas


5 veesse] (h) veesse B; ala] ela V   6 om. B   7 min] mi V

Variantes editoriais


En Nunes todos os versos da cantiga son divididos en dous versos curtos hexasilábicos graves.

5 veesse] vẽesse Cohenb

Paráfrase


(I) Deus sabe que vivo máis coitada do que adoitaba, porque se foi o meu amigo e ben vin, cando se ía, que se inimizaría comigo.

(II) E dixéralle eu, antes de que se fose de xunto a min, que viñese cedo e que, se alá tardase, que se inimizaría comigo.

(III) E dixéralle eu, antes de que partise do meu lado, que, se quixese vivir moito tempo onde non me vise, que se inimizaría comigo.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 13’a 13’a 7’B (= RM 26:35)

Notas


Texto
  • 8-9

    Obsérvese como se repite a conxunción completiva que tras unha frase parentética, coa particularidade de que se reitera coa forma ca, variante concorrente ao longo do corpus:

    E dissera-lh’eu, ...,
    que, se muito quisesse viver u me non visse,
    ca se [perderia migo].

Buscar
    Non se atopou ningún resultado