I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 292-293); Rodríguez (1980: 258 [= LPGP 377-378]); Cohen (2003: 578); Littera (2016: I, 464).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 225); Braga (1878: 121); Machado & Machado (1956: V, 44-45); Fernández Pousa (1959: 266).
2 averra] aueira B 4 quantos] quanto V; viir] mir V 11 todos] todo V 20 graci-lo-ei] g̃zi loey V
3 enmentre] en mentre Nunes, Cohen 14 atá] tá Nunes, Rodríguez 19 E] om. Nunes 20 graci-lo-ei] gracilo-e Rodríguez; al rei] a ‘l-rei Littera
(I) Amigo, desexades marchar e ben sei o que me acontecerá: mentres morardes aló, a cantos vexa de alí vir, a todos preguntarei como vos vai na casa do rei.
(II) Non vos podería dicir canto pesar teño por marchardes, mais a cantos vir chegar de onde ides vivir co rei, a todos preguntarei como vos vai na casa do rei.
(III) Ficarei coitada de amor até que Deus vos traia ao meu carón; mais a cantos eu souber que veñen de onde está o rei, a todos preguntarei como vos vai na casa do rei.
(1) E se din “ben”, louvarei a Deus e agradecereillo ao rei.
Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C (= Tav 160:346) + 8c 8c
Encontros vocálicos: 2 mi‿ averra; 19 *lo͜a·rei
O adverbio enmentre (tamén en 262.16) procede da aglutinación da preposición en con mentre, feito que xera unha secuencia [nm] inhabitual na lingua medieval (véxase nota a 1.4). Esta variante do adverbio é de uso limitado na Idade Media, a teor dos datos subministrados polo CGPA (s.v. enmentre, en mentre ~ em mentre), aínda que aparece con relativa frecuencia en obras portuguesas do século XV, cal na Demanda do Santo Graal, na Confessio Amantis (Faccon 2012: 470), ou no Livro das Confissões (Martín Pérez 2012-2013: 43, 277, 286, 394); tamén, coas formas ememtes e memtes no Livro de Arimateia (Miranda 2016: 101, 123), ou enmentre, ẽmentres e enmentres no Sacramental (Sánchez de Vercial 2005-2013: 500, s.v. enmentre, enmentres).
A lacuna dos códices afecta á palabra rimante, pesar, case inevitabelmente imposta polo desenvolvemento da cantiga e pola ligazón estabelecida entre a partida do amigo e o pesar causado. Cfr., en Joan Airas, Ir-vos queredes, amigo, / d’aqui por me fazer pesar (1053.1-2); ou noutros trobadores: Ir-vos queredes, mia sennor, / e fic’end’eu con gran pesar (159.1-2); Ir-vos queredes, amigo, / e ei end’eu mui gran pesar (1160.1-2).