441 [= Tav 157,1]
A Deus gradesco, mia sennor

A Deus gradesco, mia sennor
fremosa, que me vos mostrou,
e, pois vejo que se nembrou
de min, enquant’eu vivo for
[n]on quer’outra sennor fillar
senon vós se vos non pesar.
[S]e tanto de vós poss’aver
que vos non pes, sempr’andarei
por voss’om’e servir-vos-ei,
ca, mentr’eu no mundo viver,
[n]on quer’outra sennor fillar
senon vós se vos non pesar.
[T]an muito vos fez Deus de ben
que, se vos prouguer, des aqui
serei voss’om’, e vós de mí
seredes sennor, e por én
[n]on quer’outra sennor fillar
senon vós, se vos non pesar,
[c]a non poss’eu desto forçar
Deus, que me vos faz muit’amar.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


A 276

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 542 [= LPGP 979]); Fernández Graña (2007: 389); Littera (2016: II, 571).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 163); Machado & Machado (1960: VII, 58); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 441).

Variantes manuscritas


2 vos] uos A   6 vos non pesar] uos non pessar A   8 vos] uos A   9 -vos-] uos A   12 vos non pesar] uos non pessar A   13 vos] uos A   14 vos] uos A   18 vos non pesar] uos non pessar A   20 vos] uos A

Variantes editoriais


2 vos] vos Michaëlis : vós Fernández Graña   6 vos] vos Michaëlis   8 vos] vos Michaëlis   9 vos] vos Michaëlis   12 vos] vos Michaëlis   13 vos] vos Michaëlis   14 vos] vos Michaëlis   18 vos] vos Michaëlis   20 vos] vos Michaëlis : vós Fernández Graña

Paráfrase


(I) Agradezo a Deus, miña fermosa señora, que me vos mostrase, e, pois vexo que se lembrou de min, en canto eu estiver vivo non quero tomar outra señora excepto a vós, se non vos pesa.

(II) Se podo ter iso de vós de modo que non vos pese, sempre serei o voso vasalo e (sempre) vos servirei, pois, mentres eu viva no mundo, non quero tomar outra señora excepto a vós, se non vos pesa.

(III) Tanto ben vos fixo Deus que, se vos prouguer, desde este momento serei o voso vasalo, e vós de min seredes señora, e por iso non quero tomar outra señora excepto a vós, se non vos pesa, (1) porque eu non podo nisto obrigar a Deus, que tanto me fai amarvos.
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C + 8c 8c (= Tav 160:394)

Notas


Texto
Buscar
    Non se atopou ningún resultado