820 [= Tav 154,3]
Amigo, vós ides dizer

Amigo, vós ides dizer
que vos non quero eu fazer ben,
pero sei-m’eu dest’ũa ren:
que dizedes vosso prazer,
ca ben é de vos sofrer eu
de dizerdes ca sodes meu.
Mais non se sabe conhocer
algun ome a que ben Deus dá,
nen ten por ben esto que á;
mais eu vos farei entender
ca ben é de vos [sofrer eu
de dizerdes ca sodes meu].
Mais, des que vos eu entender
que non venhades u eu for,
non me tenhades por senhor;
des i poderedes saber
ca ben é de vos sofrer [eu
de dizerdes ca sodes meu].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 823, V 408

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 207-208); Majorano (1979: 128-129 [= LPGP 965]); Cohen (2003: 279); Littera (2016: II, 516-517).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 153); Braga (1878: 77); Machado & Machado (1953: IV, 133).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 296); Diogo (1998: 96).

Variantes editoriais


2 vos non quero eu] vos non quer’eu Nunes : vus non quero eu Majorano   5 vos] vus Majorano   10 vos] vus Majorano   11 vos] vus Majorano   13 vos] vus Majorano   17 vos] vus Majorano

Paráfrase


(I) Amigo, vós diredes que eu non vos quero facer ben, mais eu sei unha cousa disto: que dicides con pracer, pois ben é que vos eu sufra ouvirvos dicir que sodes meu.

(II) Non se coñece home ningún a quen Deus lle dá ben nin que teña por ben isto que ten; mais eu heivos facer entender que ben é que vos eu sufra ouvirvos dicir que sodes meu.

(III) Mais, desde que entenda que non viredes onde eu estea, non me teñades por señora; desde ese momento poderedes saber que ben é que vos eu sufra ouvirvos dicir que sodes meu.

Métrica


Esquema métrico: 8a 8b 8b 8a 8C 8C (= Tav 160:391)

Encontros vocálicos: 2 quero‿eu; 8 ome‿a

Notas


Texto
  • 13

    Cohen considera que a rima -er [‘er] de entender (futuro de subxuntivo) co infinitivo saber (v. 16) é anómala por considerar erradamente que a vogal temática do futuro de subxuntivo nos verbos regulares da segunda conxugación é aberta, como acontece nos verbos irregulares (véxase tamén nota a 798.13 e 1274.5).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado