I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 183-184 [= LPGP 557-558]); Cohen (2003: 258); Fregonese (2007: 103); Littera (2016: II, 14-15).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 142-143); Braga (1878: 71); Machado & Machado (1953: IV, 89-90).
4 e] (E)e V 5 guariu] guarin B 20 sempr’end’á] senp’uda V 19-20 om. B
8 pudi] pud’i Cohen, Littera 9 mi] me Fregonese
(I) Cando se foi o meu amigo de aquí, direivos canto eu del puiden saber: pesoulle moito o ter que se separar de min; e agora, amiga, morro por saber se está morto ou se sobreviviu ao gran pesar que tivo por se afastar de min.
(II) Eu sei que lle pesou de corazón ter que se ir, mais non puiden facer outra cousa, así me perdoe Noso Señor; e morro, amiga, por saber de alguén se está morto ou se sobreviviu ao gran pesar que tivo por se afastar de min.
(III) Moi ben vexo eu o moito que lle pesou ao meu amigo o ter que se ir de aquí, e todo foi porque se separou de min; e morro, amiga, por oír se está morto ou se sobreviviu ao gran pesar que tivo por se afastar de min.
(1) E, amiga, quen sabe amar alguén, infelizmente, sempre por iso ten pesar.
Esquema métrico: 10a 10b 10a 10b 10C 10C + 10c 10c (= RM 99:19)