I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 655 [= LPGP 703]); Miranda (2004: 163); Cohen (2010b: 24); Marcenaro (2012a: 94); Littera (2016: II, 208).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 13); Cotarelo Valledor (1933: 25); Machado & Machado (1949: I, 57); Rios Milhám (2017: I, 17).
5 deostar] dẽostar Michaëlis, Cohen
(I) Eu teño tanto medo da miña señora que nunca me atrevo a lle dicir nada, e vede agora de quen sinto pavor: de quen non sabe matar nin prender, nin ofender nin con xenreira responder nin ollar [...]
Cantiga de amor (fragmento). Os versos conservados completos son decasílabos agudos.
Esquema métrico: 10a 10b 10a 10b 10b [...]
Cantiga manifestamente incompleta, como parece indicar a cruz colocciana que acompaña a súa copia no manuscrito, e que pode aludir a un problema que afectaba o exemplar que se seguía ou a unha deficiencia que se verificou no momento de realizarse a transcrición do poema.