I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 657-658 [= LPGP 674]); Littera (2016: II, 175).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 13-14); Machado & Machado (1949: I, 59-60); Rios Milhám (2017: I, 18).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 231-232); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 149); Diogo (1998: 10-11); Souto Cabo (2017: 180).
8 pois] poix B 13 eu o sei] eu a sey B 15 mal ] mal(i) B 16 vos vi] uꝯ (n) uj B 18 parti] Para B 21 -vos] uos B 24 tanto com’eu] cāto comeū B 25 vosso] nosso B 27 desej’al] descial B 28 quer] quiser B
8 pois] poix Michaëlis 16 vos] vus Michaëlis 17 vos] vus Michaëlis 19 vos] vus Michaëlis 21 -vos] vos Michaëlis 22 e faça-[o] ja, pois Deus quer] E faç’o ja, pois Deus [o] quer Michaëlis : e [o] faço já, pois Deus quer Littera 23 que ... sempre] qu(e) ... sempr(e) Michaëlis : que ... sempr' Littera
(I) Porque me facedes, miña señora, perder o desexo e o gusto por todas cantas cousas hai no mundo, agás por vós, por quen eu xa nunca máis perderei os desexos nin nunca desexarei outra cousa no mundo senón vós, señora, (II) ou a miña morte, xa que vós, señora, non me queredes outorgar o voso ben, pois non hai no mundo outra cousa pola que eu poida perder xa a coita que sufro por vós, senón por morrer, ben o sei, ou por me vós concederdes o voso ben, (III) porque me facedes moito mal desde aquel día en que vos vin; mais, señora, de nada vos vale, porque nunca eu afastei de vós o meu corazón, desde que vos amei, nin nunca xamais o afastarei vos amar, e farei mal para min propio, (IV) e fágao xa, pois así o quere Deus, porque eu sempre hei de desexar –durante tanto tempo como eu puider vivir– a miña morte e a vosa fermosura, porque nunca tanto vivirei que desexe outra cousa, nin por outra cousa perderei a miña coita, pois Deus así o quere.
Cantiga de amor, do tipo de mestría. Consta de catro estrofas singulars de sete octosílabos agudos.
Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8a 8b 8c 8c 8a (= RM 100:50)
Encontros vocálicos: 23 sempre‿ei ja‿a; 27 sa·i·rei
A pesar da grafía do manuscrito, coidamos que <poix> non representa a moderna palatalización portuguesa, senón que se trata dun erro <x>/<s> de copia, que se rexistra máis veces, especialmente no copista b do Cancioneiro da Biblioteca Nacional, mais tamén no copista do Cancioneiro da Vaticana: 484.5 fez (<ffez> B, <ffex> V), 487.30 voz (<uoz> B, <uox> V), 495.2 praz (<prax> B, <praz> V), 563.23 prez (<prex> B, <prez> V), 567.4 fez (<fez> B, <fex> V), 572.13 faz (<fax> B, <faz> V), 575.4 (diz <dix> B, <diz> V), 1031.15 (fiz <fix> B, <fiz> V), 1190.1 Fez (<Fez> B, <Fex> V), 1369.3 dez (<dez> B, <dex> V), 1556.5 rapaz (<rapax> B, <rapaz> V), 1598.24 paz (<par> B, <pax> V), 1632.23 praz (<prax> B). É diferente o caso de formas verbais como prix, pux, quix (e trax)1 , así como o do provenzalismo fix (véxase nota a 20.9), ou o de Beatrix (véxase nota 988.21). Deste xeito, este <poix> debemos polo en relación con <laix> (rúbricas a 1 e 5), <maix> (353.9 e 14) e <poix> (771.9). Finalmente, grafías do tipo <seix> ou <reyx>, entre outras, teñen tamén orixe na grafía latina (cfr. nota a 1369.3).
O erro de B explícase por falsa concordancia con coita (v. 14), xa que, no contexto, trátase da frase formularia eu o sei (véxase nota a 212.14).
O pronome min é forma tónica oblicua en función de complemento indirecto sen preposición, función que na lingua trobadoresca pode ser exercida polas formas pronominais tónicas oblicuas. Cfr., por exemplo, nen quer’eu ela consentir / quanto mal me faz (84.10).
Neste verso aparece a primeira ocorrencia da preposición en nunha crase coa voz anterior (habitualmente coita e dia), tal como se rexistra esporadicamente no corpus; en calquera caso, esta crase ten unha maior presenza no Cancioneiro da Ajuda, que nalgúns casos a presenta fronte a B, que mantén a integridade de en (87.3, 133.15, 279.r1, 306.10) ou que, alternativamente, omite a preposición (70.28, 89.19, 199.14). Véxanse tamén 28.14, 43.20, 59.3, 60.7, 83.19, 133.2, 138.7 e 9, 141.9, 154.r1 e r3, 155.7, 263.6, 267.2, 270.19, 282.8, 388.5, 390.2, 395.7, 460.4, 465.10, 804.7, 1062.10, 1080.1, 1145.23 e 1420.11. Cfr. nota a 6.4.
A lección errada de B explícase a partir do comprobado erro <a>/<ti> (e <a>/<ci>) nos apógrafos italianos: <Maram> B Martin (115.8), <marã> B Martin (115.22), <parar> B partir (627.9), <parado> BV partido (1326.21), <parar> V partir (1345.13), <conssenar> B consentir (1468.15), <ama> B cima (1489.47) etc.
Sería inédita no corpus a crase faç’o, isto é, a crase entre a vogal final -a da forma verbal faça e o clítico o. É por isto que, perante a hipometría versal, é preferíbel recuperar esta vogal en lugar de introducir un novo pronome, como Michaëlis e Littera (en diferente posición) propoñen no seu texto.
Cabería a posibilidade dunha puntuación alternativa á que presentamos, de modo que a conxunción que do v. 23 sexa completiva, a depender de quer (v. 22), embora o tempo verbal presente de aver aconsellan manter pois Deus quer como cláusula causal independente, simétrica coa do v. 28:
e faça-[o] ja, pois Deus quer
que eu sempre ei ja a desejar
(tanto com’eu viver poder)
mia mort’, e vosso semelhar.
Non se pode admitir a elisión vocálica en que, desnecesaria por canto neste verso se fan as sinalefas sempre‿ei e ja‿a (Ferreiro 2009). De todos os xeitos, en Michaëlis rexístrase a indicación da crase anómala desta conxunción con certa frecuencia: 38.9, 97.23, 295.1, 305.r2, 324.13, 356.1, 359.14. Cfr. nota a 496.8.
Nótese a necesidade de emendar a forma que remata o verso no manuscrito, tanto por razóns sintáctico-semánticas como métricas (a palabra en rima dos vv. 1 e 7 repítese en todas as estrofas).
Véxanse as formas fix, quix, prix en serie rimática nas Cantigas de Santa Maria (134.35-37).