967 [= Tav 63,8]
A mia senhor, que eu sei muit’amar

A mia senhor, que eu sei muit’amar,
punhei sempre d’o seu amor gaar
e non o ouvi; mais, a meu cuidar,
non fui eu i de sén nen sabedor
por quanto lh’eu fui amor demandar,
ca nunca vi molher máis sen amor.
E des que a vi sempre a muit’amei
e sempre lhi seu amor demandei,
e non o ouvi nen o averei;
mais, se cent’anos for seu servidor,
nunca lh’eu ja amor demandarei,
ca nunca vi molher máis sen amor.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 965, V 552

O Cancioneiro da Biblioteca Nacional inicia a copia desta cantiga no fol. 206r, columna a, co v. 1 e parte do v. 2 (punhey sempre); aí interronpe a copia no folio e continúa no v. 3 no seguinte folio con texto (209r).

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 386); Rodríguez (1980: 128 [= LPGP 375]); Littera (2016: I, 438).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 198); Braga (1878: 105); Machado & Machado (1953: IV, 338); Fernández Pousa (1959: 104).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 158); Torres (1977: 450); Correia (1978: 230).

Variantes manuscritas


2 d’o seu amor gaar] om. B; seu] sen V   3 non o] nouo V; ouvi] o muj B   10 cent’anos] tentauꝯ B : tētanꝯ V

Variantes editoriais


2 d’o ... gaar] do ... gãar Nunes : do ... gaar Littera   7 sempre a] sempr(e) a Nunes : sempr’a Rodríguez, Littera   12 máis] tan Nunes

Paráfrase


(I) A miña señora, que eu sei amar moito, sempre fixen canto puiden para obter o seu amor e non o gañei; mais, segundo eu penso, non fun sensato nin obrei con sabedoría cando lle fun solicitar o seu amor, pois nunca vin unha muller máis sen amor.
(II) E desde que a vin sempre a amei moito e sempre lle pedín o seu amor, e non o acadei nin o acadarei; mais, se durante un cento de anos fose o seu servidor, eu nunca xa lle pedirei amor, pois nunca vin unha muller máis sen amor.

Métrica


Esquema métrico: 2 x 10a 10a 10a 10b 10a 10B (= Tav 13:17)

Encontros vocálicos: 7 sempre‿a

Notas


Texto
  • 1-2

    Como noutras cantigas, repárese na concordancia ad sensum do incipit, con omisión da preposición de: (D)a mia senhor, que eu sei muit’amar, / punhei sempre d’o seu amor gaar / e non o ouvi...

  • 12

    A variación no refrán introducida por Nunes (ca nunca vi molher tan sen amor) ten de ser un lapso.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado