1006 [= RM 146,1]
Ai madr’, o meu amigo morr’assi

Ai madr’, o meu amigo morr’assi
come quen morre de coitas que á
grandes d’amor, e non queredes ja
que o veja, e el morr’, eu o sei,
por mí d’amor; mais eu morta serei,
pois el morrer por mí, por el logo i.
E amores tantas coitas lhi dan
por mí, madre, que non pode guarir,
pero sei eu que guarra se me vir,
e jaz morrend’assi por mí d’amor;
mais eu morrerei, madr’e mia senhor,
pois el morrer por mí, por el de pran.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


V 591

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 301-302 [= LPGP 907]); Cohen (2003: 344); Littera (2016: II, 460-461); Fassanelli (2024: 51-52).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 211); Braga (1878: 113); Machado & Machado (1960: VII, 79).

Variantes manuscritas


2 quen] queu V   4 que uꝯ ueia / e el morreu e sey V

Variantes editoriais


4 que o veja] que me veja Cohen, LitteraFassanelli   6 logo i] logu’i NunesFassanelli : log’i Cohen

Paráfrase


(I) Ai madre, o meu amigo morre como quen morre das grandes coitas de amor que ten, e non queredes que o vexa e el morre, seino eu, de amor por min; mais eu morrerei decontado após el morrer por min.

(II) E a coita de amor tanto sufrimento lle produce por min, madre, que non pode sobrevivir, mais eu sei que se salvará se me ve, e está morrendo así de amor por min; mais eu certamente morrerei, madre e señora miña, após el morrer por min.

Métrica


Esquema métrico: 2 x 10a 10b 10b 10c 10c 10a (= RM 189:12)

Encontros vocálicos: 6 logoi

Notas


Texto
  • 4

    O texto que propomos baséase na frecuencia do erro <ꝯ>/<o> tanto en B –moi frecuente– como en V. Eis algúns casos de confusión no Cancioneiro da Vaticana: amigo <amigꝯ> BV (579.1); amigo <a migo> B, <amigꝯ> V (860.2); e no <eno> B, <enꝯ> V (881.9); cervo <ceruo> B, <ceruꝯ> V (1207.13).
    Deste xeito, a coherencia semántica da cantiga fica asegurada, pois a amiga fala de ver o amigo para que non morra de amor. Neste sentido, a emenda de Cohen e de Littera tamén sería posíbel, mais non achamos a confusión *<ꝯ>/<me> nos apógrafos italianos.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado