1308 [= Tav 67,3]
Atender quer’eu mandado que m’enviou meu amigo

Atender quer’eu mandado que m’enviou meu amigo,
que verra en romaria a Far’e veer-s’-á migo,
e por én tenh’eu que venha;
como quer que outren tenha,
non tem’eu del que non venha.
Atende-lo quer’eu, madre, pois m’enviou seu mandado,
ca mi diss’o mandadeiro que é por mí mui coitado,
e por én tenh’eu [que venha;
como quer que outren tenha,
non tem’eu del que non venha].
Atende-lo quer’eu, madre, pois m’el mandad[o] envia,
que se verria veer migo en Far’, en Santa Maria,
e por én tenh’eu [que venha;
como quer que outren tenha,
non tem’eu] del [que non venha].
Que el log’a mí non venha non tenh’eu per ren que seja,
nen que muito viver possa en logar u me non veja,
e por én tenh’eu [que venha;
como quer que outren tenha,
non tem’eu] del que non venha.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 1292, V 897

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 449-450 [= LPGP 433-434]); Cohen (2003: 526); Littera (2016: I, 502-503).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 305); Braga (1878: 167-168); Machado & Machado (1958: VI, 14-15); García (2001: 55); Montero Santalha (2004); Vázquez García (2016: 167-168).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 311-312); Álvarez Blázquez (1975: 148).

Variantes manuscritas


1 quer’eu] q̅rēu B   2 verra] ueira B   6 pois] poy V   12 verria] ueiria B   17 logar] log̃r V

Variantes editoriais


En Nunes os versos do corpo da estrofa divídense en heptasílabos.

11 m’el mandad[o] envia] m’el<e> mandad’envia Cohen : m’el [seu] mandad’envia Littera

Paráfrase


(I) Quero esperar as novas que me enviou o meu amigo, que virá en romaría a Faro e que se verá comigo, e por iso teño para min que virá; aínda que teña outra, non temo que non veña. 

(II) Quero esperalo, madre, porque me enviou del noticias, porque o recadeiro me dixo que está por min moi coitado, e por iso teño para min que virá; aínda que teña outra, non temo que non veña. 

(III) Eu quero esperalo, madre, xa que el me envía un aviso de que viría verse comigo no Faro, en Santa María, e por iso teño para min que virá; aínda que teña outra, non temo que non veña.

(IV) De forma ningunha eu penso que el non veña axiña onda min,, nin que poida vivir moito en lugar onde non me vexa, e por iso teño para min que virá; aínda que teña outra, non temo que non veña. 

Métrica


Esquema métrico: 4 x 15’a 15’a 7’B 7’B 7’B (= Tav 42:1)

Encontros vocálicos: 1 en·vi·ou; 6 en·vi·ou; 12 migo‿en

Notas


Texto
  • 2

    Faro refírese á ermida de Santa María do Faro, en Chantada (véxase tamén o v. 10).

  • 11

    É o paralelismo rítmico deste verso cos seus correspondentes o que aconsella a reintegración da vogal final de mandado (ou [seu] mandad’envia, de Littera) antes do que a forma pronominal el[e] (Cohen).

  • 16

    A unidade fraseolóxica per ren que seja ‘de ningunha maneira’ só aparece en Pero de Veer (1134.5), Joan Servando (1153.10) e Joan de Requeixo (tamén en 1307.r1). Fóra da lírica profana non conseguimos localizar tal expresión.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado