1018 [= RM 63,48]
O meu amigo, que xi m’assanhou

O meu amigo, que xi m’assanhou
e que non quer ja comigo falar,
se cuidou el que o foss’eu rogar;
se lh’eu souber que o assi cuidou,
farei que en tal coita o tenha
por mí Amor que rogar me venha.
E, pois que o meu amigo souber
que lh’esto farei, non atenderá
que o eu rogue, mais logo verra
el rogar a mí, e, se end’al fezer,
farei que en tal [coita o tenha
por mí Amor que rogar me venha].
Nen avera meu amigo poder
de nulha sanha filhar contra mí,
mais que eu non quiser que seja assi,
ca, se d’outra guisa quiser fazer,
farei que en tal coita [o tenha
por mí Amor que rogar me venha].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 1014, V 604

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 264-265); Rodríguez (1980: 173 [= LPGP 394]); Cohen (2003: 547); Littera (2016: I, 446).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 215-216); Braga (1878: 116); Machado & Machado (1956: V, 7); Fernández Pousa (1959: 237).

Variantes manuscritas


5 farei] earey V   8 atenderá] attendera B   9 verra] ueira B   10 fezer] fez V   11 farei] earey V   14 contra] cout̃ B   15 eu non] eu (que) nõ B

Variantes editoriais


6 Amor] amor Littera   10 rogar a mí] rogar |a| mi Cohen   12 Amor] amor Littera   15 seja assi] sej’assi Nunes   18 Amor] amor Littera

Paráfrase


(I) O meu amigo, que se enfadou comigo e que xa non quere falar, pensou el que eu lle iría rogar; se eu souber que tal pensou, farei que Amor o teña en tal coita por min que rogar me veña (el a min).

(II) E, despois de que o meu amigo souber que eu farei isto, non agardará que eu lle rogue, senón que axiña virá el rogarme a min, e, se fixer outra cousa, farei que Amor o teña en tal coita por min que rogar me veña (el a min).

(III) Nin terá o meu amigo poder de coller contra min saña ningunha, agás que eu non queira que sexa así, porque, se doutro xeito (el) quixer facer, farei que Amor o teña en tal coita por min que rogar me veña (el a min).

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 9’C 9’C (= RM 160:263)

Encontros vocálicos: 10 mí,e; 15 sejaassi

Notas


Texto
  • 3

    A próclise do pronome se semella forzada polo afastamento do suxeito, que atrae o clítico para unha posición preverbal: «O meu amigo, ...., se cuidou el que o foss’eu rogar».

  • 10

    Cohen propón a expunción de a por non considerar a sinalefa e (véxase a mesma sinalefa en 3.20 e 1273.20).

  • 15

    Nótese a presenza espuria de que en B, que sen dúbida se debe a un lapso de copia, que engade un elemento adventicio que se rexistra en máis pasaxes en que un dos testemuños achega a lección correcta: B vs. A (244.2, 310.13), B vs. V (689.3, 1654.14).

  • 16

    Neste verso semella existir unha propositada ambigüidade no relativo ao suxeito de quiser, pois o contexto permite considerar tanto el como eu.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado