1146 [= Tav 77,15]
Ir-se quer o meu amigo

Ir-se quer o meu amigo,
non me sei eu del vingar;
e pero mal está migo,
se me lh’eu ant’assanhar,
quando m’el sanhuda vir,
non s’ousará d’aquend’ir.
Ir-se quer el d’aqui cedo
por mi non fazer companha;
mais, pero que non á medo
de lhi mal fazer mia sanha,
quando m’el sa[nhuda vir,
non s’ousará d’aquend’ir].
Foi el fazer noutro dia
oraçon a San Servando
por s’ir ja d’aqui sa via;
mais, se m’eu for assanhando,
quando m’el sanhuda [vir,
non s’ousará d’aquend’ir].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 1143, V 735

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 334 [= LPGP 505]); Cohen (2003: 370); Littera (2016: I, 583).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 257); Braga (1878: 140); Machado & Machado (1956: V, 214-215); Camargo et alii (1990: 29); Burgazzi (2015: 32).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975: 97).

Variantes manuscritas


4 assanhar] assanar B   6 s’ousará] susara B   7 d’aqui] daq̄ B   14 oraçon] orazon V

Variantes editoriais


3 e pero] e, pero Littera

Paráfrase


(I) Quérese ir o meu amigo, e non me sei vingar del; aínda que está a mal comigo, se me eu asaño con el, cando el me vexa irada non ousará irse de aquí.
(II) Quérese ir axiña para non me facer compañía, mais, aínda que non ten medo da miña ira, cando el me vexa irada non ousará irse de aquí
(III) Foi rezar o outro día a San Servando para se ir xa de aquí; mais, se me eu vou asañando, cando el me vexa irada non ousará irse de aquí.

 

Métrica


Esquema métrico: 7’a 7b 7’a 7b 7C 7C (I [= Tav 99:62]) + 7’a 7’b 7’a 7’b 7C 7C (II-III [= Tav 99:67])

Notas


Texto
  • 3

    Fronte á posibilidade de e, pero, con independencia sintáctica das dúas conxuncións, optamos pola locución conxuntiva de valor concesivo e pero ‘aínda que’, de uso regular ao longo de corpus –cómpre sinalar, non obstante, que en bastantes ocasións é posíbel optar por unha ou outra lectura, tal como Littera decidiu nesta pasaxe.

  • 14

    Talvez San Servando se refira á ermida de San Servando, no lugar de Pazos da parroquia de Barxés, no concello ourensán de Muíños.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado