I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 330-331 [= LPGP 542-543]); Correia (2001: 315), Littera (2016: I, 600).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 115); Carter (2007 [1941]: 99); Marques Braga (1945: 310-311); Machado & Machado (1950: II, 61-62); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 273).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 70-71); Torres (1977: 175); Alvar & Beltrán (1989: 303); Mongelli & Maleval & Vieira (1995: 155); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 117); Fidalgo (2009a: 66).
1 guisas] gireyfas B 3 vos] uus A 6 se vos alguen mal quer] se uos alguen ben quer A 7 vos] uus A 9 e Deus] a d’s B 11 o mundo] co mūdo B 15 A] E B; mui gran] {muy gwm} A : pᵉ en B 18 me] mj B 22 faço] fazo A 23 que] ꝙʷ B
3 vos] vus Michaëlis 4 vos] vus Michaëlis 6 vos] vus Michaëlis 7 vos] vus Michaëlis 8 vos] vus Michaëlis 9 vos] vus Michaëlis 11 mal o] mailo Littera; por quant’] porquant’ Correia 13 vos] vus Michaëlis 14 vos] vus Michaëlis 15 mui gran] por én Correia 20 vos] vus Michaëlis 21 vos] vus Michaëlis 23 vos] vus Michaëlis
(I) Nunca vin coitas tan diversas como me facedes sufrir, señora, e non vos queredes apiadar de min, e, sequera por Deus, tende piedade de min, porque, señora, morro, e vede o que me acontece: se vos alguén quere mal, quérolle eu mal, e quero mal a cantos vos queren ben.
(II) E aos meus ollos, con que vos eu vin, quérolles mal, e a Deus, que me vos fixo ver, e á morte, que me deixa vivir, e (quero) mal ao mundo por ter nacido nel, porque, señora, morro, e vede o que me acontece: se vos alguén quere mal, quérolle eu mal, e quero mal a cantos vos queren ben.
(III) A miña sorte quero eu moi mal, e quero mal ao meu corazón, e todo isto, señora, coitas son; e quero mal a Deus xa que non me socorre, porque, señora, morro, e vede o que me acontece: se vos alguén quere mal, quérolle eu mal, e quero mal a cantos vos queren ben.
(1) E acho que obro con xustiza e con siso querendo mal a quen vos quere mal e ben.
Esquema métrico: 10a 10b 10b 10a 10C 10D 10C (I, II [= RM 173:1]) + 10a 10b 10b 10a 10C 10A 10C (III [= RM 156:4]) + 10c 10c
Encontros vocálicos: 5 mi‿aven; 12 mi‿aven; 19 mi‿aven
A lección de A (se vos alguen ben quer, quero-ll’eu mal, / e quero mal quantos vos queren ben) constitúe unha repetición sen sentido, co erro ben por mal, en face de B que achega o texto correcto: ‘quero mal aos que vos queren ben, e tamén aos que a queren mal’, tal e como sintetiza despois a fiinda no derradeiro verso da cantiga: ... querer mal quen vos quer mal e ben.
Enténdase: ‘e (quero) mal o mundo por quant’i naci’.
Contra os seus hábitos editoriais, Correia optou pola lección de B neste verso, deconsiderando a corrección marxinal do Cancioneiro da Ajuda.
Obsérvese a aparición da grafía <z> en formas que regularmente presentan <c, ç> e que deben ser postas en relación con outras confusión gráficas que atinxen ao ámbito das sibilantes no Cancioneiro da Ajuda: en varias ocasións rexístrase <fazo> e <faza> faço e faça, ás veces en formas contractas (69.7 e 10, 117.17, 136.10, 189.24, 203.27, 273.22, 278.15, 403.2, 433.2), <ouzo> ouço (85.26) e <nazer> nacer (260.2). Véxanse tamén notas a 66.21, 80.10, 88.15 e 89.2.