I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 95-96 [= LPGP 214-215]); Nunes (1973 [1928]: 48-49); Cohen (2003: 634); Littera (2016: I, 238-239).
II. Outras edicións: Moura (1847: 185-186); Monaci (1875: 78-79); Braga (1878: 40); Machado & Machado (1952: III, 233-234); Júdice (1997: 52); Montero Santalha (2004).
2 aqui chegou] aqui (q) chegou B 5 faria] fīa BV; end’] and B 9 lh’estranhei] lestranhei B 10 vio] ueio BV 13 gran] g̃ra B 16 rogou] rogu V
10 vio] viu Lang, Nunes, Cohen, Littera 15 lh’] lhi Lang, Nunes
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10a 10b 10C 10C + 10c 10c (= Tav 99:6)
Encontros vocálicos: 7 -lo-‿ei; 10 vi͜o
Nótese a presenza do provenzalismo greu, que coa forma xeral grave concorre na lingua trobadoresca, sempre en posición de rima.
Nunes propón unha edición para este período que supón unha diferente interpretación, pois isola sintacticamente unha cláusula pero me foi greu (e pero lh’estranhei), feito que dificulta a semántica:
e dizede-lhi, pero me foi greu,
o que m’el já muitas vezes rogou:
que lhi faria end’eu o prazer,
mais tolhe-m’ende mia madr’o poder.
Nesta estrofa Nunes volve isolar coa puntuación pero lh’estranhei no v. 9, en paralelo á proposta editorial para os vv. 3-4:
e dizede-lhi, pero lh’estranhei,
o que m’el rogou cada que me viu:
que lhi faria end’eu o prazer,
[mais tolhe-m’ende mia madr’o poder].
A rima obriga á emenda vio sobre a lección errada de BV, neste caso coa desinencia gráfica -io da P3 de pretérito de terceira conxugación. A representación gráfica da desinencia da P3 de pretérito indicativo dos verbos da terceira conxugación oscila entre a esmagadoramente maioritaria -iu e a esporádica -io, mostra dunha vacilación inicial que aínda se conserva nalgúns territorios galegos. Cfr. nota a 302.14. De calquera xeito, ambas as representacións implican unha mesma realidade fonolóxica e métrica, como mostran os casos de rimas entre -io e -iu (véxase, por exemplo, 614.1-8), ou aqueloutras situacións en que se produce variación desta desinencia en estruturas paralelísticas (véxase 583.8) ou no refrán (véxanse 592.r1, 1336.r, 1361.r2-r3).