I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 741-742 [= LPGP 523-524]); Lopes (2002: 40); Littera (2016: I, 628).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 38); Machado & Machado (1949: I, 147-148); Vieira & Morán Cabanas & Souto Cabo (2015: 76); Rios Milhám (2017: I, 79); Arbor Aldea & Santiago Gómez (2019: 64).
III. Antoloxías: Pellegrini (1928: 16); Piccolo (1951: 15-16); Nunes (1959: 226); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 114); Diogo (1998: 37-38); Arias Freixedo (2003: 226-227); Souto Cabo (2017: 146).
1 donzela] douz ela B 6 olhos] olhes B 7 ren] irē B 9 viver] vin’ B 15 son] sē B
1 quig’eu] quis eu Lopes 9 enquanto] enquant(o) Michaëlis 11 vos] vus Michaëlis 12 semelha] semelh(a) Michaëlis 14 muito] muit(o) Michaëlis
(I) Unha doncela amei eu moito, meus amigos, así Deus me perdoe, e agora xa este meu corazón anda perdido e louco por unha dona, así Deus me valla, que despois viron estes ollos meus, que se me lle asemella (á doncela) moito máis que ningunha outra cousa.
(II) Porque a doncela nunca máis verei, meus amigos, mentres eu viva, por iso quero eu moito amar esta dona de que vos falei, que me semella a doncela que vin, e a dona servirei desde agora pola doncela que eu moito amei.
(III) Porque da dona sei eu, meus amigos, así vexa pracer, que no seu parecer semella moito a doncela, e por iso me prace servila, aínda que é para o meu mal: servireina, e non servirei outra, pola doncela que foi a miña señora.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a (= RM 161:54)
Encontros vocálicos: 7 mi-‿a; 9 enquanto‿eu; 12 semelha‿a; 14 muito‿amei
Nótese a emenda lusitanizante de Lopes na forma verbal (véxase nota a 179.13).
Neste verso achamos o único caso de aparente ausencia de asimilación no encontro da preposición por co artigo, onde dificilmente debemos considerar un erro <r>/<l>, poucas veces rexistrado en B (véxanse 356.10 e 1503.8), fronte ao frecuente <l>/<r>. Tal «representación» gráfica da canónica asimilación debe ser posta en relación con outras grafías arcaizantes do mesmo encontro: porl’amor de Deus (163.19); Esta tenn’eu porla maior / coita do mundo (263.15).