356 [= RM 44,8]
Pois ouvi o mal que eu sofro, punnei

Pois ouvi o mal que eu sofro, punnei
de o negar, assi Deus me perdon,
e queren devinnar meu coraçon,
e non poden; mai-lo mal que eu ei,
pois que eu punno sempre en o negar,
maldito seja quen mi-o devinnar!
E non pode per mí saber meu mal
sen devinna-lo, nen ei én pavor
nen ja per outr’enqua[n]t’eu vivo for,
o que eu cuid’, e digo que cuid’al:
pois que eu punno sempre e[n o] n[egar,
maldito seja quen mi-o devinnar!]
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


A 220, B 387

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 424 [= LPGP 306]); Littera (2016: I, 333-334); Bruno (2022: 102-103).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 141-142); Carter (2007 [1941]: 128-129); Machado & Machado (1950: II, 173-174); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 356).

Variantes manuscritas


1 Pois ouiuo mal que eu soffro A : Poys ouuem o mal que eu sofro B   2 me] mi B   3 devinnar] de uinar A; coraçon] coracom B   5 pois] ois A; punno sempre en o] puuho sēpre no B   6 maldito] maidito   8 devinna-lo] deumha lo B; én] om. B   9 nen ia per outren quateu uiuo for A : nē ia pᵉ. out’m ment’u uino for B; enqua[n]t’eu] enquateu A : ment’u B   10 cuid’, e] om. B; cuid’al] cuydar B

Variantes editoriais


1 ouvi o mal que eu sofro] o vivo mal qu(e) eu soffro Michaëlis : houve-m’o mal que sofro Littera   5 sempre en] sempr(e) en Michaëlis : sempr’en Littera   7 pode] pode[m] Littera   9 per outr’enqua[n]t’eu vivo for] per outren, mentr’eu vivo for Bruno   11 sempre en] sempr(e) en Michaëlis : sempr’en Littera

Paráfrase


(I) Desde que padecín o mal que sufro, esforceime en ocultalo, así Deus me perdoe, e queren adiviñar os meus sentimentos, e non poden; mais o mal que eu teño, xa que me esforzo sempre en ocultalo, maldito sexa quen mo adiviñe!

(II) E non poden saber por min o meu mal se non o adiviñaren, nin teño medo diso nin xa por ningún outro (o poden adiviñar) mentres eu viva –iso penso eu–, e digo que penso noutra cousa: xa que me esforzo sempre en ocultalo, maldito sexa quen mo adiviñe!

Métrica


Esquema métrico: 2 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:59)

Encontros vocálicos: 1 ouvio; 5 sempreen; 6 mi-‿o; 11 sempree; 12 mi-‿o

Notas


Texto
  • 1

    Este verso levanta un problema de edición por canto as leccións dos manuscritos permiten varias lecturas con diverso grao de plausibilidade (tendo en conta a confusión <ui>/<iu>, <iu>/<ui> etc. cando a vogal non está determinada por un punto diacrítico), tal como se reflicten nas diversas edicións: o vivo mal (Michaëlis), ouvi o mal (a partir de A); ouven o mal ou, mesmo, ouve-m’o mal (en Littera, a partir de B, con hipermetría versal). Dado que as formas do tipo ouvi, P1 do presente de indicativo de aver, están presentes en A, aínda que minoritarias en relación a ouve (véxase, por exemplo, 184.4, 313.9, 347.3, 417.13), e xa que existe a posibilidade de sinalefa ouvi‿o, similar a outras como dixi‿o (278.5) ou pudi‿o (526.18), que evitaría a expunción de que (pola dificultade da sinalefa *que‿eu), parece preferíbel a lección que estabelecemos: ‘Porque experimentei o mal que sufro… tentei ocultalo...’1 . Así pois, esta solución editorial cumpre con todos os principios ecdóticos: fidelidade á lección dos manuscritos (nótese a refacción de B), métrica perfecta e coherencia sintáctico-conceptual.

  • 3

    A presenza das formas correctas nos vv. 6 (<deuĩnar>) e 8 (<deuĩna>) suxiren que non estamos perante un castelanismo, senón perante un erro de copia <i> por <ĩ> ou unha omisión de <n>. Véxase nota a 90.14.

  • 7

    É desnecesaria a forma plural de pode (poden, Littera), pois pode refírse perfectamente a quen mi-o devinnar (v. 6).

  • 9

    Nótese a variante redaccional outr'enquanto (A) vs. outren mentre (B), cunha diverxencia adverbial que non volvemos achar nos cancioneiros.

  1. ^

    Con pois como inicio do incipit, tal como acontece en numerosas cantigas: 6, 18, 23, 148, 149, 151, 169, 173, 249, 251, 296, 325, 412, 416 etc.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado