249 [= RM 148,17]
Pois que eu ora morto for

Pois que eu ora morto for,
sei ben ca dira mia sennor:
«Eu sõo Guiomar Afonso».
Pois souber mui ben ca morri
por ela, sei ca dira assi:
«Eu sõo Guiomar Afonso».
Pois que eu morrer, fillará
enton o soqueix’e dira:
«Eu sõo Guiomar Afonso».
 
 
 
 
5
 
 
 
 

Manuscritos


A 143, B 264

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 287 [= LPGP 927]); Lopes (2002: 452); Lorenzo Gradín & Marcenaro (2010: 203); Littera (2016: II, 489-490).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 111-112); Carter (2007 [1941]: 86-87); Marques Braga (1945: 271); Machado & Machado (1950: II, 42-43); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 249).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 55); Torres (1977: 405); Correia (1978: 184); Jensen (1992: 364).

Variantes manuscritas


1 que] om. A   3 sõo] soo B   4 morri] moiri B   5 ca] q̄ B   6 sõo] soo B   7 Pois que ... morrer] E pois ... moirer B   8 soqueix’e] soq̄ixo e B   9 sõo] soo B

Variantes editoriais


1 que] qu’ Lopes   5 ca] que Lopes, Littera; assi] (a)ssi Michaëlis   7 que] qu’ Lopes   8 soqueix’] seu queix’ Michaëlis, Lopes

Paráfrase


(I) Logo que eu estiver morto, sei ben que dirá a miña señora: «Eu son Guiomar Afonso».

(II) Despois que souber ben que morrín por ela, sei que dirá así: «Eu son Guiomar Afonso».

(III) Após eu morrer, collerá entón o queixelo e dirá: «Eu son Guiomar Afonso».

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8a 8’B (cfr. RM 26:105)

Encontros vocálicos: 3 Gui·o·mar; 5 diraassi; 6 Gui·o·mar; 9 Gui·o·mar

Notas


Texto
  • 1

    A crase qu’eu realizada por Lopes (tamén no v. 7) vai contra a norma da integridade do pronome e conxunción que, ao tempo que, ademais, provoca neste caso a hipometría versal.

    Sobre a variación ca ~ que véxase nota a 66.6.

  • 3

    Guiomar Afonso Gata (tamén en 248.5), irmá de Lopo Afonso Gato, personaxe que aparece na xesta de maldizer de Afonso Lopez de Baian (UC 1489), aparece referida nos Livros de Linhagens:

    Este pero paaez curuo foy casado cõ dona guyomar afonso gata filha de dõ afonso perez gato (Brocardo 2005: 88).

  • 5

    Os datos subministrados polos cancioneiros revelan que as conxuncións que e ca son intercambiábeis tanto en función causal como completiva. En liñas xerais, existe certa preferencia por ca en A (fronte a BV): 66.6, 84.6 e 15, 92.27, 94.20, 142.28, 166.23, 167.18, 170.10 e 27, 177.14, 178.24, 179.19 e 26, 249.5, 276.r2, 317.16, 320.8, 355.3, 430.13, 812.3, 980.8, 981.19 e 26, 984.6, 995.7. Mais tamén encontramos a preferencia inversa (que A, ca B): 68.19, 84.6, 94.20, 221.9. E, finalmente, aínda entre os propios apógrafos italianos se encontra tal variación: ca B vs. que V (725.22 e 1102.5) e mais nas cantigas 655.14 e 984.r2 en que a primeira versión presenta ca face á segunda con que1 .

  • 7

    Neste verso existe unha corrección marxinal de lectura dubidosa que afecta a fillara (<filh...> ou <fill...>), importante para confirmar a aparición do dígrafo <lh> no Cancioneiro da Ajuda (Rodríguez Guerra 2013).

  • 8

    Michaëlis e Lopes optaron pola emenda da lección unánime de AB; mais o feito de que soqueixo se ateste tamén en 1266.16, aínda que nun contexto e cun significado diferentes, indica que a lección dos manuscritos debe ser correcta. Canto ao significado, embora nos dicionarios portugueses apareza definido como «[l]igadura por baixo do queixo» e mais «[l]enço ou pano que se ata por baixo do queixo» (Figueiredo 1978: s.v. soqueixo), parece mellor o significado de ‘queixo, parte baixa do queixo, ou ‘mandíbula’, tal como Michaëlis recolle no seu Glossário (1922: s.v. soqueixo).

  1. ^

    Resultan tamén significativas algunhas correccións e/ou vacilacións, como as de 530.4 (<(qu) ca> B) e 1450.17 (<ca que> B, <ca > V), así como o erro de copia de A en 414.r1 (<que / ca> A, <> B, <que> V).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado