710 [= Tav 72,12]
Oi ora dizer que ven

Oi ora dizer que ven
meu amigo, de que eu ei
mui gran queixum’e averei,
se m’el mentir, por ũa ren:
como pôd’aquesto fazer,
poder sen mí tanto morar
u mi non podesse falar?
Non cuidei que tan gran sazon
el podesse per ren guarir
sen mí e, pois que o eu vir,
se mi non disser log’enton
como pôd’aquesto fazer,
poder sen mí tanto mo[rar
u mi non podesse falar],
perder-m’-á: se o non souber
(que terra foi a que achou
u el sen min tanto morou),
se mi verdade non disser,
como pôd’aquesto fazer,
poder sen mí tanto morar
[u mi non podesse falar?]
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


B 695, V 296

A marca colocciana de refrán só comprende os vv. 6-7.

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 116-117 [= LPGP 474-475]); Cohen (2003: 180); Littera (2016: I, 554-555).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 120); Braga (1878: 57); Machado & Machado (1952: III, 372).
III. Antoloxías: Nunes (1932: 31); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 108).

Variantes manuscritas


4 ũa] hunha B : nulha V   15 Perder] Peder V   16 terra] teira B

Variantes editoriais


5 pôd’] pod’ Littera   12 pôd’] pod’ Littera   17 min] mi Cohen   19 pôd’] pod’ Littera   

Paráfrase


(I) Oín agora dicir que vén o meu amigo, de quen teño e terei unha gran queixa, se el me mentir, por unha cousa: como puido facer isto, poder vivir tanto tempo sen min onde non me puidese falar?

(II) Non pensei que, por nada do mundo, el puidese vivir tanto tempo sen min, e cando o vir, se me non dixer logo como puido facer isto, poder vivir tanto tempo sen min onde non me puidese falar, (III) romperei con el: se eu non o souber (que terra foi a que encontrou onde el sen min tanto morou), se non me di a verdade..., como puido facer isto, poder vivir tanto tempo sen min onde non me puidese falar?

Métrica


Esquema métrico: 8a 8b 8b 8a 8C 8D 8D (= Tav 176:3)

Notas


Texto
  • *

    A liña discursiva da cantiga condiciona a puntuación que presentamos, diverxente da simétrica de Nunes, acollendo a ligazón interestrófica que se manifesta en Cohen, que une as estrofas II-III para solucionar o problema interpretativo.

    En coherencia co desenvolvemento da composición, consideramos unha diferente modulación do refrán, que se presenta interrogativo nas estrofas inicial e final, e simplemente enunciativo na estrofa II, en liña cunha variación entoativo-moduladora que se percibe nas diferentes estrofas. 

Buscar
    Non se atopou ningún resultado