1175 [= RM 145,8]
Rogo-te, ai Amor, que queiras migo morar

Rogo-te, ai Amor, que queiras migo morar
tod’es[te] tempo enquanto vai andar
a Granada meu amigo.
Rogo-te, ai Amor, que queiras migo seer
tod’este tempo enquanto vai viver
a Granada meu amigo.
Tod’este tempo enquanto vai andar,
lidar con mouros e muitos matar,
a Granada meu amigo.
Tod’este tempo enquanto vai viver,
lidar con mouros [e] muitos prender,
a Granada [meu amigo].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 1162, V 765

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 355); Macchi (1966: 23 [= LPGP 906]); Cohen (2003: 397); Littera (2016: II, 464).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 264-265); Braga (1878: 144); Machado & Machado (1956: V, 254-255).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: II, 129); Seoane (1941: 124); Fernández Pousa (1951: 21); Nunes (1959: 375); Martín Gaite & Ruíz Tarazona (1972: 97-99); Landeira Yrago (1975: 184); Torres (1977: 150); Jensen (1992: 352); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 229).

Variantes manuscritas


2 enquanto vai andar] en qua mo uay amdar V   3 amigo] (ag) amigo B   4 ai] ey B; que] quē V   5 enquanto vai viver]  ēq̄nto vay (morar) uiuer B : en qn̄to uay uiuer V   6 A granada (meu amigo) / Meu amigo B   7 enquanto] enqn̄to V; andar] morar BV   8 con mouros] com ourꝯ B : con ourꝯ V; muitos] muyto B : muytus V   10 tempo] tēpoui B : tenpom V   11 con mouros [e] muitos prender] como (o)urꝯ p’mder B : cōmo ourꝯ misioo V; prender] p’mder B : p̃nder V

Variantes editoriais


8 con mouros e muitos matar] co[n] mourus e muytus matar Macchi   11 mouros [e] muitos prender] mourus e muytos prender Macchi

Paráfrase


(I) Rógoche, ai Amor, que queiras vivir comigo todo este tempo, en canto vai andar en Granada o meu amigo.

(II) Rógoche, ai Amor, que queiras comigo estar todo este tempo, en canto vai vivir en Granada o meu amigo.

(III) Todo este tempo, en canto vai andar –para lidar con mouros e matar moitos– en Granada o meu amigo.

(IV) Todo este tempo, en canto vai vivir –para lidar con mouros e prender moitos– en Granada o meu amigo.

Métrica


Esquema métrico: 12a 10a 7’B (I-II [= RM 26:46]) + 10a 10a 7’B (III-IV [= RM 26:64).

Encontros vocálicos: 1 -te,‿ai; 2 tempo‿enquanto; 4 te,‿ai; 5 tempo‿enquanto; 7 tempo‿enquanto; 10 tempo‿enquanto

Notas


Texto
  • *

    Como acontece por veces no conxunto das cantigas de amigo, naquelas composicións que presentan unha factura máis arcaizante e/ou tradicionalizante pode existir vacilación métrica entre estrofas (cfr. estrofas I-II vs. III-IV). Véxanse, por exemplo, as cantigas 585 (Don Denis), 656 (Nuno Fernandez Torneol) ou 1207 (Pero Meogo).

    Por outra banda, a cantiga conta cunha directa resposta no texto UC 1176, do mesmo autor (Roi Martiinz do Casal).

  • 2

    Debe recuperarse a sílaba omitida no processo de copia debido a un erro por haplografía, atendendo á repetición do verso que marca o leixa-pren.

  • 3

    A voz Granada, reiterada no refrán mostra a conservación de -n- intervocálico (cfr. Graada nas cantigas de escarnio 492.15, 1465.11, 1610.13), sen dúbida como elemento estilístico –de teor arcaizante– propio do xénero (véxase Ferreiro 2008b), aínda que pode de forma esporádica aparecer tamén noutro tipo de composicións (véxase 429.r8 e 473.4): avelana, irmanalouçana, manhana, venia etc.

  • 7

    A substitución de <morar> por viver está indicada non só pola rima mais, de novo, pola necesaria repetición do verso por mor do leixa-pren (cfr. v. 10).

  • 8

    É bastante frecuente no Cancioneiro da Vaticana a presenza da terminación -us en voces en que é xeral a terminación -os (<muytus>); na realidade, esta grafía aparece case exclusivamente en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.

  • 11

    O paralelismo co v. 8 implica que debe recuperarse a copulativa, restaurando así a simetría e mais a métrica do verso.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado